30/11/09

II Semana da Sustentabilidade


Desde hoxe ata o 3 de decembro terán lugar na Cova da Terra interesantes actividades en pos da sustentabilidade.

Hoxe comeza esta II semana coa presenza do colectivo Ren de Ren, que realizará unha intervención co título 'A falacia da sustentabilidade'.

Mañá martes proxectarase o documental 'A vara de mediar a auga' e despois celebrarase un debate con Jorge Dafonte.

O mércores proxectarase o documental 'Return of the scorcher' con posterior debate con participantes de Masa Crítica.

E o xoves celebrarase o obradoiro 'Espazo aberto: procura de solucións colectivas para a sustentabilidade', a cargo de César Fernández, membro do Nodo Espiral da Academia de Permacultura.

Para máis información preme AQUí, onde poderás ver o interesante blog da Cova da Terra.

27/11/09

Convocado o Concurso Mellor Xornalista!

Bases VII Concurso Mejor Periodista Infantil y Juvenil de Prensa-Escuela

Anímate a participar! le as bases e pide axuda aos profesores cando o precises.

26/11/09

Becas High School para estudantes de 4º de ESO




A Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Fundación Amancio Ortega, no seu afán por mellorar o ensino e o nivel de preparación dos novos estudantes de Galicia, decidiron de común acordo elaborar un programa de bolsas para aqueles alumnos que desexen cursar un Ano Académico nun instituto de ensino público, High School, de Estados Unidos.

@s alumn@s que desexen participar no programa de Bolsas deberán ser alumn@s de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) nun Centro de Ensino en Galicia e ter, como mínimo, unha media académica de 7,5 puntos no curso escolar anterior á solicitude, certificado polo Centro de Ensino, e a cualificación da materia de inglés dese curso (3º de ESO) deberá ser como mínimo de 7 puntos.

Pincha na imaxe para obter máis información.

25/11/09

E no cotián... a poesía: Xela Arias (1962-2003)


Propoñemos hoxe a poesía desta autora, nada en Lugo, mais residente en Vigo. O poema escollido pertence ao libro Darío a diario, publicado en 1996.


Nin coa mísera desculpa de che mellora-la vida
escoitarás de min xamais
unha mentira.

Se aborrezo tal estilo, a túa nobreza
—e penosa che ha ser por veces—
ampárate solidario do humano.

Guerreiro forte da envexa afasta
de ti os mesquiños de espírito,
                                           cariño

24/11/09

25 de Novembro: Día contra a Violencia de Xénero

Os mozos teñen dificultades para identificar as agresións machistas, pensan que iso so lles pasa a mulleres casadas maiores. Non se dan conta de que pódelle pasar a calquera compañeira de clase, a unha veciña a que conoce de toda a vida e tamen a súa irmá.

As estatísticas demostran que o maltrato afecta de maneira sobresainte á xuventude, xa que:

_O 26% das mulleres asasinadas este ano tiña menos de 30 anos.

_O 18% dos mozos cren que o home agresivo é máis atractivo.

_So o 2.5% cre que a violencia de xénero é un problema grave.

_En España 800.000 nenos conviven diariamente con situacións de violencia.

Por tanto, neste día de celebración sería importante pararse a reflexionar sobre as causas das agresións, aprender a detectalas e saber onde acudir a pedir axuda antes de que a situación non teña remedio.



Estás segur@ en internet?



21/11/09

21 de novembro: Día Mundial da Televisión


Como? ...pero é que hai algún día sen televisión? Hai, hai, pero é o día 10 de maio, así xa nos ocuparemos del noutro momento.

A celebración de hoxe ten que ver co aniversario do primeiro Foro Mundial da Televisión, que tivo lugar en 1996. O obxectivo que perseguen as Nacións Unidas con este día, segundo a resolución aprobada o 17 de decembro de 1996, é o de promover o intercambio de programas de televisión que falen, entre outros temas, de paz, de seguridade, de desenvolvemento económico e social e fomenten o intercambio cultural.
Mais é realmente necesario un día da televisión? Non todos os países estiveron de acordo na súa proclamación. A delegación alemana, por exemplo, opinaba que era semellante a proclamar un Día Mundial dos Ricos. Supoñemos que todo depende de como se enfoque a celebración. Poderíamos, por exemplo, aproveitar para aprender algo máis sobre a televisión.



19/11/09

Participación de dous equipos do Instituto en TIC- TAC!



