Mostrando entradas con la etiqueta Matemáticas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Matemáticas. Mostrar todas las entradas

26/3/11

JOHN MILNOR, PREMIO ABEL


John Milnor, matemático estadounidense da universidade novaiorquina de Stony Brook, é o gañador este ano do premio Abel de matemáticas polos seus "descubrimentos pioneiros en topoloxía, xeometría e álxebra". O premio otórgao a Academia Noruega de Ciencias e Letras e considérase o premio Nobel de matemáticas.
Para ler máis pincha aquí.

29/1/11

Exposición "Unha mirada matemática"

Esta semana e a vindeira está instalada no corredor de entrada do instituto a exposición fotogrática "Unha mirada matemática" con fotos da profesora Nieves Díaz Fernández. A autora móstranos "como a natureza, arquitectura e obxectos cotidiáns, están impregnados de caprichosas formas xeométricas que lles confiren unha indiscutible e particular beleza. Nada escapa a esa mirada matemática".
A exposición chega a nós por xentileza do IES Porta da Auga de Ribadeo. Moitas grazas por compartila con todos nós.

21/12/10

"MATEMÁTICAS HOXE"


O profesor D. Juan Manuel Viaño Rey, catedrático de Matemática Aplicada na U.S.C., impartiu hoxe unha conferencia no noso centro á que asistiron os alumnos de 4º de E.S.O. e bacharelato. Nela aprendemos as moitas utilidades dos coñecementos matemáticos e as súas aplicacións en aspectos moi descoñecidos para a maioría da xente, como pode ser a resolución de problemas de medio ambiente, deseño de procesos industriais, predicións meteorolóxicas, formulación de modelos económicos e enterámonos que incluso os implantes dentais teñen que ver coas matemáticas.
Tamén resaltou o pouco visibles que son na nosa sociedade os matemáticos e os científicos en xeral, comparando a súa popularidade con personalidades destacadas do mundo da literatura, arte e deporte.
Foi unha conferencia amena, instructiva e sorprendente no seu contido para a maioría dos que estabamos alí.
Queremos manifestar o noso agradecemento, en particular da Vicedirección do centro e do Departamento de matemáticas, ao profesor Viaño pola súa deferencia ao vir ao noso instituto de xeito totalmente desinteresado.


13/6/10

AO FINAL NON FOI


O matemático ruso Grigori Perelman, que no mes de marzo pasado gañou o premio do Instituto Clay de Matemáticas dotado dun millón de dólares por resolver a conxectura de Poincaré, non acudiu o pasado martes día 8 de xuño a recoller o premio en París. A cerimonia de entrega desenvolveuse no Instituto Oceanográfico de París, pero nada se soubo do científico ruso. Pese á súa ausencia, si se lle tributou unha homenaxe por parte dos matemáticos alí reunidos, que sinalaron que a súa obra marca a fin dunha época e o comenzo de outra.
O matemático séguese negando a tratar coa prensa e a intervir en público. Asegura que se retirou das matemáticas para non converterse nun "mono de feira", e segundo un dos seus mellores amigos está traballando duramente noutro desafío, a demostración matemática da existencia de Deus.

26/3/10

JOHN TERRENCE TATE, PREMIO ABEL



A Academia das Ciencias e das Letras de Noruega acaba de distinguir a John Terrence Tate co premio Abel, considerado como ó Nobel das Matemáticas, polos seus traballos en teoría de números.

O premio foi establecido polo Parlamento Noruego no ano 2002. Un comité composto por cinco matemáticos de recoñecido prestixio internacional seleccionan ao gañador de cada ano.

A teoría de números é a rama das matemáticas que estuda as propiedades dos números enteiros e conta cun certo número de problemas (Conxetura de Golbach, Conxetura dos números primos..) que son fácilmente comprensibles para os non matemáticos. Divídese en dúas ramas pricipais: na teoría de números elementais estúdanse os números enteiros sen empregar técnicas doutros campos das matemáticas e na teoría de números alxebraicos o concepto de número esténdese para incluir os números alxebraicos que xorden como raíces de polinomios con coeficientes racionais.

22/3/10

O MATEMÁTICO PERELMAN GAÑA O PREMIO DO MILENIO




Si, xa sei o estades pensando ao ver a cara que ten. O seu físico e a súa forma de actuar cadra moi ben co estereotipo de xenio tolo, pero estades ante o que pode considerarse como un dos matemáticos máis importante do mundo. Hai uns anos resolveu a Conxetura de Poincaré, que fora proposta no ano 1900 no Congreso Internacional de París, polo que no ano 2006 se lle concedeu a Medalla Fields, que é o Nobel para matemáticos menores de 40 anos. Non acudiu a recoller o premio no congreso que se celebrou en Madrid.



Ahora o Instituto Clay, con sede en Estados Unidos, concedeulle o seu primeiro galardón Problema do Milenio dotado cun millón de dólares. Ninguén sabe se aceptará o premio porque dende o ano 2006 rexeita o contacto cos seus colegas e crese que abandonou totalmente as matemáticas.


Para saber máis pincha aquí

15/3/10

Escher e Matemáticas




Durante os próximos días estará instalada no corredor da planta baixa e na aula 20 a exposición interactiva Escher e Matemáticas (Diálogo entre ciencia e arte).
O conxunto da actividade reúne unha pluralidade de formatos: actividades manipulativas, actividades informativas e de guía para a interpretación das obras de Escher, actividades de observación interactiva e actividades de interpretación.


5/2/10

Nova entrega do boletín

Acaba de publicarse o segundo número de información bibliográfica da biblioteca. Presentamos catro libros para lectores que non aman as matemáticas. Disfrutarás da súa lectura.



12/11/09

Matemáticas na música

A biblioteca do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para buscar cancións relacionadas coas matemáticas. Próximamente publicaranse as bases do concurso, pero para que vaiades vendo aquí tedes unha mostra.



24/6/09

Estás perdido con "Perdidos"?


Se eres seguidor da serie "Perdidos" e estás tan perdido como os seus protagonistas con tanta viaxe no tempo e no espacio pode que aquí atopes algunha explicación as túas dúbidas . Neste documental da serie "O universo elegante" no que explica a " Teoría de cordas" podes encontrar o fundamento científico da serie.

Teoría de cordas

4/6/09

Mario Benedetti e as Matemáticas

Karl Weierstrass dixo: "Un matemático que non é tamén algo poeta nunca será un matemático completo". Os poetas tamén utilizan as matemáticas como tema na súa obra, como no caso de Mario Benedetti recentemente falecido.


El Infinito


De un tiempo a esta parte
el infinito
se ha encogido
peligrosamente.
Quién iba a suponer
que segundo a segundo
cada migaja
de su pan sin límites
iba así a despeñarse
como canto rodado
en el abismo.


22/5/09

GAÑADORES EN MATEMÁTICAS NA RÚA 2009


O departamento de Matemáticas felicita a todo o alumnado que participou na actividade, en especial ao equipo QUIMANÚMEROS, que acadou o segundo premio na súa categoría. Proximamente publicaremos as fotos dese día. Ídevos preparando para o próximo ano.