30/6/11

De Bibliolhosgrandes, Sunshine Award. Grazas

A biblioteca dos Ollos Grandes outórganos o premio Sunshine Award, agradecemos a distinción, especialmente a María, da que admiramos hai tempo o seu gran traballo.

É obriga partillar o premio con outros doce blogs, avisar aos seleccionados e publicar o enderezo do seu blog, nós destacamos en especial os seguintes:

26/6/11

FESTIVAL FIN DE CURSO 2011



O venres pola mañá tivo lugar o festival de fin de curso: interpretacións musicais, coreografías, deporte e entrega de premios  de diversas actividades. Como sorpresa final visitounos Brancaneves, quen nos contou algunhas cousas da súa vida que non aparecen nos libros que temos na biblioteca.
Moitísimas grazas e parabéns para tod@s.

20/6/11

O día "E"

----O 18 de xuño de 2011 o Instituto Cervantes celebrou o Día do Español cunha choiva de palabras mundial.

----Lanzou un concurso para elixir a palabra máis fermosa do idioma español. E a gañadora foi… “Querétaro”.

----A palabra, proposta polo actor mexicano Gael García Bernal, recibiu 5.849 votos na web de entre as 33.000 votacións que se recibiron no Instituto Cervantes. Seguíronlle “Gracias”, proposta polo cantante Raphael; “Sueño”, do profesor español Luis Rojas Marcos; “Libertad”, proposta polo escritor peruano Mario Vargas Llosa; e “Jesús”, do cantautor dominicano Juan Luis Guerra.
“Compartir unha lingua que irmanda a 500 millóns de persoas é un fermoso motivo para festexar xuntos”, manifestou a directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel,
ao inaugurar a xornada na sede central de Madrid. Os actos realizados nas sedes de todo o mundo quedaron inaugurados cunha solta de globos que levaban escritas palabras como “bullicio” ou “albricias”.

----Querétaro é o nome dun estado mexicano, e aínda que non figura no dicionario da RAE, levouse a honra de ser a palabra máis fermosa do idioma español.

E a túa… cal é?
----

16/6/11

Jorge Luis Borges

A quen ler
----Se as páxinas deste libro consenten algún verso feliz, perdóeme
o lector a descortesía de habelo usurpado eu, previamente. As nosas nadas pouco difiren, -é trivial e fortuíta a circunstancia -de que sexas ti
o lector destes exercicios, e eu o seu redactor.
---------------------------------------------------J.L.B.

----Este martes conmemorouse o 25º aniversario da morte do escritor arxentino Jorge Luis Borges, un dos máis coñecidos autores da literatura do século XX. Amante da filosofía, a teoloxía, a matemática ou a mitoloxía, da súa pluma saíu unha inxente produción literaria composta por contos, poemas e ensaios.

----Do seu poemario "O outro, o mesmo" escollo a deliciosa peza 'Outro poema dos dons' e propóñovos
a súa lectura. É un poco longo (só a efectos de espazo no blog, que non porque canse a súa beleza).

----
Déixovos co seu comezo e os últimos versos:


Grazas quero dar ao divino Labirinto dos efectos e das causas
Pola diversidade das criaturas que forman este singular universo.
Pola razón, que non cesará de soñar cun plano do labirinto,

(...)
Pola linguaxe, que pode simular a sabedoría,
Polo esquecemento, que anula ou modifica o pasado.
Polo costume, que nos repite e confírmanos como un espello,
Pola mañá, que nos depara a ilusión dun principio,
Pola noite, a súa tebra e a súa astronomía,
Polo valor e a felicidade dos outros,
Pola patria, sentida nos xasmíns, ou nunha vella espada,
Por Whitman e Francisco de Asís, que xa escribiron o poema,
Polo feito de que o poema é inesgotable
E confúndese coa suma das criaturas
E non chegará xamais ao último verso
E varía segundo os homes,
Por Frances Haslam, que
pediu perdón aos seus fillos por morrer tan amodo,
Polos minutos que preceden ao soño,
Polo soño e a morte, eses dous tesouros ocultos,
Polos íntimos dons que non enumero,
Pola música, misteriosa forma do tempo.