TIC-TAC! é un proxecto de FEUGA e Tecnópole que trata de fomentar o espíritu emprendedor de estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos, dándolles formación e apoio para que simulen a creación da súa propia empresa a partir das súas ideas innovadoras. Este ano foi a primeira edición, e o noso Instituto participou con dous equipos formados por o alumnado de Tecnoloxía de 4º da ESO, liderados por o seu profesor Gerardo Baamonde, e coa colaboración de Beatriz López. Dos 13 equipos que ao final expuxeron os seus proxectos houbo catro que resultaron premiados, e un deles era tamén dos nosos.
Christian Toimil, Alba Mourelos, Marco Gugliandolo, Marta González, Alejandro Boado, Pablo Vega, Aitor Baamonde, Omar Leonel Díaz, Andrea Vázquez e Andrés Armesto.
Parabéns a todos!

17/11/09

E no cotián... a poesía: David Avidán (1934-1995)

David Avidán é un poeta israelí que cultivou tamén o cine, a pintura e o xornalismo. É coñecido como o enfant terrible da literatura hebrea moderna. Durante os anos cincuenta formou parte do grupo Liqra’t (preposición que significa enfrente de, ao encontro de, contra...), grupo do que se distanciou posteriormente con unha poesía moi persoal. Quizá haxa centos de poemas mellores que o que ofrecemos hoxe, mais non puidemos resistir a tentación de publicar a súa Humilde contribución á teoría poética:


Poesía é algo

que defino que é poesía

despois de que o escribo

como poesía ou como nonpoesía

mais publico como poesía


e agora definide vós de novo queépoesía

O alumnado do IES Xoán Montes gaña no II Concurso Galego de Robótica en Santiago

Os nosos alumnos e alumnas de 1º de BAC acadaron o 1º posto e empataron con mención especial no 3º posto na Maxia da Robótica. Tamén os alumnos de 4º de ESO conseguiron mención especial. ¡Parabéns aos nosos campións!

20 de Novembro--Día Universal do Neno

O 20 de novembro celébrase o Día Universal da Infancia. Nesta data debemos lembrar que un neno é unha persoa que ten dereito a ser educado e protexido onde queira que nacera. E ademáis ten derito a divertirse a aprender e a expresarse. Todos os nenos teñen dereito a ir a escola, recibir cuidados e ser alimentados para garantir o seu desenvolvemento en todos os aspectos.
A Declaración de Dereitos do Neno foi aprobada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989




13/11/09

Nace o Club de Lectura


Queres comezar novas aventuras?

Tes un montón de amigos esperando.

Soña

imaxina

emociónate

explora

aprende

vive

voa

le...

PARTICIPA!

12/11/09

Matemáticas na música

A biblioteca do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para buscar cancións relacionadas coas matemáticas. Próximamente publicaranse as bases do concurso, pero para que vaiades vendo aquí tedes unha mostra.



11/11/09


Neste ano Europeo da Creatividade e a Innovación, o mundo da ciencia e a innovación desexa achegarse a ti con motivo da Semana da Ciencia, o maior evento de comunicación social da ciencia e a tecnoloxía que se celebra en España.

O Ministerio de Ciencia e Innovación, consciente da necesidade de crear unha contorna social máis proclive á ciencia e a innovación, apoia e coordina a nivel estatal, a travès da FECYT, as actividades que se organizan en todo o territorio español.

Este ano, ademais, unímonos ás dúas conmemoracións científicas do 2009, o Ano Internacional da Astronomía e o Ano Darwin. A astronomía e a teoría da evolución convértense nas protagonistas desta edición; disciplinas científicas que nos permitiron coñecer aspectos crave da nosa existencia, grazas ás ideas revolucionarias de científicos como Galileo Galilei e Charles Darwin.

Uns días ao ano dedicados á ciencia:
Semana da Ciencia, a ciencia ao alcance da túa man.

En Lugo tes a oportunidade de participar en INITIA, que é un programa de iniciación dos estudantes na actividade investigadora realizado en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os participantes pasan a ser un membro máis do equipo de investigación traballando nun proxecto e tutorados por profesores e investigadores nas distintas disciplinas do Campus de Lugo, ciencias experimentais, ciencias sociais e humanidades. O programa ofrece unha oportunidade aos estudantes que demostran bos resultados académicos e capacidade de superación. Deste xeito coñecen o proceso de investigación científica, aprendendo técnicas, métodos e conceptos así como manexo de equipos.
- Páxina web: http://www.xente.mundo-r.com/science/sigma/initia.html
- Data inicio: 01/11/2009 Data fin: 30/11/2009 Horas: 16h a 20h
- Tipo de actividade: Xornadas de portas abertas e visitas guiadas
- Tema da actividade: Divulgación científica e tecnolóxica
- Dirixida a: Estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

10/11/09

Sesame Street 40 anos educando

El Barrio Sésamo original cumple 40 años




Empezaron hai catro décadas en Estados Unidos e pronto se converteron nun fenómeno global que axudou á educación de millóns de nenos a través de xogos e música.
A súa misión principal era ensinar, pero tamén se preocuparon por inculcar a tolerancia e o respecto aos demais.
Felicidades!

