Ímonos con sabor agridoce. Despois de máis de dous anos traballando no blog e na biblioteca, con inconmensurables doses de ilusión, chegamos a un punto no que hai unha barreira que non podemos superar.
Agradecemos moitísimo a colaboración das persoas que creron, como nós, no proxecto, e especialmente amosamos o noso agradecemento aos alumnos que participaron con entusiasmo nas actividades, nos clubs de lectura... ou simplemente devolvendo o sorriso cando se achegaban á biblioteca.
Por todas estas persoas e a satisfacción recibida, tamén polo motivador e inesquecible traballo en equipo que levamos a cabo, son as bágoas que enturbian o noso sorriso, o sorriso da muralla.
Por todas estas persoas e a satisfacción recibida, tamén polo motivador e inesquecible traballo en equipo que levamos a cabo, son as bágoas que enturbian o noso sorriso, o sorriso da muralla.
Quen sabe se quizáis algún día poderá volver a lucir...
Agora non podemos máis que, poñendo a man no corazón e levando os dedos aos beizos, dedicarvos un último sorriso.
Grazas, felices vacacións e felices lecturas a todos. Ata sempre.
4 comentarios:
Botarémovos moito de menos, o voso entusiasmo, a vosa alegría contaxiosa, os artigos e un xeito de presentar a información tan especial que nos arrincaba esa sorrisa desde moi lonxe, desde a ría de Ferrolterra.
Unha aperta moi forte e pensade que pese aos malos momentos chegáchedes aos vosos alumnos, que son, ao fín, para quen traballamos todos os docentes... o case todos.
Ata pronto.
¿Dónde perdurará TODO vuestro entusiasmo, vuestra alegría, vuestro trabajo, vuestra ilusión...?
No os preocupéis...TODO eso quedará atesorado en nuestra sonrisa y en nuestro corazón.
NUNCA os olvidaremos, muchas GRACIAS.
O curso pecha, a biblioteca dorme, o blog (ai, o blog!) esmorece… pero o voso sorriso segue connosco, alumeando e guiando; ese sorriso que vós espallastes con tanta xenerosidade por todos os recunchos do instituto. Os compañeiros que tivemos a gran sorte de recollelo agradecémosvolo… os alumnos hánvolo recoñecer.
Veña…
Vémonos, Lémonos, ¡¡SORRÍMONOS!!
Espero que este adeus non signifique máis que un atalogo. Quérovos agradecer as multiples actividades que propuxestes ao longo destes anos que con gran soberbia podedes estar orgullosos delas. Xa que fixeron que pasaramos un momento agradable e entretido con elas e poideramos esquecer por un momento as dores de cabeza que as clases nos causan. :)
Reitérome, espero que sexa un atalogo ainda que para min será posiblemente un adeus porque non espero estar aqui dentro de dous cursos. Sodes os mellores. Outro sorriso para vos.
Publicar un comentario