23/2/10

Xoves de humor


O Concello de Lugo, en colaboración co Igaem, achega á cidade o ciclo Teatro Galego en Lugo. O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá a montaxe de catro pezas galegas os días 25 de febreiro e o 4, 11 e 18 de marzo as 20.30.

A primeira das obras en chegar á cidade será E ti de quen ves sendo? de Talía Teatro O espectáculo plantexa que pasaría se, de súpeto, alguén que é unha copia exacta de ti mesmo ocupase o teu lugar na vida.
A seguinte das obras chega da man de Ónfalo Teatro que representarán Neuras, unha comedia sobre as neuras da sociedade contemporánea e urbana.
Fulano, Mengano e Citano presentan o 11 de marzo Nunca menos, un percorrido en clave de humor a través da historia de Galicia.

Porá fin a este ciclo Lagarta Lagarta coa obra O segredo dos Hoffman. A historia conta como os catro membros dunha familia rota por un segredo oculto se xuntan de novo con motivo do falecemento da avoa.

As entradas poderán mercarse na taquilla do Auditorio Municipal Gustavo Freire os días das funcións unha hora antes dos espectáculos. O importe das entradas variará segundo a zona: zona A 10 euros, zona B 7 euros e zona C 5 euros.

22/2/10

Seguimos co club de lectura



Empezamos coa lectura do segundo libro: "Cando petan na porta pola noite" de Xabier P. Campo. Se non puidestes vir a reunión que tivemos no recreo pasade pola biblioteca a recoller o voso exemplar.
Vémonos o 8 de marzo para compartir a lectura das dúas primeiras historias.
Que o disfrutedes, e ata pronto.

21/2/10

Que quede quen o conte nº 4


Recén chegado á nosa biblioteca, presentamos o último número desta publicación periódica: Que quede quen o conte. É froito do traballo dun grupo de mestres comprometidos coa renovación pedagóxica e co ensino en lingua galega. Escriben desde a súa experiencia docente no mundo rural e a súa publicación quere ser "testemuña e defensa do mundo rural galego". O tema do número 4 que recibimos está dedicado á "imposición do español en Galiza". Consideramos especialmente oportuna a presentación desta publicación no día de hoxe, pois coincide coa celebración pola UNESCO do Día Internacional da Lingua Nai, que este ano ten ademais un significado especial ao se celebrar tamén o Ano Internacional para a Aproximación das Culturas.

19/2/10

Debúxame un dereito!


A Dirección Xeral de Xustiza, Liberdade e Seguridade da Comisión Europea organiza un concurso europeo de creación de pósteres titulado «20 Aniversario da Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno», o slogan é «Debúxame un dereito!». O póster deberá ilustrar un dereito da Convención da ONU sobre os Dereitos do Neno. Os equipos participantes deberán explicar no formulario de participación por que elixiron un determinado dereito para ilustralo no póster, e cal é a idea que desexan transmitir co mesmo.
Poden participar todos os mozos residentes nos 27 Estados membros da Unión Europea, que pertenzan a un dos dous seguintes grupos de idade: 10-14 e 15-18 anos.

Serán de aplicación as seguintes regras:
Formato do póster: papel tamaño A2 (42 x 59 cm). O póster non se deberá enviar dobrado, xa que se poderá utilizar no futuro (recoméndase utilizar un tubo ou unha peza grande de cartolina para o seu envío);
Débese achegar un formulario descritivo do traballo enviado e cada equipo pode deseñar e presentar varios pósteres se así o desexa.

Todos os gañadores nacionais serán invitados a unha estancia dun día na capital do país, para asistir á cerimonia de entrega de premios que se celebrará na semana que comeza o 10 de abril de 2010 (a Representación da CE confirmará máis adiante a data exacta).
Cubriranse os gastos de viaxe e aloxamento para os catro mozos e o adulto acompañante dos tres equipos gañadores de cada un dos dous grupos de idade, é dicir, 10-14 e 15-18 anos.
As obras que gañen os primeiros premios nacionais serán obxecto dunha segunda selección por parte dun xurado europeo composto por representantes da Comisión Europea e outros diversos membros como un docente, un profesional da comunicación, un artista gráfico, un ilustrador, un mozo en representación dunha organización xuvenil, etc.

Os tres equipos gañadores de cada categoría, é dicir, seis equipos en total, serán invitados a unha viaxe a Bruxelas do sábado 8 ao luns 10 de maio de 2010, para asistir á cerimonia de entrega de premios e descubrir todo o que a cidade pode ofrecerlles, incluídas as institucións europeas. Para cada un destes seis equipos gañadores cubriranse os gastos de viaxe e aloxamento de catro mozos e un adulto acompañante.

Para informarse mellor das bases preme AQUÍ


16/2/10

Concurso Espacial 2010


A 5ª edición do Concurso Espacial desenvólvese ao longo do curso escolar 2009/2010, en torno ao tema "navegación por satélite".


Está dirixido a escolares de Segundo Ciclo de ESO e Bacharelato e estudantes de Ciclos Formativos de Grao Medio, de todos os centros públicos, privados e concertados do Estado Español.
Establecéronse dúas categorías: unha para escolares de Segundo Ciclo de ESO e outra para estudantes de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.
Á súa vez, dentro de cada categoría existen cinco modalidades: robótica espacial, experimentación, investigación, narrativa / cómic e animación.

O premio consiste nun Campamento Espacial que reunirá, durante varios días, a todos os gañadores, e incluirá actividades educativas relacionadas co espazo (talleres de robótica espacial, de construción de foguetes e de observación das estrelas, coloquios, visitas a centros e empresas do sector aeoespacial...).