9/11/09

20 anos da caída do Muro de Berlín





O Muro de Berlín caeu na noite do xoves, 9 de novembro de 1989, ao venres, 10 de novembro de 1989, 28 anos máis tarde da súa construción.


5/11/09

Exposición e Obradoiro de adornos


EXPOSICIÓN: Lázare. Memorias 1994-2009
É unha mostra de pintura e debuxo dun creador lucense, Jesús López Lázare.
A Inauguración foi hoxe, 5 de novembro, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo), e estará aberta ata o 30 de decembro.
A entrada é gratuíta e no horario seguinte:
Luns a venres: De 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 h. e 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: de 11 a 14 h.

Tamén facémonos eco doutra actividade interesante:
O MUSEO INVÍTATE AO OBRADOIRO...: Adornos para agradar, para gustar
O sábado, 7 de novembro de 2009, ás 12:30 horas, o MPL invítate a ti e a toda a túa familia ao obradoiro "ADORNOS PARA AGRADAR, PARA GUSTAR", por Laura Fernández Morán.

Segundo Encontro de Mulleres Rurais Emprendedoras e exposición do seu traballo


Representantes do Concello e do Centro de Artesanía e Deseño, xunto coa presidenta de FADEMURA, Rosa Arcos, presentaron esta mañá o Segundo Encontro de Mulleres Rurais Emprendedoras que terá lugar o vindeiro sábado 7 de novembro e o domingo 8 nunha carpa situada na Praza de Anxo Fernández Gómez.

A Concelleira de Muller e Benestar Social explicou que este encontro se engloba no programa de actos organizado polo Concello con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, que se celebra o vindeiro 26 de novembro.O obxectivo deste encontro é facer visible o papel das mulleres no eido do rural, e continuar traballando pola igualdade. Inténtase poñer en valor as actividades singulares que contribúen a crear un tecido económico no eido do rural de todas as zonas de Galicia.

Poderase disfrutar da presentación, información, exposición, degustación e venda de productos de toda Galicia elaborados, pilotados e dirixidos por mulleres. Haberá arredor de 20 expositoras, 12 delas da provincia de Lugo, que presentarán ao público as súas produccións ao longo de toda a xornada. Haberá produtos de alfarería, zoquería, derivados de produtos silvestres, bolillos, cerámica, xoiería, talla de madeira, licores, conservas, bordados, cerámica, decoración en coiro, deseño de traxe tradicional galego, tear tradicional, cestería, xabróns, etc.

A mostra estará aberta ao público o sábado de 11.00 a 20.30 horas e o domingo de 10.00 a 18.00 h

3/11/09

Cincenta noutro conto



“Este cuento está dedicado
a todas las mujeres valientes
que quieren cambiar su vida
y a todas aquellas que la perdieron
y nos iluminan desde el Cielo”

Nunila López e Myriam Cameros

Sitio oficial: La cenicienta que no quería comer perdices
Blogs das autoras: Nunila y Myriam Cameros
Máis información de como mercalo e da saída da 2º edición no blog das autoras

Recibín hai tempo este conto por correo electrónico, gustoume moito e vin que estaba noutros blogs e que podía descargarse, espero que vos guste.

2/11/09

Unha ciberoteca escolar chea de recursos


Neste sitio accederás a ciberoteca escolar, onde poderás atopar todo tipo de recursos para os estudios e para o teu tempo de ocio. Percorre os diversos apartados e descobre todo o que pode ofrecerche a rede: libros virtuais, para que poidas descargalos e gardalos no teu ordenador, enlaces co mellor de Internet (idiomas, mapas, xogos, música, os teus personaxes favoritos, etc. ), consellos para coidar o medio ambiente, son os cadernos editados pola Fundación Bancaja, e moitísimas cousas máis...

Por suposto que este recurso o enlazaremos no apartado de lectura da parte esquerda do blog.