...non se pode expresar máis dun xeito tan sinxelo.

(Podes ler aquí o poema completo)


14/6/11

13/6/11

Lecturas para o verán

Chegando xa ao remate deste curso, queremos propor algunhas lecturas para o verán entre os últimos libros recibidos... pero non son os únicos! Hai moitas máis novidades na biblioteca, e moitas delas son propostas vosas, así que seguro que vos gustan.

12/6/11

Máis nenos estudando, menos nenos traballando

En todo o mundo, e en franca violación dos dereitos da infancia, centos de miles de nenas e nenos fan traballos que os privan da educación, da saúde, do tempo de lecer e das liberdades elementais. Destes nenos, máis da metade sofren as peores formas de traballo infantil, como o traballo feito en lugares perigosos.
Organización Internacional do Traballo (OIT) estableceu o primero Día mundial contra o traballo infantil no ano 2002 como forma de poñer de relevo a gravísima situación destes nenos. Este día celébrase o 12 de xuño e ten como obxectivo exercer de catalizador do crecente movemento mundial contra o traballo infantil.

11/6/11

Para que serven os libros?

Para isto serven...


...elixide vós o formato

----E despois de mostrar a función dos libros, cómpre dicir algo sobre a función do lector... e nada mellor nin máis ilustrativo que un conto de Eduardo Galeano, titulado exactamente así.

A función do lector
----Cando Lucía Peláez era moi nena, leu unha novela ás agachadas. Leuna a cachiños, noite tras noite, agochándoa baixo a almofada. Ela roubouna na biblioteca de cedro onde o tío gardaba os seus libros preferidos.
----Moito camiñou Lucía, despois, mentres pasaban os anos. Na busca de pantasmas camiñou polos farallóns sobre o río Antioquía, e na busca de xente camiñou polas rúas das cidades violentas.
----Moito camiñou Lucía, e ao longo da súa viaxe ía sempre acompañada polos ecos dos ecos daquelas afastadas voces que ela escoitara, cos seus ollos, na infancia.
----Lucía non volveu ler ese libro. Xa non o recoñecería. Tanto lle creceu adentro que agora é outro. Agora é seu.
----

9/6/11

Despedida de Estantigas Veteranas


As Estantigas Veteranas pecharon este ano a súa actividade o luns pasado. O señor Ibrahim e o seu amigo Momo compartiron con nós uns doces á hora do recreo. Temos unha nova cita o día 22 pola tarde para achegarnos á visión cinematográfica da novela.
Fin de curso, fin da actividade lectora no club (seguiremos lendo durante o verán). Graciñas a tod@s e unha forte aperta. Ata o vindeiro curso.


7/6/11

Entre hortas e portas

O profesor do noso centro Xosé Manuel González Pérez presentou o venres pasado o seu libro "Entre hortas e portas", no que lembra como era a cidade de Lugo no espazo de tempo que vai desde os anos 60 ata os 80.
O autor lembra o Lugo dos barrios, el vivía no de San Roque, que está como di o título entre as hortas que había nos espazos sen urbanizar e as portas da muralla. No libro aparecen persoeiros e lugares da cidade que dalgunha maneira foron importantes na vida do escritor.

GAÑADORES DOS CONCURSOS DAS ADIVIÑAS 2011

ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more Este ano o escrutinio estivo moi disputado. É un pracer comprobar o ben que adiviñades. Parabéns para todos.
O gañador de "Adiviña, adiviña" é:
-Manuel Fernández Veiga de 1º de E.S.O.-A
As gañadoras de "Adiviña quen son" son:
-Beatriz Álvarez Díaz de 4º de E.S.O.-A
-Marta Salgado Castelo de 1º de BACH.-B
Moitísimas grazas a todos pola vosa participación.