O prazo de presentación remata o 28 de febreiro, para máis información preme AQUÍ

14/2/10

E no cotián... a poesía: o día como pretexto

Habitualmente utilizamos esta sección como presentación de autores, mais permitímonos hoxe utilizar o día como pretexto para falar do amor como asunto poético. Sen dúbida pode ser considerado pouco serio por algúns, mais dubidamos que outro asunto teña máis presenza na poesía que o amor, e sendo esta unha sección que inserta a poesía na vida cotiá, consideramos obrigada a referencia.
Estableceremos unha especie de diálogo literario entre Pablo Neruda e Gabriela Mistral, autores chilenos ambos, que recibiron o premio Nobel de literatura. Tivemos ocasión de presentar a poesía do primeiro xa neste blog con anterioridade. De Gabriela Mistral diremos que foi o primeiro premio Nobel de literatura que chegou a América Latina. Pablo Neruda e Gabriela Mistral coñecéronse nos anos 20 do século pasado e Pablo Neruda afirma que foi Gabriela Mistral quen lle fixo ler os autores rusos que influiron na súa obra.


Aqui te amo...

Aquí te amo.

En los oscuros pinos se desenreda el viento.

Fosforece la luna sobre las aguas errantes.

Andan días iguales persiguiéndose.


Se desciñe la niebla en danzantes figuras.

Una gaviota de plata se descuelga del ocaso.

A veces una vela. Altas, altas estrellas.


O la cruz negra de un barco.

Solo.

A veces amanezco, y hasta mi alma está húmeda.

Suena, resuena el mar lejano.

Este es un puerto.

Aquí te amo.


Aquí te amo y en vano te oculta el horizonte.

Te estoy amando aún entre estas frías cosas.

A veces van mis besos en esos barcos graves,

que corren por el mar hacia donde no llegan.


Ya me veo olvidado como estas viejas anclas.

Son más tristes los muelles cuando atraca la tarde.

Se fatiga mi vida inútilmente hambrienta.

Amo lo que no tengo. Estás tú tan distante.


Mi hastío forcejea con los lentos crepúsculos.

Pero la noche llega y comienza a cantarme.

La luna hace girar su rodaje de sueño.


Me miran con tus ojos las estrellas más grandes.

Y como yo te amo, los pinos en el viento,

quieren cantar tu nombre con sus hojas de alambre.



Vergüenza

Si tú me miras, yo me vuelvo hermosa

como la hierba a que bajó el rocío,

y desconocerán mi faz gloriosa

las altas cañas cuando baje al río.


Tengo vergüenza de mi boca triste,

de mi voz rota y mis rodillas rudas;

ahora que me miraste y que viniste,

me encontré pobre y me palpé desnuda.


Ninguna piedra en el camino hallaste

más desnuda de luz en la alborada

que esta mujer a la que levantaste,

porque oíste su canto, la mirada.


Yo callaré para que no conozcan

mi dicha los que pasan por el llano,

en el fulgor que da a mi frente tosca

en la tremolación que hay en mi mano...


Es noche y baja a la hierba el rocío;

mírame largo y habla con ternura,

¡que ya mañana al descender al río

lo que besaste llevará hermosura!

13/2/10

XI PREMIO DE RELATOS CURTOS E CONTOS “XAQUINA TRILLO”



A Fundación Amigos de Galicia, coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa, e o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pertencente á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, convoca o XI Premio de Relatos Curtos e Contos “Xaquina Trillo” para escolares, co dobre obxectivo de fomentar a creación literaria entre os nenos e mozos, e o uso do galego.
Poderán participar todos os escolares galegos ata 18 anos, dentro de dúas categorías (categoría A, ata 12 anos, e categoría B, entre 13 e 18 anos).
Os contos serán de tema libre, debendo ter na Categoría A unha extensión mínima de cinco folios, e de dez na Categoría B. En ámbolos dous casos, deberán presentarse dúas copias mecanografadas, a dobre espazo.
Os contos serán enviados polo seu autor ou polo Colexio/Instituto no que estude.
Establécense os seguintes premios:
CATEGORÍA A: contos escritos por nenos de ata 12 anos.
1º Premio 200€ e 20 libros, 2º Premio 150€ e 20 libros, 3º Premio 100€ e 20 libros e 4º Premio 75€ e 20 libros.
CATEGORÍA B: contos escritos por nenos de entre 13 e 18 anos.
1º Premio 200€ e 20 libros, 2º Premio 150€ e 20 libros, 3º Premio 100€ e 20 libros e 4º Premio 75€ e 20 libros
A contía será equivalente en libros premiados para os centros de ensino.
O Xurado estará formado por escritores e profesores galegos, actuando como Secretario con voz pero sen voto, Jesús Busto Peteiro. A súa decisión será inapelable e terá lugar o 13 de maio de 2010, no Concello de Vilagarcía de Arousa.
O lugar de presentación é a sede da Fundación Amigos de Galicia en Rúa Fontecarmoa, nº 63 –baixo, 36600 de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), ou por correo electrónico: informacion@fundacionamigosdegalicia.org, e a data límite de presentación será o 30 de abril de 2010.
Os contos premiados serán publicados nun único libro. Os traballos na súa primeira edición serán propiedade da Fundación Amigos de Galicia. A presentación a este Concurso supón a aceptación das súas bases, decidindo o Xurado sobre calquera eventualidade non prevista nelas.
Os premios deste certame entregaranse no acto que se celebrará co gallo do Día das Letras Galegas, o 17 de maio de 2010, en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).


9/2/10

Entrega de premios do concurso matemáticas na música

Por fin! Despois dun longo proceso de selección e da correspondente deliberación, o xurado quere felicitar a todos os participantes polo seu esforzo en percorrer os camiños das matemáticas na música, seguindo quizá os pasos de Alessandro Marcello ou a musa Erato. E quere recoñecer especialmente a brillante elección musical de Cristian Toimil Arango, de 4º B, coa canción Finite Simple Group (of Order Two) do grupo The Klein Four. A canción é toda unha obra de arte que conxuga a boa música coa poesía amorosa e os conceptos matemáticos. O resto de cancións finalistas poden verse na páxina web do instituto e foron presentadas por Alba María Pereira Pontiza, Alba Mourelos Pernas, Daniel Castro Veiga, Marta Salgado Castelo e Sara Veiga López. A entrega de premios e os correspondentes diplomas acreditativos terá lugar o vindeiro venres 12 de febreiro ás trece horas.






