Parece que xa pasou moito tempo, pero foi tan importante para nós, que non parece normal que non lle dediquemos unhas liñas a ela.
Na pasada Semana Santa, antes de rematar as clases, os alumnos de 4º da ESO, e algúns de 1º de Bacharelato, fomos de excursión a Italia. Entre os días 19 e 27 de marzo. Fomos en autobús e voltamos en avión. Acompañáronnos as profesoras de música e Educación Física, Mila e Ángela.
Saímos ás 6:30 do día 19 de marzo dende o fogar de Santa María. Tras unha longa viaxe na que case todos durmimos, chegamos a Zaragoza, onde comemos e visitamos o Pilar. Tras unha pausa, retomamos a viaxe. Chegamos a Barcelona, onde paramos a durmir no primeiro hotel da nosa viaxe. Pola noite, achegámonos ata a praia.

ZARAGOZA
Ao día seguinte, partimos cara Avignon, onde paramos a ver "le Palais des Papes", entre outras cousas, aparte de comer. Esa noite, fomos a Niza, onde o hotel nos proporcionou moitas anécdotas (o chan desfondábase, pelos nas almofadas, olor a fritanga por todo o hotel, escapes de gas, camas rotas, ascensor fóra de servicio, unha escaleira que non sabemos como aguantou o noso paso e un longo etcétera), chamábano o "
Hotel dos Horrores".

AVIGNON
Cando saímos de alí, dirixímonos cara Milán. Pasamos xunto a Mónaco, e cando chegamos, tivemos toda a mañá para ver a cidade e as súas maravillas, como a impresionante catedral (Il Duomo di Milano) ou as galerías Vittorio Emanuele II. Esa tarde visitamos tamén Verona, a cidade na que transcorre Romeo e Xulieta, a obra mestra de Shakespeare.

MILÁN
Á noite, chegamos ao Hotel Jalisco, preto de Venecia (65 km). Pola mañá, almorzamos e fomos coller o vaporeto para chegar á cidade de Venecia, onde posteriormente visitamos a basílica de San Marco, as numerosas prazas, as pontes, paseamos en góndola,... Ás oito volvemos cara o hotel, onde ceamos e fomos dar un paseo pola praia.

VENECIA
Ao seguinte día, fomos a Asís. Cando chegamos, visitamos xunto coas profes, a basílica, e despois, o resto do día, vimos cada un o que quixemos. Tras unha pequeno problema co conductor do bus, puidemos chegar pola noite a Roma.

SAN FRANCISCO DE ASÍS
O primero día en Roma visitamos os museos Vaticanos, a plaza de San Pedro,... Tivemos unha visita guiada polo Vaticano e unha visita paranorámica por Roma. Despois tivemos toda a tarde libre. E o último día foi todo libre para poder visitar a famosa e maravillosa cidade Romana.

ROMA
O último día collemos o avión no aeroporto romano "Fiumicino", que nos trouxo ata Madrid, onde tivemos que esperar case 6 horas. Collemos o noso avión cara Santiago de Compostela e despois en Santiago collemos o bus que nos traía cara Lugo, onde nos esperaban os nosos familiares e Chelo.
AGRADECEMENTOS:
Agradezo a Mª Carmen Tizón a magnífica organización na que empleou tantísimo tempo, a Ángela e a Mila por aturarnos tan ben durante toda a viaxe e por facernos vivir uns momentos irrepetibles e moi divertidos, tamén quero agradecerlle a Senén a maravillosa guía que fixo que nos foi moi útil e por último agradecerlle a Andrés a súa axuda na elaboración deste post.