Os premios entregaranse proximamente.

5/6/11

5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. O lema deste ano é: Bosques: a natureza ao seu servizo.
Os bosques cubren a terceira parte da superficie do noso planeta, é o ecosistema máis diverso bioloxicamente sobre a terra, son o fogar para máis da metade das especies terrestres e a cuarta parte da poboación mundial depende dos seus recursos.
A deforestación continuada, cada día pérdese unha superficie equivalente a 14.000 hectáreas, ten consecuencias devastadoras para o equilibrio do planeta. Co lema deste ano preténdese impulsar a conservación forestal e o desenvolvemento sostible. A conservación dos bosques ten que estar na conciencia persoal e colectiva para cambiar o noso estilo de vida.


Al olmo viejo, hendido por el rayo
y en su mitad podrido,
con las lluvias de abril y el sol de mayo
algunas hojas verdes le han salido.

¡El olmo centenario en la colina
que lame el Duero! Un musgo amarillento
le mancha la corteza blanquecina
al tronco carcomido y polvoriento.

No será, cual los álamos cantores
que guardan el camino y la ribera,
habitado de pardos ruiseñores.

Ejército de hormigas en hilera
va trepando por él, y en sus entrañas
urden sus telas grises las arañas.

Antes que te derribe, olmo del Duero,
con su hacha el leñador, y el carpintero
te convierta en melena de campana,
lanza de carro o yugo de carreta;
antes que rojo en el hogar, mañana,
ardas en alguna mísera caseta,
al borde de un camino;
antes que te descuaje un torbellino
y tronche el soplo de las sierras blancas;
antes que el río hasta la mar te empuje
por valles y barrancas,
olmo, quiero anotar en mi cartera
la gracia de tu rama verdecida.
Mi corazón espera
también, hacia la luz y hacia la vida,
otro milagro de la primavera.   
                                         Antonio Machado (1875-1939)




2/6/11

Leonard CohenPríncipe de Asturias das Letras


----Agora podía cantar, e cantou. Dixo as cousas que di quen viviu e pregúntase canto e para que; quen amou e pregúntase a quen e por que, e, tendo feito as preguntas todas atópase sen resposta, unha soa que fose. É o contrario daquel que afirmou un día que as respostas están todas por aí e que nós non temos máis que aprender a facer as preguntas.

----Con esa voz grave, que parece xurdir do fondo
dunha caverna, a sensibilidade foi sempre o motor da súa obra, e o trazo fascinante do seu cancioneiro. Como un cabaleiro da triste figura, co seu chapeu e a súa fraqueza estilística, Cohen achegou “sex-appeal” á nobre arte de compor cancións e cantalas. Desde os seus comezos mostrou un asombroso talento e arroxo para cruzar música e literatura, unha envexable capacidade para crear poemas musicados ou cancións con certeza poética.


----Os seus seguidores acoden a el para curar as feridas ou ter un fogar entre as ruínas da vida. Como o fareiro na noite escura, Cohen, íntimo e humano, alumea o camiño para os sinuosos trazos sentimentais da alma.

----Os premios Príncipe de Asturias volven recoñecer o valor da composición musical. Alí onde non soa a música monótona do anticantante Leonard Cohen. Alí onde as súas letras son literatura. Antes foi Dylan. Hoxe é Cohen. Gaña a música. Gañamos todos. Parabéns ao gardián Cohen.

----Suzanne, de 1968, é o éxito indiscutible de Cohen e a primeira canción do seu primeiro álbum “Songs of Leonard Cohen”. Enchida de profundidade literaria, con ela Cohen chegaba á música tras publicar novela e poesía. Suzanne vive xunto ao río...


1/6/11

Hoxe non é o día da lingua

Que o sexa depende de min e de ti