Finite Simple Group (of order two)
A Klein Four original by Matt Salomone

The path of love is never smooth
But mine's continuous for you
You're the upper bound in the chains of my heart
You're my Axiom of Choice, you know it's true

But lately our relation's not so well-defined
And I just can't function without you
I'll prove my proposition and I'm sure you'll find
We're a finite simple group of order two

I'm losing my identity
I'm getting tensor every day
And without loss of generality
I will assume that you feel the same way

Since every time I see you, you just quotient out
The faithful image that I map into
But when we're one-to-one you'll see what I'm about
'Cause we're a finite simple group of order two

Our equivalence was stable,
A principal love bundle sitting deep inside
But then you drove a wedge between our two-forms
Now everything is so complexified

When we first met, we simply connected
My heart was open but too dense
Our system was already directed
To have a finite limit, in some sense

I'm living in the kernel of a rank-one map
From my domain, its image looks so blue,
'Cause all I see are zeroes, it's a cruel trap
But we're a finite simple group of order two

I'm not the smoothest operator in my class,
But we're a mirror pair, me and you,
So let's apply forgetful functors to the past
And be a finite simple group, a finite simple group,
Let's be a finite simple group of order two
(Oughter: "Why not three?")

I've proved my proposition now, as you can see,
So let's both be associative and free
And by corollary, this shows you and I to be
Purely inseparable. Q. E. D.

Matemáticas e música


Mentres o xurado do concurso está sumido nas deliberacións (ardua tarefa), deixovos aquí o Adagio do Concerto en re menor de Alessandro Marcello, matemático e músico que viviu en Venecia entre 1669 e 1747.


ULTIMA HORA: o fallo do xurado farase público o día 12 de febreiro ás 13 horas na biblioteca do centro.

8/2/10

Novas do club de lectura "As estantigas"


Empezamos a funcionar no mes de xaneiro e mañá rematamos a nosa primeira e gratificante experiencia lectora con Pel de lobo.
Esperámosvos á hora do recreo de mañá martes 9 de febreiro na biblioteca, onde compartiremos comentarios e outras dozainas.
A boa nova do trimestre foi a concesión dunha axuda para poñer en marcha este ilusionante proxecto.
Haberá sorpresas moi interesantes ...
Seguiremos informando!

5/2/10

Nova entrega do boletín

Acaba de publicarse o segundo número de información bibliográfica da biblioteca. Presentamos catro libros para lectores que non aman as matemáticas. Disfrutarás da súa lectura.



4/2/10

Queres xogar ao xadrez?


Coa colaboración do Concello de Lugo, o próximo venres 12 de febreiro comezaremos a reunirnos para xogar ao xadrez. Que aínda non sabes ben? Non te preocupes, podes aprender con facilidade. Só é cuestión de práctica... enfréntate a retos novos en cada partida, non hai dúas iguais. Para sabermos onde ubicar os taboleiros é preciso coñecer canto antes o número de persoas dispostas a participar, así que non tardes en apuntarte. Pasa xa por conserxería!

28/1/10

30 DE XANEIRO, DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O día 30 de xaneiro de 1948 o Mahatma Gandi, líder nacional e espiritual da India, foi asasinado por un fanático hinduista. Gandhi está considerado o máximo representante do pacifismo mundial. Un pacifismo comprometido coa loita polos dereitos das persoas e dos pobos e que levou a cabo por medio de accións non violentas. Coincidindo con esa data, dende o ano 1964, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da non Violencia e da Paz que xorde dunha iniciativa do profesor español Llorenç Vidal. O ano 1993 a UNESCO recoñeceu esta iniciativa como Día Internacional.





22/1/10

III Concurso de fotografía Leite Celta



Voz Natura e Leite Celta convocan a terceira edición do seu concurso de fotografía ambiental co obxectivo de pór en valor o importante patrimonio natural de Galicia.
Os traballos que se presenten deben recoller os diversos ecosistemas presentes en Galicia desde un punto de vista creativo, orixinal e interesante. Estes serán precisamente os factores que o xurado do certame terá en conta á hora de fallar os premios.

O concurso estrutúrase en dúas modalidades:
-Infantil: para nenos ata 12 anos.
-Xuvenil: de 13 a 18 anos.

O sistema de participación é moi sinxelo: unha vez realizada a fotografía, a imaxe insérese directamente na maqueta oficial do concurso, cóbrense os campos solicitados e envíase ao correo electrónico do programa (voznatura@lavoz.es). Se non se ten cámara dixital, tamén se pode imprimir a maqueta, pegar a imaxe no lugar reservado para iso e enviala por correo postal a Voz Natura. O prazo de presentación de traballos finaliza o próximo 15 de abril.

En cada categoría entregaranse tres premios:
-1º premio: cámara de fotos dixital de 12 mega píxeles (con zoom óptico, trípode e funda)
-2º premio: consola sobremesa Wii de Nintendo.
-3º premio: bicicleta de montaña de alumnio lixeiro de 24 velocidades e casco de seguridade.

Os gañadores recibirán os seus galardóns no transcurso da festa fin de curso de Voz Natura, que se celebrará o próximo mes de xuño, no parque de Acea de Ama (Culleredo- A Coruña).

Consulta as bases do certame, descarga a maqueta oficial e descobre as fotografías gañadoras o curso pasado AQUÍ

20/1/10

E no cotián... a poesía: Manuel María (1929-2004)

Poeta, como ningún, do seu tempo e a súa terra, Manuel María soubo cultivar todos os xéneros literarios con mestría. A súa poesía abrangue toda a temática humana desde a íntima identidade co país, de xeito que non dubidan en definilo como poeta nacional.
Poderíamos escoller miles de poemas para ler hoxe, desde os máis paisaxísticos aos máis íntimos, desde os máis combativos aos máis transcendentes, poderíamos ler quizá poemas máis académicos ou clásicos, mais había que escoller só un que levase a poesía ao día de hoxe:

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!

