O Concello de Lugo convoca o II Certame de Narrativa Xuvenil "Entre Iguais". Poden participar rapazas e rapaces con idades entre os 12 e os 18 anos, sendo o prazo de presentación de traballos ata o 28 de febreiro de 2011. Se estás interesado en participar, podes consultar o texto completo das bases do certame.
Mostrando entradas con la etiqueta Certame. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Certame. Mostrar todas las entradas
16/4/10
Certame de Narrativa e de Poesía
Con motivo da celebración da Festa das Letras, o Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Xoán Montes convoca un CERTAME DE NARRATIVA, rexido polas seguintes BASESPrimeira. Poderán participar todos os alumnos deste centro.
Segunda. Os relatos terán que ser orixinais e inéditos. Sobre tema libre, irán redactados integramente en lingua galega.
Terceira. Terán unha extensión de entre dúas e cinco páxinas, formato A4, mecanografiadas, con letra Times New Roman en corpo 12 e cun interliñado de 1’5.
Cuarta. Cada participante non poderá presentar máis de dous relatos, por separado.
Quinta. Os traballos entregaranse antes do día 4 de maio, martes, ata as 14:30, na Secretaría do Instituto. Cada traballo irá dentro dun sobre grande, en cuxo exterior figurará, ben visible, un lema ou pseudónimo, que en ningún caso coincidirá con nome ou apelidos do autor. No interior deste sobre grande, a máis do relato que se presenta a concurso irá tamén un sobre pequeno, en cuxa parte exterior consignarase así mesmo o lema ou pseudónimo antes aludido ; no interior deste sobre pequeno irá unha folla cos datos do autor: nome, apelidos, curso e grupo.
Sexta. Establécense tres categorías: Primeiro Ciclo da ESO, Segundo Ciclo da ESO e BAC. En cada categoría poderán adxudicarse dous premios. Estes consistirán en vales por un importe económico utilizable para adquirir libros, material escolar e funxible ou instrumentos de debuxo e pintura.
Sétima. O fallo do Xurado será inapelable. A presentación ao Certame presupón a aceptación plena das presentes Bases.
O CERTAME DE POESÍA, réxese polas mesmas BASES que o anterior agás no seguinte:
Segunda. Os textos terán que ser orixinais, inéditos e en lingua galega.
Terceira. Cada participante non poderá presentar máis de dous poemas, por separado.
Anímate e participa!
Etiquetas:
Certame,
Día do libro
22/12/09
Parabéns á nosa compañeira Ilda!

Non queremos deixar que remate o ano sen felicitar a unha profesora do instituto que participou nun Certame convocado pola Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, é o Certame Galego de Creadores Novos, Gzcrea 2009, na especialidade de relato breve. O 15 de decembro tivo lugar no Salón Teatro de Santiago a entrega de premios e Ilda Luaces Torre obtivo o 3º premio pola obra “Boca de pedra que lambes o mar”
E que estupenda ocasión a das vacacións de nadal para ler este relato, e se cadra tamén os outros premiados, pinchade AQUÍ para poder descargalos.
E que estupenda ocasión a das vacacións de nadal para ler este relato, e se cadra tamén os outros premiados, pinchade AQUÍ para poder descargalos.
30/9/09
15º “CERTAME DE CONTOS E RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO” CONCELLO DE LUGO

Este certame foi creado hai quince anos en homenaxe ao xornalista e escritor José Trapero Pardo. Ademais de escribir numerosos artigos e diferentes obras, Trapero Pardo foi cronista oficial de Lugo, membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e membro da Real Academia Galega. Tamén, dirixiu o Museo Provincial e foi presidente da Asociación Provincial de Amigos dos Castelos así como vocal de varios padroados, entre outras actividades.
Vai dirixido a todos os rapaces e rapazas entre 12 a 18 anos, de calquera centro público ou privado da provincia de Lugo.
Os contos deberán ser traballos inéditos, escritos en lingua galega, de tema libre, e cunha extensión máxima de 10 páxinas. Entregaranse por triplicado e escritos a máquina ou a man, con letra lexible na Concellería de Educación (C.S. Uxío Novoneyra),
R/ Quiroga Ballesteros, 1º A, 3º andar, CP 27001, Lugo. Enviaranse sen remite, e baixo lema, indicando no sobre "15º CERTAME DE CONTOS E RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO" e a categoría na que participa, nun sobre, pechado e baixo o mesmo lema, indicarase o nome, enderezo, idade, teléfono e centro onde estudia.
O prazo de presentación será ata o día 20 de novembro de 2009.
Premios:
A- CATEGORÍA DE 12 A 14 ANOS:
Haberá tres premios con diploma de participación, medalla, lote de libros e premio valorado en 200 , 100 e 60€ respectivamente para cada premio.
B- CATEGORÍA DE 15 A 18 ANOS:
Haberá tres premios con diploma de participación, medalla, lote de libros e premio valorado en 250, 150 e 100 € respectivamente para cada premio.
Bota a voar a imaxinación!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
