Todos os poemas recollidos aquí foron escritos en moi distintas épocas, aínda que todos eles expresan un mesmo sentimento universal e intemporal: o amor. Cando os lemos podemos compartir a emoción que sentiron os que os escribiron... e incluso esa máxica ilusión de ser os seus exclusivos destinatarios, cando non os seus propios autores.
A selección foi feita por todos os profesores que estamos no equipo da biblioteca, esperamos que a escolma fose un acerto e que vos gusten.
A partir do xoves estarán impresos en papel no punto de lectura. Escollede os que vos gusten e introducídeos nun sobre co nome e curso das persoas a quen queredes agasallar, logo deixade o sobre no buzón. Desde a biblioteca faremos que cheguen aos seus destinatarios a partir do día 14 de febreiro.