Mostrando entradas con la etiqueta sustentabilidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sustentabilidade. Mostrar todas las entradas

30/11/09

II Semana da Sustentabilidade


Desde hoxe ata o 3 de decembro terán lugar na Cova da Terra interesantes actividades en pos da sustentabilidade.

Hoxe comeza esta II semana coa presenza do colectivo Ren de Ren, que realizará unha intervención co título 'A falacia da sustentabilidade'.

Mañá martes proxectarase o documental 'A vara de mediar a auga' e despois celebrarase un debate con Jorge Dafonte.

O mércores proxectarase o documental 'Return of the scorcher' con posterior debate con participantes de Masa Crítica.

E o xoves celebrarase o obradoiro 'Espazo aberto: procura de solucións colectivas para a sustentabilidade', a cargo de César Fernández, membro do Nodo Espiral da Academia de Permacultura.

Para máis información preme AQUí, onde poderás ver o interesante blog da Cova da Terra.

14/10/09

Os outros nobel


Desde 1980, a fundación Right Livelihood Award, que poderíamos traducir por premio á xusta subsistencia ou á sustentabilidade, premia a "aquelas persoas que ofrecen respostas prácticas e exemplares para os desafíos máis urxentes que afrontamos hoxe en día." Son coñecidos habitualmente como os Premios Nobel Alternativos e son entregados desde 1985 no parlamento sueco pouco antes da entrega dos Nobel.
Os premios correspondentes a este ano 2009 recaeron nas seguintes persoas:
René Ngongo, pola súa defensa da selva tropical do Congo.
Alyn Ware, polas súas actividades á favor da educación para a paz e contra as armas nucleares.
Catherine Hamlin, pola súa dedicación ás mulleres pobres de África no campo da obstetricia.
Tamén recibe un premio honorífico David Suzuki, pola súa dedicación ao uso responsable da ciencia.