(do seu libro As rúas do vento ceibe)

19/1/10

Ciclo "Londres no cine"



As rúas da capital británica serven todos os anos de decorado para centos de películas e series de televisión. Algunhas delas axudaron a converter certas rúas, pontes ou parques en iconas do cine e lugares de interese para miles de turistas. Co ciclo ‘Londres no cine’, desde as salas da Fundación Caixa Galicia convídannos a percorrer unha cidade distinta baixo o punto de vista de oito directores de moi diferente índole. Ás oito da tarde en pase único, gratuitamente e ata o mes de marzo.

LUGO Programa completo

19 de enero, "Alfie" de Lewis Gilbert (1966)

26 de enero, "Frenzy" de Alfred Hitchcock (1972)

2 de febrero, "Secrets and Lies" de Mike Leigh (1996)

9 de febrero, "Closer" de Mike Nichols (2004)

23 de febrero, "Blow up" de Michelangelo Antonioni (1966)

2 de marzo, "Match Point" de Woody Allen (2005)

9 de marzo, "Lock and stocks" de Guy Ritchie (1998)

16 de marzo, "Wonderland" de Michael Winterbottom (1999)

15/1/10

Remata o prazo do concurso matemáticas na música

Lembrade que o vindeiro 30 de xaneiro remata o prazo de presentación de cancións para o concurso. Ánimo, ainda estades a tempo.

13/1/10

E no cotián... a poesía: T. S. Eliot (1888-1965)


Prometíamos hai unhas semanas traer a este blog a obra de T.S. Eliot, escritor estadounidense que obtivo a nacionalidade británica aos 39 anos. O motivo da promesa non era outro que a súa aparición na obra de Gioconda Belli. A obra de T. S. Eliot citada por Belli e presentada nesta anotación é o seu célebre Four Quartets. Esta obra está composta por catro poemas longos divididos en cinco seccións cada un. Cada poema leva por título un topónimo e arranca con unha descrición mais ou menos paisaxística, mais a temática común dos poemas é o tempo, desde diversos puntos de vista, e está ligado en cada poema a un dos catro elementos da antigüidade clásica (aire, terra, auga e lume). O fragmento que presentamos pertence á sección V do segundo poema: East Coker, e remata cos versos citados por Belli.

Because one has only learnt to get the better of words
For the thing one no longer has to say, or the way in which
One is no longer disposed to say it. And so each venture
Is a new beginning, a raid on the inarticulate
With shabby equipment always deteriorating
In the general mess of imprecision of feeling,
Undisciplined squads of emotion. And what is there to conquer
By strength and submission, has already been discovered
Once or twice, or several times, by men whom one cannot hope
To emulate –but there is no competition–
There is only the fight to recover what has been lost
And found and lost again and again: and now, under conditions
That seems unpropitious. But perhaps neither gain nor loss.
For us there is only the trying. The rest is not our business.

Actividades culturais en Lugo



Para obter máis información preme nas imaxes.

28/12/09

5ª Edición do Implícate


É unha boa forma de comezar o ano, máis información en http://implicadas.blogspot.com/

22/12/09

Parabéns á nosa compañeira Ilda!



Non queremos deixar que remate o ano sen felicitar a unha profesora do instituto que participou nun Certame convocado pola Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, é o Certame Galego de Creadores Novos, Gzcrea 2009, na especialidade de relato breve. O 15 de decembro tivo lugar no Salón Teatro de Santiago a entrega de premios e Ilda Luaces Torre obtivo o 3º premio pola obra “Boca de pedra que lambes o mar”


E que estupenda ocasión a das vacacións de nadal para ler este relato, e se cadra tamén os outros premiados, pinchade AQUÍ para poder descargalos.

21/12/09

E no cotián... a poesía: Gioconda Belli


De Nicaragua chéganos a voz de Gioconda Belli. Perfecta candidata á nosa sección, pois toda a súa poesía nos fala do cotián, da vida diaria, do amor e da guerra, das relacións e do interior. Pero ademáis inserta a poesía na poesía, como no fragmento do poema que ofrecemos a continuación e que nos dá pé para tratar, quizá a semana que vén, a poesía de T.S. Eliot, poeta norteamericano que recibiu o premio Nobel de literatura o mesmo ano que naceu a autora que nos ocupa.

NIEVE Y FUEGO CON T.S. ELIOT

No sé cuántos años hace
que te leí a medianoche
a través de un walkie-talkie
los versos de los Cuatro Cuartetos de Eliot.
Estabas afuera
sentado sobre la nieve de la colina.
Mis ojos recorrían la página
deteniéndose en lo que revelaba algo
que vos o yo alguna vez hubiéramos pensado o querido pensar.
Algo que el poeta
pescando con su pluma en las aguas profundas del alma
sacara como un pez de colas y agallas blanquinegras
y blandiera sencillamente, sin aspavientos,
antes de volver a tirarlo a la noche,
al mar en silencio del libro cerrado.
[…]
La poesía continúa enunciando la absoluta verdad:
–El valor de la intención.
La lucha por recuperar lo que se ha perdido
lo que se perderá una y otra vez,
sin que, tal vez, se pierda o se gane.
La voluntad es lo que cuenta.
Lo demás no es asunto nuestro–.


16/12/09

Aínda podes inscribirte na Carreira Solidaria


Como é tradicional celebrarase o domingo anterior ao Nadal, o próximo 20, e arrincará por categorías a partir das 11:00 horas, abrindo a carreira os máis pequenos. A carreira absoluta comezará ás 12:00 horas. Aproveitando o tramo peonil da Ronda da Muralla, a saída instalarase neste punto en sentido a rúa Vilalba ata percorrer os 10 quilómetros que compoñen a carreira para os adultos e os percorridos de 300, 600, 1.000 e 1.500 metros para as categorías dos rapaces e rapazas.
Este ano vai a haber unha cuota de inscrición simbólica para os adultos co que se fará un donativo a UNICEF que destinará ao programa Gotas para Nixeria

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata as 20:00 horas de hoxe, 16 de decembro, e pode formalizarse a través das páxinas web http://www.lugo.es/, http://www.elprogreso.es/, e http://www.championchipnorte.com/ ou ben persoalmente nas oficinas da Concellería de Deportes ou no diario El Progreso.

