Aquí temos aos gañadores deste ano. Os premios foron entregados o pasado 9 de febreiro. O xurado felicita a todos os participantes polo seu esforzo na pescuda das cancións, cada vez máis inxeniosas e divertidas sen perder por eso o seu contido matemático
Un ano máis o gañador resultou ser Christian Toimil de 1º de BAC que presentou a canción "La cumbia matemática" interpretada por Sin Codificar-Los Wikipedia. Quedaron finalistas Silvia Blanco de 2º de E.S.O., Marta Salgado de 1º de BAC e Sara Veiga de 2º de E.S.O. Parabéns para todos.
A Biblioteca do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para buscar cancións relacionadas coas Matemáticas de acordo coas seguintes bases:
1- Os participantes deben ser alumnos do IES Xoán Montes no ano escolar 2010/2011
2- As cancións presentaranse da seguinte forma:
I) A canción grabada en CD, DVD ou indicando o enlace de internet a goear.com, youtube, etc.
II) Letra da canción en versión orixinal e traducida, se é o caso, a galego ou castelán valorarase a calidade da tradución).
III) O material que figura nos dous puntos anteriores introducirase nun sobre grande no que deberá figurar fóra o seudónimo do participante e o curso no que está (non o grupo). Dentro deste sobre grande ademáis introducirase outro sobre máis pequeno cos datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase en secretaría.
3- O prazo de admisión pecharase o 30 de xaneiro de 2011
4- O xurado estará composto polos profesores: Covadonga García-Losa Rodríguez, Mª Beatriz López Soto, Mª Teresa Vázquez Cadavide e Manuel Veiga Díaz. O fallo será inapelable e emitirase o 15 de febreiro. O xurado pode declarar o premio deserto.
5- A canción gañadora publicarase no blog da biblioteca e todas as participantes na páxina do Departamento de Matemáticas.
6- Quedan excluidas do concurso as cancións finalistas da edición anterior.
A Biblioteca do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para buscar cancións relacionadas coas Matemáticas de acordo ás seguintes bases: 1- Os participantes deben ser alumnos do IES Xoán Montes no ano escolar 2009/2010. 2- As cancións presentaranse da seguinte forma: I)A canción grabada en CD, DVD ou indicando o enlace de internet a goear.com, youtube, etc. II)Letra da canción en versión orixinal e traducida, se é o caso, a galego ou castelán. III)O material que figura nos dous puntos anteriores introducirase nun sobre grande no que deberá figurar fóra o seudónimo do participante e o curso no que está (non o grupo). Dentro deste sobre grande ademáis introducirase outro sobre máis pequeno cos datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase en secretaría. 3- O prazo de admisión pecharase o 30 de xaneiro de 2010. 4- O xurado estará composto polos profesores: Mª Beatriz López Soto, Mª Teresa Vázquez Cadavide e Manuel Veiga Díaz. O fallo será inapelable e emitirase o 15 de febreiro. O xurado pode declarar o premio deserto. 5- A canción gañadora publicarase no blog da biblioteca e todas as participantes na páxina do Departamento de Matemáticas.