Este certame foi creado hai quince anos en homenaxe ao xornalista e escritor José Trapero Pardo. Ademais de escribir numerosos artigos e diferentes obras, Trapero Pardo foi cronista oficial de Lugo, membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e membro da Real Academia Galega. Tamén, dirixiu o Museo Provincial e foi presidente da Asociación Provincial de Amigos dos Castelos así como vocal de varios padroados, entre outras actividades.
Vai dirixido a todos os rapaces e rapazas entre 12 a 18 anos, de calquera centro público ou privado da provincia de Lugo.
Os contos deberán ser traballos inéditos, escritos en lingua galega, de tema libre, e cunha extensión máxima de 10 páxinas. Entregaranse por triplicado e escritos a máquina ou a man, con letra lexible na Concellería de Educación (C.S. Uxío Novoneyra),
R/ Quiroga Ballesteros, 1º A, 3º andar, CP 27001, Lugo. Enviaranse sen remite, e baixo lema, indicando no sobre "15º CERTAME DE CONTOS E RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO" e a categoría na que participa, nun sobre, pechado e baixo o mesmo lema, indicarase o nome, enderezo, idade, teléfono e centro onde estudia.
O prazo de presentación será ata o día 20 de novembro de 2009.
Premios:
A- CATEGORÍA DE 12 A 14 ANOS:
Haberá tres premios con diploma de participación, medalla, lote de libros e premio valorado en 200 , 100 e 60€ respectivamente para cada premio.
B- CATEGORÍA DE 15 A 18 ANOS:
Haberá tres premios con diploma de participación, medalla, lote de libros e premio valorado en 250, 150 e 100 € respectivamente para cada premio.
Bota a voar a imaxinación!