Mostrando entradas con la etiqueta Lingua. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lingua. Mostrar todas las entradas

1/6/11

Hoxe non é o día da lingua

Que o sexa depende de min e de ti

16/11/10

2/10/10

Becas High School para estudantes de 4º de ESO

A Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Fundación Amancio Ortega, no seu afán por mellorar o ensino e o nivel de preparación dos novos estudantes de Galicia, decidiron de común acordo elaborar un programa de bolsas para aqueles alumnos que desexen cursar un ano académico nun instituto de ensino público, High School, de Estados Unidos.


@s alumn@s que desexen participar no programa de bolsas deberán ser alumn@s de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) nun Centro de Ensino en Galicia, ter como mínimo unha media académica de 7,5 puntos no curso escolar anterior á solicitude, certificado polo Centro de Ensino, e a cualificación da materia de inglés dese curso (3º de ESO) deberá ser como mínimo de 7 puntos.
O prazo de presentación de solicitudes manterase aberto dende o 1 de outubro ata o 15 de novembro de 2010, e hai nesta convocatoria 75 prazas.

Pincha na imaxe para obter máis información.

24/5/10

Concurso Literario en inglés: Entrega de premios

Hoxe ás 11:45, tivo lugar un importante acto na biblioteca do centro: a entrega de premios do Concurso Literario que por segundo ano consecutivo organiza o Departamento de Inglés. A actividade quere fomentar tanto a lectura como a creatividade do alumnado, ao tempo que fomenta a autoestima. Os membros do departamento agradeceron a alta participación do alumnado de ESO e fixeron entrega dos diplomas acretitativos e premios, consistentes principalmente en libros donados por diversas editoriais. Non nos queda máis que felicitar a Belén Mª Encabo González, María Losada Burgo, Beatriz Álvarez Díaz, Noemí García Rodríguez, Marta Salgado Castelo, Omar Díaz Rodríguez e Rubén Babío Barreiro, os autores premiados, e animar a todo o alumnado a participar nestas iniciativas. Os traballos premiados serán publicados próximamente no blog de inglés do instituto.




21/2/10

Que quede quen o conte nº 4


Recén chegado á nosa biblioteca, presentamos o último número desta publicación periódica: Que quede quen o conte. É froito do traballo dun grupo de mestres comprometidos coa renovación pedagóxica e co ensino en lingua galega. Escriben desde a súa experiencia docente no mundo rural e a súa publicación quere ser "testemuña e defensa do mundo rural galego". O tema do número 4 que recibimos está dedicado á "imposición do español en Galiza". Consideramos especialmente oportuna a presentación desta publicación no día de hoxe, pois coincide coa celebración pola UNESCO do Día Internacional da Lingua Nai, que este ano ten ademais un significado especial ao se celebrar tamén o Ano Internacional para a Aproximación das Culturas.

20/1/10

E no cotián... a poesía: Manuel María (1929-2004)

Poeta, como ningún, do seu tempo e a súa terra, Manuel María soubo cultivar todos os xéneros literarios con mestría. A súa poesía abrangue toda a temática humana desde a íntima identidade co país, de xeito que non dubidan en definilo como poeta nacional.
Poderíamos escoller miles de poemas para ler hoxe, desde os máis paisaxísticos aos máis íntimos, desde os máis combativos aos máis transcendentes, poderíamos ler quizá poemas máis académicos ou clásicos, mais había que escoller só un que levase a poesía ao día de hoxe:

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!

(do seu libro As rúas do vento ceibe)

26/11/09

Becas High School para estudantes de 4º de ESO




A Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Fundación Amancio Ortega, no seu afán por mellorar o ensino e o nivel de preparación dos novos estudantes de Galicia, decidiron de común acordo elaborar un programa de bolsas para aqueles alumnos que desexen cursar un Ano Académico nun instituto de ensino público, High School, de Estados Unidos.

@s alumn@s que desexen participar no programa de Bolsas deberán ser alumn@s de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) nun Centro de Ensino en Galicia e ter, como mínimo, unha media académica de 7,5 puntos no curso escolar anterior á solicitude, certificado polo Centro de Ensino, e a cualificación da materia de inglés dese curso (3º de ESO) deberá ser como mínimo de 7 puntos.

Pincha na imaxe para obter máis información.

25/9/09

Día Mundial das Linguas e Día Internacional das Persoas Xordas



Lugo acolle estes días estas dúas conmemoracións. Hoxe, a partir das 12, na Casa das linguas, proxectaranse longametraxes para nenos e cine para adultos, como "Nights on earth", de Jim Jarmusch, en cinco linguas.

E para conmemorar o Día Internacional das Persoas Xordas, que se celebra mañá 26, inaugúrase hoxe no Museo provincial de Lugo unha mostra artística baixo o nome "El poder del silencio. Arte Sordo", que contará con vinte obras pertencentes a diferentes xéneros artísticos como a pintura ou a escultura. Outro aspecto interesante para facer unha visita a esta exposición é que cinco dos seis artistas que mostran a súa obra son lucenses. Esta exposición poderá visitarse ata o vindeiro 6 de outubro.