31/10/09

E no cotián... a poesía: Uxío Novoneyra (1930-1999)


Sí, foi tal día coma onte, hai dez anos, Uxío Novoneyra deixábanos. E entre as cousas que nos deixaba están un montón de poemas que vale a pena ler. O que compartimos hoxe pertence ao seu primeiro libro: Os eidos (Vigo, 1955) e foi escrito nunha época de convalecencia no Courel. Na biblioteca do centro contamos con varios exemplares desta obra, así que é ben doado coñecer persoalmente a obra deste autor.

Novas verbas de door


PECHOUSE a noite riba do ucedo

i eu non vin einda a cor da miña amiga.

Agora é cando ún treme e ten medo.


ISTE desacougo! Este cousa! Esta mao xorda que tira!

Iste querer irse sin saber para onde!


AGORA o meu cor é unha chaga encendida.

Unha mao loba anda escalazándome a ferida.


ESTA door que se oi!

Iste cor meu!

Esta door que me veo ela de seu

Sin saber polo que foi!


FOI coma se caira nunha cova.

Antes era noite i era día

Agora é todo unha negrura loba.


29/10/09

¡Por Tutatis! É o noso 50 aniversario



Asterix, o pequeno guerreiro galo que seduciu xa a varias xeracións de lectores, celebra o seu 50º aniversario hoxe 29 de outubro. Todo empezou en agosto de 1959 nun edificio de Bobigny, suburbio do leste de París, onde René Goscinny e Albert Uderzo se devanaban os miolos intentando idear novos personaxes para unha revista de cómics que ía ser lanzada en outubro. A idea xurdiu finalmente: dous galos, un baixiño e outro gordo. En dúas horas, Uderzo esbozou as súas imaxes, así como as dos outros principais heroes da tira: o xefe da aldea, o druída, o bardo. E, dous meses despois, Asterix e Obelix aparecían por vez primeira no número un da revista Pilote. Dous anos despois, o primeiro álbum foi publicado cunha tirada de 6.000 exemplares. O éxito foi inmediato. Asterix e os seus galos pasaron a formar parte da vida dos franceses. En setembro de 1966, o semanario L'Express daba conta no seu título do "fenómeno Asterix". Goscinny, dunha familia xudía de orixe polaca, e Uderzo, fillo de emigrantes italianos, crearon unha mitoloxía francesa. Na Francia dos anos 1960, Asterix converteuse nun símbolo do orgullo recuperado, do pequeno que rehúsa someterse e resiste ao poder dos maiores. O máis sorprendente foi que a historia tivo un éxito similar no estranxeiro, en 50 anos vendéronse no mundo máis de 325 millóns de exemplares das aventuras de Asterix, e a serie traduciuse a 107 idiomas.

Nós, dende este curruncho que é a biblioteca felicitamos a Asterix e a súa banda de simpáticos galos que tantos bos ratos nos fixeron e nos fan pasar, sempre irredutibles e quizais inmortais.

Xa podes pedir prestado o álbum conmemorativo do 50 aniversario!

28/10/09

E no cotián... a poesía: Antonio Gamoneda


Eliximos para esta semana a obra do poeta asturiano Antonio Gamoneda. Ao mesmo tempo, queremos presentar o portal a media voz, onde podemos disfrutar da lectura da poesía ou escoitar aos propios poetas recitar os seus versos. A maior parte da poesía presente no portal está escrita orixinalmente en castelán, pero tamén conta cun apartado de traducións.

Sábado:

1. El animal que llora, ése estuvo en tu alma antes de ser amarillo;

el animal que lame las heridas blancas,

ése está ciego en la misericordia;

el que duerme en la luz y es miserable,

ése agoniza en el relámpago.


La mujer cuyo corazón es azul y te alimenta sin descanso,

ésa es tu madre dentro de la ira;

la mujer que no olvida y está desnuda en el silencio,

ésa fue música en tus ojos.


Vértigo en la quietud: en los espejos entran sustancias

corporales y arden palomas. Tú dibujas juicios y tempestades

y lamentos.


Así es la luz de la vejez, así

la aparición de las heridas blancas.

* * *

2. Estoy desnudo ante el agua inmóvil. He dejado mi ropa en el

silencio de las últimas ramas.

Esto era el destino:

llegar al borde y tener miedo de la quietud del agua.


CICLO DE CINE DE BARRIO DE TEMÁTICA FEMININA



O Concello de Lugo, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade , achega aos diferentes barrios da cidade un ciclo de cine de temática feminina. Este ciclo comezou o 26 de outubro coa proxección da comedia Ayer, hoy y mañana. A actividade continuará o vindeiro 5 de novembro no Centro de Convivencia Maruja Mallo ás 19.00 horas coa película La teta asustada. O público poderá disfrutar co film Osama no Centro de Convivencia de Lamas de Prado o xoves 12 de novembro ás 19.00 horas e con Princesas no Uxío Novoneyra o día 19 de novembro tamén ás 19:00 horas. O ciclo rematará o 26 de novembro no Centro Social de Fingoi ás 19.00 horas coa proxección de Conversaciones con mamá. O obxectivo deste ciclo de cine de barrio é que os asistentes reflexionen sobre a temática e se cree conciencia de xénero.
Podedes informarvos máis e obter o programa AQUí

26/10/09

I Concurso de tarxetas de nadal



Convócase aos alumn@s de infantil, primaria e secundaria que cursen estudos en Galicia, e non teñan cumpridos os 18 anos, a participar neste concurso na súa primeira edición.

