Mostrando entradas con la etiqueta xornalismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xornalismo. Mostrar todas las entradas

14/1/11

VIII Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil 2010-2011

Este concurso busca que os alumnos se familiaricen coa lectura e o manexo do xornal e desenvolvan a súa capacidade de exposición e redacción, baseándose en informacións publicadas na edición impresa ou dixital de La Voz de Galicia (Mellor Xornalista Infantil) ou mediante traballos orixinais de elaboración propia (Mellor Xornalista Xuvenil). É dicir, que cada un desde o seu nivel educativo concreto e desde a súa específica condición individual pode presentar o seu mellor traballo. O proceso de creación do mesmo pode aparecer reflectido a través do curso no blog de aula.
Na categoría xuvenil podes gañar un iPad, un MP5 de 8 GB ou unha cámara dixital!
Mira as bases do concurso e anímate a participar!

Bases VIII Concurso Mejor Periodista Infantil y Juvenil 2011

15/10/10

Concurso "Reporteiros na rede"

A Obra Social de Ibercaja, interesada no desenvolvemento do coñecemento a través de programas sociais que contribúan á transformación da sociedade, convoca o 11° Concurso Reporteiros na rede -Xornalismo científico online- de ámbito nacional, co fin de fomentar o interese dos estudantes pola ciencia e a tecnoloxía.
Poderán participar todos os estudantes de centros educativos españois (sendo a idade límite 20 anos) ben individualmente ou en grupo de dous alumnos e coordinados por un profesor.
Os participantes realizarán un artigo de divulgación científica sobre un tema de actualidade e utilizando exclusivamente a información dispoñible en Internet.

Con motivo do Ano Internacional da Química, valoraranse de xeito especial aqueles artigos que traten a química como unha ciencia creativa esencial para mellorar a sustentabilidade dos nosos modos de vida e para resolver os problemas globais e esenciais da Humanidade, como a alimentación, a auga, a saúde, a enerxía ou o transporte.
O artigo, de redacción orixinal do alumno e inédito, non poderá exceder as mil cincocentas palabras e irá acompañado dunha listaxe das fontes de información consultadas.
A inscripción é do 4 de outubro de 2010 ao 29 de xaneiro de 2011 cumprimentando o formulario da web, finaliza o prazo de entrega dos artigos o 25 de marzo de 2011.

Consulta as bases, os premios, os consellos para redactar un artigo científico, simulaciones informáticas de ciencia e tecnoloxía e moitas cousas máis no Laboratorio Virtual de Ibercaja.

27/11/09

Convocado o Concurso Mellor Xornalista!

Bases VII Concurso Mejor Periodista Infantil y Juvenil de Prensa-Escuela

Anímate a participar! le as bases e pide axuda aos profesores cando o precises.