5/11/09

Segundo Encontro de Mulleres Rurais Emprendedoras e exposición do seu traballo


Representantes do Concello e do Centro de Artesanía e Deseño, xunto coa presidenta de FADEMURA, Rosa Arcos, presentaron esta mañá o Segundo Encontro de Mulleres Rurais Emprendedoras que terá lugar o vindeiro sábado 7 de novembro e o domingo 8 nunha carpa situada na Praza de Anxo Fernández Gómez.

A Concelleira de Muller e Benestar Social explicou que este encontro se engloba no programa de actos organizado polo Concello con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, que se celebra o vindeiro 26 de novembro.O obxectivo deste encontro é facer visible o papel das mulleres no eido do rural, e continuar traballando pola igualdade. Inténtase poñer en valor as actividades singulares que contribúen a crear un tecido económico no eido do rural de todas as zonas de Galicia.

Poderase disfrutar da presentación, información, exposición, degustación e venda de productos de toda Galicia elaborados, pilotados e dirixidos por mulleres. Haberá arredor de 20 expositoras, 12 delas da provincia de Lugo, que presentarán ao público as súas produccións ao longo de toda a xornada. Haberá produtos de alfarería, zoquería, derivados de produtos silvestres, bolillos, cerámica, xoiería, talla de madeira, licores, conservas, bordados, cerámica, decoración en coiro, deseño de traxe tradicional galego, tear tradicional, cestería, xabróns, etc.

A mostra estará aberta ao público o sábado de 11.00 a 20.30 horas e o domingo de 10.00 a 18.00 h

No hay comentarios: