Mostrando entradas con la etiqueta Lecer. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lecer. Mostrar todas las entradas

14/4/11

Campus científicos de verán 2011

Estás cursando cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou primeiro curso de Bacharelato da área científica? Naciches con posterioridade ao 31 de decembro de 1993?  Tés unha nota media no curso escolar 2009-2010 igual ou superior a 7,5 puntos?
Fai a túa solicitude! 

So terás que realizar unha proba de coñecementos de resposta alternativa a través de Internet, e poderás disfrutar dun verán distinto, contactarás co labor investigador, convivirás con estudantes de todo o territorio español nun ambiente universitario, coñecerás posibilidades de proxección profesional e ademais poderás gozar de actividades complementarias cientifico-culturais e de lecer durante 14 intensos días.
A que esperas? Os dous alumnos do instituto que foron o verán pasado pasárono xenial.


24/6/10

Lecturas para o verán

ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more
Agora que remata o curso e no instituto quedan os libros de texto, podemos voltar a eses outros libros que nos levan polos camiños da aventura, da fantasía, da historia e por todos aqueles aos que só se chega coa imaxinación. Esperamos que estes que vos suxerimos sexan uns bons compañeiros durante estas vacacións. Que os disfrutedes.

DAHL, ROALD: Voando so.
DURRELL, GERALD: Un novio para mamá y otros relatos.
TOLSTOY, LEÓN: Guerra y paz.
GALLEGO, LAURA: Memorias de Idhún.
SMITH, A.C.H.: Dentro del laberinto.
REIGOSA, CARLOS: O misterio do barco perdido.
TEIXIDOR, EMILI: El crimen del triángulo equilátero.
SALINGER,J.D.: O vixía no centeo.
SARAMAGO, JOSÉ: El cuento de la isla desconocida.
HERNÁNDEZ, MIGUEL: Antología.


8/2/10

Novas do club de lectura "As estantigas"


Empezamos a funcionar no mes de xaneiro e mañá rematamos a nosa primeira e gratificante experiencia lectora con Pel de lobo.
Esperámosvos á hora do recreo de mañá martes 9 de febreiro na biblioteca, onde compartiremos comentarios e outras dozainas.
A boa nova do trimestre foi a concesión dunha axuda para poñer en marcha este ilusionante proxecto.
Haberá sorpresas moi interesantes ...
Seguiremos informando!

4/2/10

Queres xogar ao xadrez?


Coa colaboración do Concello de Lugo, o próximo venres 12 de febreiro comezaremos a reunirnos para xogar ao xadrez. Que aínda non sabes ben? Non te preocupes, podes aprender con facilidade. Só é cuestión de práctica... enfréntate a retos novos en cada partida, non hai dúas iguais. Para sabermos onde ubicar os taboleiros é preciso coñecer canto antes o número de persoas dispostas a participar, así que non tardes en apuntarte. Pasa xa por conserxería!

2/10/09

Aprendamos xogando!



Como din no Caderno Xeral, título do portal de bitáculas da AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega), o lecer é un bo espazo para aprender, e aprender xogando é a mellor forma de achegármonos á nosa literatura, á nosa historia, á nosa xeografía, a nós mesm@s.

Eles elaboraron este xogo que nós descubrimos e volo propoñemos, podedes incluso crear preguntas coas súas respostas para incluir e facer máis interesante o xogo.

Para ir ao TRIVIAL.GZ pincha AQUí

15/9/09

ACTÍVATE... HAI TANTO PARA FACER!


O CONCELLO DE LUGO ORGANIZA PARTIDAS DE XADREZ CO INICIO DO NOVO CURSO
A Concellería de Educación organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Xaquedrum e o diario El Progreso, e con motivo do inicio do novo curso, unha nova actividade que terá como protagonistas o xadrez e a lectura. A actividade consiste en partidas de xadrez guiadas por monitores no taboleiro xigante da Praza Maior entre o día 14 e o 18 de setembro e do 28 de setembro ao 2 de outubro desde as 17:30 ata as 20:00 horas. Ademais, se o tempo o permite, instalarase tamén o baúl viaxeiro para que os que se acheguen ata a Praza Maior podan ler mentres agardan para xogar ou simplemente polo pracer da lectura. Esta actividade é gratuíta e non require inscrición previa.
Tamén nos centros de convivencia municipais HAI UNHA GRAN CANTIDADE DE ACTIVIDADES : obradoiros de manualidades, inglés, baile moderno, xadrez, pintura, ioga... O prazo para inscribirse é do 14 ao 18 de setembro e adxudicaranse por sorteo, teñen prezos moi atractivos e mesmo en algúns casos son de balde.
Na CASA DAS LINGUAS, na Estrada da Granxa (Aceña de Olga) hai biblioteca, hemeroteca, videoteca, ordenadores con conexión a internet, e un espazo para ver películas de video, é un lugar destinado á práctica dos idiomas: coloquios con monitores nativos, consultas a bases de datos, proxeccións de películas e demais actividades que lles permitan incrementar a formación no idioma impartido.
E por último, o prazo de inscrición nas ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS estará aberto do 17 ao 30 de setembro. En total son 15 as modalidades deportivas que se desenvolverán entre o mes de outubro e o mes de maio.
¡Así é difícil aburrirse!
Máis información na páxina web do Concello, pincha AQUÍ!