Busca do Tesouro en Lugo no Nadal



Trátase dunha actividade de ocio alternativo para a mocidade lucense que se celebra dende hai 7 edicións, organizada polo Concello de Lugo, desenvolverase os próximos 28 e 29 de decembro. O obxectivo é que os rapaces e rapazas se divirtan ao tempo que coñecen mellor a cidade e afondan na súa historia.
Nesta edición da Busca do Tesouro haberá dúas categorías de participantes: a Categoría A, que vai dende os 14 ata os 17 anos, e a Categoría B de 18 a 30 anos.
Os participantes estarán divididos en equipos integrados por 3 persoas, que teñen que superar o reto de descifrar diferentes pistas ata descubrir un tesouro agochado nalgún lugar da cidade.
As preguntas ás que deben respostar os equipos, poden ser consultadas nas bibliotecas públicas, empregando tanto libros coma internet. O rastrexo deberá realizarse camiñando, e todas as persoas integrantes do equipo terán que acudir xuntas ás pistas para que se lles facilite a seguinte.
Os gañadores do concurso recibirán os seguintes premios:
- Categoría A: de 14 a 17 anos
Primeiro premio: Ordenador portátil. Segundo premio: Cámara dixital. Terceiro premio: Mp4.
- Categoría B: de 18 a 30 anos
Primeiro premio: Viaxe a Tenerife. Segundo premio: Cámara dixital. Terceiro premio: Mp4.

O prazo de inscrición para participar remata o 18 de decembro ás 19:00 horas.
Para máis información pinchade AQUí

15/12/09

Publicamos o número 1 do noso boletín

Comeza hoxe a andar o boletín de información bibliográfica da biblioteca do IES Xoán Montes. Nel podedes atopar as últimas novidades recibidas, que recomendamos como lectura para estas vacacións. Ademáis podedes aproveitar o tempo para ir resolvendo os enigmas que propoñemos.



8/12/09

Xornadas de redes sociais e blogs en Lugo


A I Xornada de Redes Sociais e Blogs do Concello de Lugo terá lugar o vindeiro venres 11 de decembro no Centro de Empresas e Innovación.

A través de conferencias, unha mesa redonda, un obradoiro práctico e un acto de ocio perséguense fundamentalmente os seguintes obxectivos:

- Dar a coñecer o fenómeno blog e as webs participativas ao conxunto da sociedade.
- Fomentar a súa utilización en empresas, organizacións e institucións.
- Facilitar o primeiro encontro lucense entre autores de blogs coñecidos e redes sociais dando a coñecer esta forma de socialización.
- Reflexionar sobre os modelos de negocio en torno á Web 2.0 e dar a coñecer a capacidade emprendedora que se desenvolve na blogosfera.
Para inscribirte (é gratuito) e obter máis información pincha na imaxe.

4/12/09

Rematando o bicentenario de Poe


O 19 de xaneiro de 1809 nacía en Boston, Estados Unidos, Edgar Allan Poe. Daí que durante todo o presente ano 2009 se viñese celebrando o bicentenario do seu nacemento. Celebrouse asimesmo, o 7 de outubro, o 160 cabodano da súa morte.
É certo que este blog comezou a súa andadura dixital un pouco tarde para o bicentenario, máis non podiamos deixar rematar o ano sen unha mención especial deste influínte autor romántico. Da súa obra beben o simbolismo francés, a novela de detectives ou mesmo a subcultura gótica.
Na nosa biblioteca atopamos varios exemplares das súas obras narrativas máis coñecidas: o escarabello de ouro e o gato negro, tanto en inglés como en traducións ao galego e o castelán. Por outra banda, tamén é doado acceder á sua obra na rede, grazas, entre outros ao proxecto Gutenberg.
Mais para os que teñan menos tempo, e queiran só disfrutar dun bocadiño da obra de Poe, deixamos este poema composto para súa sogra en 1849:

To My Mother


Because I feel that, in the Heavens above,
The angels, whispering to one another,
Can find, among their burning terms of love,
None so devotional as that of "Mother,"
Therefore by that dear name I long have called you—
You who are more than mother unto me,
And fill my heart of hearts, where Death installed you,
In setting my Virginia's spirit free.
My mother—my own mother, who died early,
Was but the mother of myself; but you
Are mother to the one I loved so dearly,
And thus are dearer than the mother I knew
By that infinity with which my wife
Was dearer to my soul than its soul-life.


2/12/09

3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade


A Concelleira de Benestar Social e Igualdade presentou, xunto a representantes das 21 asociacións de persoas con discapacidade que colaboraron na organización, o programa deseñado polo Concello de Lugo para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra hoxe en todo o mundo.

Esta serie de actividades están destinadas a chamar a atención sobre a necesidade de garantir a consecución dos dereitos cidadáns en igualdade superando as barreiras mentais, ademais de concienciar dos obstáculos que atopan as persoas con discapacidade no mercado laboral, e difundir os esforzos destinados a superalas que levan a cabo os gobernos e as asociacións. Nesta ocasión fase especial fincapé na situación de desamparo que poden sufrir as persoas con discapacidade nunha situación económica como a que se está vivindo.
O programa de actividades Diversiarte desenvólvese entre os días 2 e 4 de decembro. Os actos arrincaron hoxe, coa inauguración do Mercadillo Solidario que se instalou no fondo da Praza Maior, que permanecerá aberto tamén os días 3 e 4 de decembro, entre as 11:30 e as 14:00 horas pola mañá, e de 17:00 a 20:30 horas pola tarde. No mercadillo venderanse obxectos que realizan os membros destas asociacións, que representan a colectivos con distintas discapacidades, e que están normalmente á venda. Poderanse comprar postais e todo tipo de obxectos solidarios, que se converten nunha boa opción como agasallos de Nadal. Cada asociación terá ademais o seu propio posto, no que ofrecerá información sobre o seu traballo.

