Mostrando entradas con la etiqueta Internet. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Internet. Mostrar todas las entradas

15/10/10

Concurso "Reporteiros na rede"

A Obra Social de Ibercaja, interesada no desenvolvemento do coñecemento a través de programas sociais que contribúan á transformación da sociedade, convoca o 11° Concurso Reporteiros na rede -Xornalismo científico online- de ámbito nacional, co fin de fomentar o interese dos estudantes pola ciencia e a tecnoloxía.
Poderán participar todos os estudantes de centros educativos españois (sendo a idade límite 20 anos) ben individualmente ou en grupo de dous alumnos e coordinados por un profesor.
Os participantes realizarán un artigo de divulgación científica sobre un tema de actualidade e utilizando exclusivamente a información dispoñible en Internet.

Con motivo do Ano Internacional da Química, valoraranse de xeito especial aqueles artigos que traten a química como unha ciencia creativa esencial para mellorar a sustentabilidade dos nosos modos de vida e para resolver os problemas globais e esenciais da Humanidade, como a alimentación, a auga, a saúde, a enerxía ou o transporte.
O artigo, de redacción orixinal do alumno e inédito, non poderá exceder as mil cincocentas palabras e irá acompañado dunha listaxe das fontes de información consultadas.
A inscripción é do 4 de outubro de 2010 ao 29 de xaneiro de 2011 cumprimentando o formulario da web, finaliza o prazo de entrega dos artigos o 25 de marzo de 2011.

Consulta as bases, os premios, os consellos para redactar un artigo científico, simulaciones informáticas de ciencia e tecnoloxía e moitas cousas máis no Laboratorio Virtual de Ibercaja.

2/11/09

Unha ciberoteca escolar chea de recursos


Neste sitio accederás a ciberoteca escolar, onde poderás atopar todo tipo de recursos para os estudios e para o teu tempo de ocio. Percorre os diversos apartados e descobre todo o que pode ofrecerche a rede: libros virtuais, para que poidas descargalos e gardalos no teu ordenador, enlaces co mellor de Internet (idiomas, mapas, xogos, música, os teus personaxes favoritos, etc. ), consellos para coidar o medio ambiente, son os cadernos editados pola Fundación Bancaja, e moitísimas cousas máis...

Por suposto que este recurso o enlazaremos no apartado de lectura da parte esquerda do blog.


28/10/09

E no cotián... a poesía: Antonio Gamoneda


Eliximos para esta semana a obra do poeta asturiano Antonio Gamoneda. Ao mesmo tempo, queremos presentar o portal a media voz, onde podemos disfrutar da lectura da poesía ou escoitar aos propios poetas recitar os seus versos. A maior parte da poesía presente no portal está escrita orixinalmente en castelán, pero tamén conta cun apartado de traducións.

Sábado:

1. El animal que llora, ése estuvo en tu alma antes de ser amarillo;

el animal que lame las heridas blancas,

ése está ciego en la misericordia;

el que duerme en la luz y es miserable,

ése agoniza en el relámpago.


La mujer cuyo corazón es azul y te alimenta sin descanso,

ésa es tu madre dentro de la ira;

la mujer que no olvida y está desnuda en el silencio,

ésa fue música en tus ojos.


Vértigo en la quietud: en los espejos entran sustancias

corporales y arden palomas. Tú dibujas juicios y tempestades

y lamentos.


Así es la luz de la vejez, así

la aparición de las heridas blancas.

* * *

2. Estoy desnudo ante el agua inmóvil. He dejado mi ropa en el

silencio de las últimas ramas.

Esto era el destino:

llegar al borde y tener miedo de la quietud del agua.


25/6/09

Lectura para o verán: El código 2.0


Non, non, non se trata da segunda nin da terceira parte do código da Vinci. O título fai referencia á estrutura actual de internet. O autor, Lawrence Lessig, catedrático de dereito en Stanford e presidente de Creative Commons, cuestiona a liberdade da internet. É posible que camiñemos cara unha internet completamente regulada onde sexa cada vez máis difícil exercer a liberdade de expresión? Para aquelas persoas interesadas nas novas tecnoloxías, un libro que vale a pena ler. Orixinalmente publicado en inglés por Basic Books (Cambridge) en 2006 baixo o título The Code Version 2.0, foi recentemente traducido ao castelán e publicado por Traficantes de sueños.

5/6/09

Parabéns, emprendedores!


Os emprendedores deste centro non deixan de darnos gratas novas, que non sorpresas, pois non esperábamos menos deles. A nova desta semana é que David, Alexandre, Amparo, Alejandra, José Luís, Silvia, Borja D., Laura, Tamara, Zhenya, Omar, Raquel, Alejandro, Borja M., Saúl, Úrsula, Francisco, Sheila, Ainara, Marcelo, Samuel e Beatriz López Soto, a súa profesora, son finalistas do concurso de blogs que organiza o xornal "La Voz de Galicia" dentro do seu programa "prensa-escuela".
Co blog premiado non só amosan a súa grande iniciativa emprendedora senón que ensinan como con pequenas aportacións se pode realizar un gran traballo colectivo. Tamén mostran como se poden integrar as novas tecnoloxías, dun xeito enriquecedor, no proceso de ensino-aprendizaxe. Parabéns a todas e todos, ánimo e continuade na mesma liña!

13/5/09

Feliz día da internet

A celebración o 17 de maio do día da internet xorde por iniciativa da Asociación de Usuarios de Internet (AUI) á que posteriormente se suman outras organizacións, que conforman o Comité de Impulso, e que invitan a toda a sociedade a que promovan actividades e eventos con motivo desta conmemoración.
O obxectivo non é outro que o de difundir e promover o uso de Internet en toda a Sociedade e conseguir que Internet sexa cada vez máis accesible para as persoas que teñen algunha discapacidade.

EN LUGO hai unha serie de actividades organizadas pola concellería de Servicios Xerais:
O 14 de maio de 2009 celébrase o día da internet na Praza de Abastos de Lugo. De 10:00 a 20:00 hs.

OBRADOIROS:
Facebook: os usuarios crearán unha conta e aprenderán o uso desta ferramenta (subir fotos, realizar comentarios, xogos, test...).
YouTube: os usuarios gravarán un vídeo e aprenderán a subilo.
Skype: creación dunha conta para que despois podan empregar un servizo de mensaxería.
Google: creación dunha conta de correo electrónico en Gmail e ver todas as posibilidades que ofrece este buscador.

ACTIVIDADES PARALELAS:
Exposición titulada A Historia de Internet e espazo de ocio equipado con Wii.

SE PARTICIPAS... ENTRARÁS NO SORTEO DUN ORDENADOR

Para máis información entra no enlace http://euconecto.org/

Ademais, se entras en http://maisinternetmaisgalego.org/ podes gañar unha memoria USB.