Mostrando entradas con la etiqueta humor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta humor. Mostrar todas las entradas

1/4/11

Día da Diversión no Traballo

O 1 de abril é, desde 1996, o Día Internacional da Diversión no Traballo (Fun at Work Day). Aínda que non ten a categoría doutras conmemoracións e non está respalda por organismos oficiais (parece ser), é igualmente unha ocasión especial para recordar que o traballo non ten por que ser gris, que a seriedade non require solemnidade, e que o humor ofrece importantes beneficios para calquera organización e para o seu equipo humano.
Os sorrisos son moi saudables. Aos monxes da Idade Media estáballes prohibido rir. Con todo, hoxe en día un neno ri 300 veces ao día e ao chegar a adulto rirá soamente 15. É unha pena, porque un minuto de risa equivale a 45 minutos de relaxación, unha gargallada move máis de 400 músculos, rir libera endorfinas (un sedante natural do cerebro que logra efectos similares aos dun analxésico). A risa tamén estimula o bazo, elimina toxinas, lubrica e limpa os ollos, fai vibrar a cabeza, despexa nariz e oídos, axuda a facer a dixestión e reduce os ácidos graxos.
A que esperamos para obter tantos beneficios de balde?

Hai dous artigos moi interesantes que publicou La Voz de Galicia no suplemento de La voz de la escuela sobre a importancia do humor no ámbito persoal, escolar e laboral. Rescateinos hoxe pero valerían para calquera día, na escola tamén é moi importante divertirse, coa risa apréndese moito mellor.

la risa

23/2/10

Xoves de humor


O Concello de Lugo, en colaboración co Igaem, achega á cidade o ciclo Teatro Galego en Lugo. O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá a montaxe de catro pezas galegas os días 25 de febreiro e o 4, 11 e 18 de marzo as 20.30.

A primeira das obras en chegar á cidade será E ti de quen ves sendo? de Talía Teatro O espectáculo plantexa que pasaría se, de súpeto, alguén que é unha copia exacta de ti mesmo ocupase o teu lugar na vida.
A seguinte das obras chega da man de Ónfalo Teatro que representarán Neuras, unha comedia sobre as neuras da sociedade contemporánea e urbana.
Fulano, Mengano e Citano presentan o 11 de marzo Nunca menos, un percorrido en clave de humor a través da historia de Galicia.

Porá fin a este ciclo Lagarta Lagarta coa obra O segredo dos Hoffman. A historia conta como os catro membros dunha familia rota por un segredo oculto se xuntan de novo con motivo do falecemento da avoa.

As entradas poderán mercarse na taquilla do Auditorio Municipal Gustavo Freire os días das funcións unha hora antes dos espectáculos. O importe das entradas variará segundo a zona: zona A 10 euros, zona B 7 euros e zona C 5 euros.