O cartel anunciador destas xornadas foi elaborado por Down Lugo. O autor gañador, elaborou a súa obra co obxectivo de sensibilizar e promover a idea de que na diversidade é posible a igualdade. Os traballos presentados a este concurso de deseño gráfico serán expostos ata o 4 de decembro no Centro de Convivencia Maruja Mallo.

Máis información das actividades na páxina do Concello de Lugo, preme AQUÍ
Información da ONU e da Organización Mudial das Persoas con Discapacidad premendo nos enlaces.
Tras unha charla que houbo recentemente no instituto dunha voluntaria de COGAMI, algúns alumn@s escribiron artigos moi interesantes que poden lerse na páxina web do instituto.

1/12/09

BASES DO CONCURSO MATEMÁTICAS NA MÚSICA

A Biblioteca do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para buscar cancións relacionadas coas Matemáticas de acordo ás seguintes bases:
1- Os participantes deben ser alumnos do IES Xoán Montes no ano escolar 2009/2010.
2- As cancións presentaranse da seguinte forma:
I)A canción grabada en CD, DVD ou indicando o enlace de internet a goear.com, youtube, etc.
II)Letra da canción en versión orixinal e traducida, se é o caso, a galego ou castelán.
III)O material que figura nos dous puntos anteriores introducirase nun sobre grande no que deberá figurar fóra o seudónimo do participante e o curso no que está (non o grupo). Dentro deste sobre grande ademáis introducirase outro sobre máis pequeno cos datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase en secretaría.
3- O prazo de admisión pecharase o 30 de xaneiro de 2010.
4- O xurado estará composto polos profesores: Mª Beatriz López Soto, Mª Teresa Vázquez Cadavide e Manuel Veiga Díaz. O fallo será inapelable e emitirase o 15 de febreiro. O xurado pode declarar o premio deserto.
5- A canción gañadora publicarase no blog da biblioteca e todas as participantes na páxina do Departamento de Matemáticas.

PREMIO: Pendrive de 16 GB

José Emilio Pacheco, premio Cervantes

O premio Cervantes que anualmente convoca o Ministerio de Cultura recaeu este ano en José Emilio Pacheco, escritor mexicano que ao parecer resultou completamente sorprendido de recibir o premio, ata o punto de dicir que se sentía "patidifuso" ante o anuncio.



A pesar da sorpresa do autor, é doado comprender a valía do escritor con ler só unha pequena antoloxía da súa obra. A continuación reproducimos só un poema.

Presencia

¿Qué va a quedar de mí cuando me muera

sino esta llave ilesa de agonía,

estas pocas palabras con que el día,

dejó cenizas de su sombra fiera?


¿Qué va a quedar de mí cuando me hiera

esa daga final? Acaso mía

será la noche fúnebre y vacía

que vuelva a ser de pronto primavera.


No quedará el trabajo, ni la pena

de creer y de amar. El tiempo abierto,

semejante a los mares y al desierto,


ha de borrar de la confusa arena

todo lo que me salva o encadena.

Más si alguien vive yo estaré despierto.



1 de decembro, Día Mundial da Sida


No XXI aniversario do Día Mundial da Sida, cidadáns/as, institucións, organizacións e empresas temos unha oportunidade para prestar especial atención á epidemia do VIH.
En España, estímase que hai entre 120.000 e 150.000 persoas infectadas polo VIH. Moitas delas ven vulnerados os seus dereitos humanos ao ser estigmatizadas e discriminadas pola súa condición de seropositivas. Isto ademais é un gran obstáculo na prevención e o tratamento da infección por VIH. O medo, o rexeitamento e a ignorancia favorecen a súa expansión e fomentan falsas crenzas.
Este ano a campaña contra a sida fai fincapé na necesidade de acabar co estigma e a discriminación relacionados co VIH.
Estigma e Discriminación, a peor epidemia.
Detrás da sida hai moita vida!

30/11/09

II Semana da Sustentabilidade


Desde hoxe ata o 3 de decembro terán lugar na Cova da Terra interesantes actividades en pos da sustentabilidade.

Hoxe comeza esta II semana coa presenza do colectivo Ren de Ren, que realizará unha intervención co título 'A falacia da sustentabilidade'.

Mañá martes proxectarase o documental 'A vara de mediar a auga' e despois celebrarase un debate con Jorge Dafonte.

O mércores proxectarase o documental 'Return of the scorcher' con posterior debate con participantes de Masa Crítica.

E o xoves celebrarase o obradoiro 'Espazo aberto: procura de solucións colectivas para a sustentabilidade', a cargo de César Fernández, membro do Nodo Espiral da Academia de Permacultura.

Para máis información preme AQUí, onde poderás ver o interesante blog da Cova da Terra.

27/11/09

Convocado o Concurso Mellor Xornalista!

Bases VII Concurso Mejor Periodista Infantil y Juvenil de Prensa-Escuela

Anímate a participar! le as bases e pide axuda aos profesores cando o precises.

26/11/09

Becas High School para estudantes de 4º de ESO




A Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Fundación Amancio Ortega, no seu afán por mellorar o ensino e o nivel de preparación dos novos estudantes de Galicia, decidiron de común acordo elaborar un programa de bolsas para aqueles alumnos que desexen cursar un Ano Académico nun instituto de ensino público, High School, de Estados Unidos.

@s alumn@s que desexen participar no programa de Bolsas deberán ser alumn@s de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) nun Centro de Ensino en Galicia e ter, como mínimo, unha media académica de 7,5 puntos no curso escolar anterior á solicitude, certificado polo Centro de Ensino, e a cualificación da materia de inglés dese curso (3º de ESO) deberá ser como mínimo de 7 puntos.

Pincha na imaxe para obter máis información.

25/11/09

E no cotián... a poesía: Xela Arias (1962-2003)


Propoñemos hoxe a poesía desta autora, nada en Lugo, mais residente en Vigo. O poema escollido pertence ao libro Darío a diario, publicado en 1996.


Nin coa mísera desculpa de che mellora-la vida
escoitarás de min xamais
unha mentira.

Se aborrezo tal estilo, a túa nobreza
—e penosa che ha ser por veces—
ampárate solidario do humano.

