Mostrando entradas con la etiqueta blogs. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta blogs. Mostrar todas las entradas

31/8/10

31 de agosto: o día dos blogs


Xa é o quinto ano que se celebra esta data como un xeito de estender o coñecemento de distintos blogs de todo o mundo. A elección da data ten que ver coa similitude gráfica da palabra Blog e a data 3108, que se pode apreciar mellor se a escribimos como na imaxe.
Para lograr o obxectivo de estender o coñecemento blogueiro, a organización propón que cada blog faga unha anotación recomendando cinco blogs doutros países ou áreas de interese... e esta é a nosa proposta, por orde alfabética:

espaciodelainnovacion: os autores deste blog están entusiasmados coa creatividade, a innovación e as novas tecnoloxías.
estrolabio: blog cultural con un bon número de colaboradores e dunha temática variada.
placasridiculas: blog humorístico brasileiro que ofrece fotografías de sinais xocosos.
quequedequenoconte: xa sei que os organizadores propoñen blogs doutros países ou doutras áreas de interese, e que este blog é galego e realizado por docentes, mais ás veces teño a impresión de que o mundo rural galego queda tan afastado de nós como Papúa Nova Guinea, daí que recomende este blog que pretende tecer redes de ideas na defensa e testemuña do mundo rural galego.
silentowl: desde un punto de vista amplo, este blog ten que ver co folklore irlandés. Nel podemos atopar historias e lendas relacionadas coa illa.

Agardo que estes blogs vos gusten ou que vos leven a outros lugares do voso interese.

8/12/09

Xornadas de redes sociais e blogs en Lugo


A I Xornada de Redes Sociais e Blogs do Concello de Lugo terá lugar o vindeiro venres 11 de decembro no Centro de Empresas e Innovación.

A través de conferencias, unha mesa redonda, un obradoiro práctico e un acto de ocio perséguense fundamentalmente os seguintes obxectivos:

- Dar a coñecer o fenómeno blog e as webs participativas ao conxunto da sociedade.
- Fomentar a súa utilización en empresas, organizacións e institucións.
- Facilitar o primeiro encontro lucense entre autores de blogs coñecidos e redes sociais dando a coñecer esta forma de socialización.
- Reflexionar sobre os modelos de negocio en torno á Web 2.0 e dar a coñecer a capacidade emprendedora que se desenvolve na blogosfera.
Para inscribirte (é gratuito) e obter máis información pincha na imaxe.