Os traballos deberán ser tarxetas de nadal orixinais e inéditas, en tamaño DIN-A4 con marxes non inferiores a 5 mm. A técnica e o soporte serán libres.

A obra firmarase na parte traseira cun pseudónimo, este pseudónimo e o título da obra tamén figurará nun sobre pechado no que se introducirán os datos personais do autor (nome, idade, enderezo, teléfono particular, curso e Centro de estudos), que virá selado polo Centro educativo. No exterior do sobre figurán unicamente o pseudónimo e o título da obra. Traballos e plica enviaranse conxuntamente a: PREMIOS VOZESNAVOZ. La Voz de la Verdad. Rúa Bispo Aguirre, 17 Lugo 27002.

Os premios serán dous por etapa académica, en educación secundaria haberá un cheque-agasallo intercambiable por libros ou material escolar de 150 € e outro de 100€.

O prazo de presentación remata o 28 de novembro.

Xa falta pouco para o nadal, se tes algunha idea que podas debuxar atrévete a concursar!

20/10/09

Semana da Benvida en Lugo


Desde hai tres anos, o convenio Lugo Cultural -formado polo Concello, a Deputación, a Xunta e o Vicerreitorado de Cultura- vén deseñando un programa cultural para dar a benvida aos universitarios. O deste ano bota a andar este mesmo martes. As actuacións previstas en Santa María pasarán ao Gustavo Freire no caso de choiva. A Semana de Benvida abriuse hoxe ás 10.00 horas, coa audición de música clásica do "Trío Kandinski" en Maxisterio, que actuou tamén en ADE e na EPS. A compañía de danza La Macana actuou no aulario de Veterinaria ás 11.00 horas e despois no de Ciencias e en Humanidades. Houbo jazz, encontro coa Macana no Museo Provincial e conferencia sobre jazz.

Mágoa non enterarse a tempo, pero aínda queda algunha outra actuación, Camilo Franco e Pablo Seoane farán mañá mércores, ás 20.30 horas no Círculo das Artes, un acto de improvisación musical e literaria. O xoves actúa A Tribu, ás 20.30 na Praza de Santa María, e na xornada do venres destaca a inauguración da exposición As Terras Escondidas, con fotografías da India e Nepal realizadas por dous profesores de Literatura da USC, que superou os 4.000 visitantes en Santiago e que se poderá ver na Facultade de Veterinaria ata o remate do mes de novembro. A cantante Mercedes Peón pechará a Semana de Benvida cun concerto ás 20.30 en Santa María.


E no cotián... a poesía: Marie Ponsot


Presentamos hoxe unha autora probablemente descoñecida para a maioría dos nosos lectores. Marie Ponsot é unha escritora estadounidense de case noventa anos. Ademáis da poesía, dedicouse ao xornalismo e á tradución. Pouca xustificación require a súa presencia nesta sección poética, quizá basten os dous últimos versos do poema que vos propoñemos que leades:

Against Fierce Secrets
Only to themselves are the passionate
hot. To the objects of their passion they
are cold. What Yeats knew. They eradicate
what they notice, as the thumb hard-crams the clay
impressionable under it, to lie flat,
apt to the shape their cold-steel scribes may
cut or spurn it to. Yet they know passion
must drown to ripen sweet & give fair play
to the whole life hot passion speeds us from.

As passion's object, dig with your ampersand:
be cold & hot. The receptive earth will come
to transform the root-end that your planting hand
cut & abandoned, to new chrysanthemum.

Heartfelt thought, drop your guard, keep clear, be slow;
double your careful opposites & grow.