Guerreiro forte da envexa afasta
de ti os mesquiños de espírito,
                                           cariño

24/11/09

25 de Novembro: Día contra a Violencia de Xénero

Os mozos teñen dificultades para identificar as agresións machistas, pensan que iso so lles pasa a mulleres casadas maiores. Non se dan conta de que pódelle pasar a calquera compañeira de clase, a unha veciña a que conoce de toda a vida e tamen a súa irmá.

As estatísticas demostran que o maltrato afecta de maneira sobresainte á xuventude, xa que:

_O 26% das mulleres asasinadas este ano tiña menos de 30 anos.

_O 18% dos mozos cren que o home agresivo é máis atractivo.

_So o 2.5% cre que a violencia de xénero é un problema grave.

_En España 800.000 nenos conviven diariamente con situacións de violencia.

Por tanto, neste día de celebración sería importante pararse a reflexionar sobre as causas das agresións, aprender a detectalas e saber onde acudir a pedir axuda antes de que a situación non teña remedio.



Estás segur@ en internet?



21/11/09

21 de novembro: Día Mundial da Televisión


Como? ...pero é que hai algún día sen televisión? Hai, hai, pero é o día 10 de maio, así xa nos ocuparemos del noutro momento.

A celebración de hoxe ten que ver co aniversario do primeiro Foro Mundial da Televisión, que tivo lugar en 1996. O obxectivo que perseguen as Nacións Unidas con este día, segundo a resolución aprobada o 17 de decembro de 1996, é o de promover o intercambio de programas de televisión que falen, entre outros temas, de paz, de seguridade, de desenvolvemento económico e social e fomenten o intercambio cultural.
Mais é realmente necesario un día da televisión? Non todos os países estiveron de acordo na súa proclamación. A delegación alemana, por exemplo, opinaba que era semellante a proclamar un Día Mundial dos Ricos. Supoñemos que todo depende de como se enfoque a celebración. Poderíamos, por exemplo, aproveitar para aprender algo máis sobre a televisión.



19/11/09

Participación de dous equipos do Instituto en TIC- TAC!



TIC-TAC! é un proxecto de FEUGA e Tecnópole que trata de fomentar o espíritu emprendedor de estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos, dándolles formación e apoio para que simulen a creación da súa propia empresa a partir das súas ideas innovadoras. Este ano foi a primeira edición, e o noso Instituto participou con dous equipos formados por o alumnado de Tecnoloxía de 4º da ESO, liderados por o seu profesor Gerardo Baamonde, e coa colaboración de Beatriz López. Dos 13 equipos que ao final expuxeron os seus proxectos houbo catro que resultaron premiados, e un deles era tamén dos nosos.
Christian Toimil, Alba Mourelos, Marco Gugliandolo, Marta González, Alejandro Boado, Pablo Vega, Aitor Baamonde, Omar Leonel Díaz, Andrea Vázquez e Andrés Armesto.
Parabéns a todos!

17/11/09

E no cotián... a poesía: David Avidán (1934-1995)

David Avidán é un poeta israelí que cultivou tamén o cine, a pintura e o xornalismo. É coñecido como o enfant terrible da literatura hebrea moderna. Durante os anos cincuenta formou parte do grupo Liqra’t (preposición que significa enfrente de, ao encontro de, contra...), grupo do que se distanciou posteriormente con unha poesía moi persoal. Quizá haxa centos de poemas mellores que o que ofrecemos hoxe, mais non puidemos resistir a tentación de publicar a súa Humilde contribución á teoría poética:


Poesía é algo

que defino que é poesía

despois de que o escribo

como poesía ou como nonpoesía

mais publico como poesía


e agora definide vós de novo queépoesía

O alumnado do IES Xoán Montes gaña no II Concurso Galego de Robótica en Santiago

Os nosos alumnos e alumnas de 1º de BAC acadaron o 1º posto e empataron con mención especial no 3º posto na Maxia da Robótica. Tamén os alumnos de 4º de ESO conseguiron mención especial. ¡Parabéns aos nosos campións!

20 de Novembro--Día Universal do Neno

O 20 de novembro celébrase o Día Universal da Infancia. Nesta data debemos lembrar que un neno é unha persoa que ten dereito a ser educado e protexido onde queira que nacera. E ademáis ten derito a divertirse a aprender e a expresarse. Todos os nenos teñen dereito a ir a escola, recibir cuidados e ser alimentados para garantir o seu desenvolvemento en todos os aspectos.
A Declaración de Dereitos do Neno foi aprobada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989




13/11/09

Nace o Club de Lectura


Queres comezar novas aventuras?

Tes un montón de amigos esperando.

Soña

imaxina

emociónate

explora

aprende

vive

voa

le...

PARTICIPA!

12/11/09

Matemáticas na música

A biblioteca do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para buscar cancións relacionadas coas matemáticas. Próximamente publicaranse as bases do concurso, pero para que vaiades vendo aquí tedes unha mostra.



11/11/09


Neste ano Europeo da Creatividade e a Innovación, o mundo da ciencia e a innovación desexa achegarse a ti con motivo da Semana da Ciencia, o maior evento de comunicación social da ciencia e a tecnoloxía que se celebra en España.

O Ministerio de Ciencia e Innovación, consciente da necesidade de crear unha contorna social máis proclive á ciencia e a innovación, apoia e coordina a nivel estatal, a travès da FECYT, as actividades que se organizan en todo o territorio español.

Este ano, ademais, unímonos ás dúas conmemoracións científicas do 2009, o Ano Internacional da Astronomía e o Ano Darwin. A astronomía e a teoría da evolución convértense nas protagonistas desta edición; disciplinas científicas que nos permitiron coñecer aspectos crave da nosa existencia, grazas ás ideas revolucionarias de científicos como Galileo Galilei e Charles Darwin.

Uns días ao ano dedicados á ciencia:
Semana da Ciencia, a ciencia ao alcance da túa man.

En Lugo tes a oportunidade de participar en INITIA, que é un programa de iniciación dos estudantes na actividade investigadora realizado en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os participantes pasan a ser un membro máis do equipo de investigación traballando nun proxecto e tutorados por profesores e investigadores nas distintas disciplinas do Campus de Lugo, ciencias experimentais, ciencias sociais e humanidades. O programa ofrece unha oportunidade aos estudantes que demostran bos resultados académicos e capacidade de superación. Deste xeito coñecen o proceso de investigación científica, aprendendo técnicas, métodos e conceptos así como manexo de equipos.
- Páxina web: http://www.xente.mundo-r.com/science/sigma/initia.html
- Data inicio: 01/11/2009 Data fin: 30/11/2009 Horas: 16h a 20h
- Tipo de actividade: Xornadas de portas abertas e visitas guiadas
- Tema da actividade: Divulgación científica e tecnolóxica
- Dirixida a: Estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

10/11/09

Sesame Street 40 anos educando

El Barrio Sésamo original cumple 40 años




Empezaron hai catro décadas en Estados Unidos e pronto se converteron nun fenómeno global que axudou á educación de millóns de nenos a través de xogos e música.
A súa misión principal era ensinar, pero tamén se preocuparon por inculcar a tolerancia e o respecto aos demais.
Felicidades!

9/11/09

20 anos da caída do Muro de Berlín





O Muro de Berlín caeu na noite do xoves, 9 de novembro de 1989, ao venres, 10 de novembro de 1989, 28 anos máis tarde da súa construción.


5/11/09

Exposición e Obradoiro de adornos


EXPOSICIÓN: Lázare. Memorias 1994-2009
É unha mostra de pintura e debuxo dun creador lucense, Jesús López Lázare.
A Inauguración foi hoxe, 5 de novembro, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo), e estará aberta ata o 30 de decembro.
A entrada é gratuíta e no horario seguinte:
Luns a venres: De 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 h. e 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: de 11 a 14 h.

Tamén facémonos eco doutra actividade interesante:
O MUSEO INVÍTATE AO OBRADOIRO...: Adornos para agradar, para gustar
O sábado, 7 de novembro de 2009, ás 12:30 horas, o MPL invítate a ti e a toda a túa familia ao obradoiro "ADORNOS PARA AGRADAR, PARA GUSTAR", por Laura Fernández Morán.

Segundo Encontro de Mulleres Rurais Emprendedoras e exposición do seu traballo


Representantes do Concello e do Centro de Artesanía e Deseño, xunto coa presidenta de FADEMURA, Rosa Arcos, presentaron esta mañá o Segundo Encontro de Mulleres Rurais Emprendedoras que terá lugar o vindeiro sábado 7 de novembro e o domingo 8 nunha carpa situada na Praza de Anxo Fernández Gómez.

A Concelleira de Muller e Benestar Social explicou que este encontro se engloba no programa de actos organizado polo Concello con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, que se celebra o vindeiro 26 de novembro.O obxectivo deste encontro é facer visible o papel das mulleres no eido do rural, e continuar traballando pola igualdade. Inténtase poñer en valor as actividades singulares que contribúen a crear un tecido económico no eido do rural de todas as zonas de Galicia.

Poderase disfrutar da presentación, información, exposición, degustación e venda de productos de toda Galicia elaborados, pilotados e dirixidos por mulleres. Haberá arredor de 20 expositoras, 12 delas da provincia de Lugo, que presentarán ao público as súas produccións ao longo de toda a xornada. Haberá produtos de alfarería, zoquería, derivados de produtos silvestres, bolillos, cerámica, xoiería, talla de madeira, licores, conservas, bordados, cerámica, decoración en coiro, deseño de traxe tradicional galego, tear tradicional, cestería, xabróns, etc.

A mostra estará aberta ao público o sábado de 11.00 a 20.30 horas e o domingo de 10.00 a 18.00 h

3/11/09

Cincenta noutro conto



“Este cuento está dedicado
a todas las mujeres valientes
que quieren cambiar su vida
y a todas aquellas que la perdieron
y nos iluminan desde el Cielo”

Nunila López e Myriam Cameros

Sitio oficial: La cenicienta que no quería comer perdices
Blogs das autoras: Nunila y Myriam Cameros
Máis información de como mercalo e da saída da 2º edición no blog das autoras

Recibín hai tempo este conto por correo electrónico, gustoume moito e vin que estaba noutros blogs e que podía descargarse, espero que vos guste.

2/11/09

Unha ciberoteca escolar chea de recursos


Neste sitio accederás a ciberoteca escolar, onde poderás atopar todo tipo de recursos para os estudios e para o teu tempo de ocio. Percorre os diversos apartados e descobre todo o que pode ofrecerche a rede: libros virtuais, para que poidas descargalos e gardalos no teu ordenador, enlaces co mellor de Internet (idiomas, mapas, xogos, música, os teus personaxes favoritos, etc. ), consellos para coidar o medio ambiente, son os cadernos editados pola Fundación Bancaja, e moitísimas cousas máis...

Por suposto que este recurso o enlazaremos no apartado de lectura da parte esquerda do blog.


31/10/09

31 de outubro: algo que celebrar?


Ciclo de teatro de outono “Atracción Teatral III”

Hoxe sábado, e os catro do mes de novembro, terán lugar no Centro Social Municipal de Fingoi as cinco representacións teatrais que compoñen a terceira edición do ciclo de teatro amador Atracción Teatral que organiza a compañía luguesa Nova Escena Teatro.

Será precisamente este grupo o encargado de abrir as funcións, coa posta en escena da obra «Pensión 13». O 7 de novembro, o público poderá ver «Cometa, cometa», representada pola compañía O aturuxo de Melpómene, de Narón. O día 14 do mesmo mes, Teatro de cámara Ditea porá en escena a obra «Acto imprevisto». Xa o día 21, o grupo vigués Atrezzo Teatro representará «A voda». Por último, o Centro Dramático Vilalbés será o encargado de pechar as representacións con «6 x 4... dúas ducias».

Todas as funcións son ás sete da tarde e a entrada é libre.

Máis información AQUÍ