16/10/09

Hoxe festival Lugo contra a Fame


A finalidade do Día Mundial da Alimentación, o 16 de outubro, proclamado en 1979 pola Conferencia da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), é a de concienciar ás poboacións sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra o fame, a desnutrición e a pobreza. O Día coincide coa data de fundación da FAO en 1945. En 1980, a Asemblea Xeral apoiou a conmemoración do Día por considerar que "a alimentación é un requisito para a supervivencia e o benestar da humanidade e unha necesidade humana fundamental" (resolución 35/70, do 5 de decembro).
Se queres ter máis información ou colaborar pincha AQUÍ Tamén hai un xogo de sensibilización sobre a desnutrición infantil realizado por Médicos sin Fronteras que podes descargar AQUÍ
A compañía Achádego Teatro confía en que o público lucense demostre a súa xenerosidade na gala Lugo contra a Fame que se celebrará hoxe, a partir das 21.00 horas, no auditorio Gustavo Freire. O grupo coordina o espectáculo en colaboración con Acción contra Fame coincidindo coa celebración do tamén chamado Día Mundial da Nutrición. Unha das impulsoras, Tareixa Campo, resalta a importancia de recadar fondos para combater a desnutrición que cada ano provoca a morte duns 5 millóns de nenos en todo o mundo. Na cita participarán, entre outros, os escritores Xosé Miranda e Marica Campo; Palimoco Teatro, Upiaska, Tino Baz, Pilocha e Iván e Josito. As entradas, que oscilan entre 5 e 8 euros, podense comprar en Caixanova. Tamén hai unha fila cero, cun custo de 5 ou 10 euros.

14/10/09

“Los pintores de Artal. Pintura española del Museo de La Habana”, en Lugo


Esta exposición dará comezo o 16 de outubro na sala de exposicións do Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia de Lugo. Ata o 10 de xaneiro poderemos ver de cerca un total de vinte e sete paletas e vinte óleos de artistas que participaron nos Salóns de Artal, dando testemuña do movemento da pintura española de entresiglos en Hispanoamérica, grazas ao intenso labor de marchantes como José Artal. Esta pequena colección, que reuniron o marchante catalán e a súa esposa, móstrase agora como unha mirada cara á recepción que tiveron en Cuba os pintores promovidos por el naquel período. Desde a colección do museo da Habana, dase un novo enfoque a esa promoción da arte entre España e Hispanoamérica nos albores do século XX, expresión dun fenómeno que abarca moito máis e que inclúe o coleccionismo e a circulación da arte a unha escala moito maior. Descubrimos este curioso capítulo da historia da arte a través da presente exposición, comisariada por Manuel Crespo e Abelardo Mena.

O horario de apertura ao público é : luns a sábados de 12:00 h. a 14:00 h. e de 18:00 h. a 21:00 h. Domingos e festivos de 12:00 h. a 14:00 h.
Visitas guiadas: para público en xeral, mércores e sábados ás 19:30 h, para grupos, concertar no 982 289 096
.

Os outros nobel


Desde 1980, a fundación Right Livelihood Award, que poderíamos traducir por premio á xusta subsistencia ou á sustentabilidade, premia a "aquelas persoas que ofrecen respostas prácticas e exemplares para os desafíos máis urxentes que afrontamos hoxe en día." Son coñecidos habitualmente como os Premios Nobel Alternativos e son entregados desde 1985 no parlamento sueco pouco antes da entrega dos Nobel.
Os premios correspondentes a este ano 2009 recaeron nas seguintes persoas:
René Ngongo, pola súa defensa da selva tropical do Congo.
Alyn Ware, polas súas actividades á favor da educación para a paz e contra as armas nucleares.
Catherine Hamlin, pola súa dedicación ás mulleres pobres de África no campo da obstetricia.
Tamén recibe un premio honorífico David Suzuki, pola súa dedicación ao uso responsable da ciencia.


12/10/09

Ciclo de cine 'Rodando nas aulas'


A educación, un dos temas máis controvertidos da sociedade actual, pasa a ser o eixo central do ciclo de cine que presenta este outubro a Fundación Caixa Galicia. Baixo o nome "Rodando nas aulas", un total de oito títulos aterran nas distintas sedes e centros socioculturais da Fundación achegándonos ás perspectivas de destacados directores internacionais sobre a temática. O máis selecto da cinematografía mundial poderá verse na Sede en Lugo da Fundación Caixa Galicia (Praza de Santa María) dende mañá ata o 15 de decembro, en pase único ás 20.00 horas.
13 outubro: A Calumnia (W. Wiler, 1962) (N.R.M. 18 anos)
20 outubro: Rebelión nas aulas (J. Clavell, 1967)(N.R.M. 13 anos)
27 outubro: Herdanza do vento (S. Kramer, 1960) (T.P.)
3 novembro: Ás 5 da tarde (S. Makhmalbaf, 2003) (N.R.M. 13 anos)
17 novembro: Elephant (G. Van Sant, 2003) (N.R.M. 18 anos)
24 novembro: Nin un menos (Z. Yimon, 1999) (T.P.)
1 decembro: A Clase (L. Cantet, 2008) (N.R.M. 13 anos)
15 decembro: A onda (D. Gansel, 2008) (T.P.)

11/10/09

tbr ms ntrncnl d Bbltc sclr


Seguro que fostes capaces de ler o título sen as vocais, é incrible, verdade?
Pois lestes ben, este mes está dedicado a destacar o importante papel da biblioteca escolar. É un espazo de lectura, entendendo por tal "Lectura de todo tipo de texto, en todo tipo de soporte, con todo tipo de finalidades". Na nosa biblioteca atoparedes novelas, dicionarios, películas, cómics, revistas, xornais, oportunidade de investigar co ordenador... Tamén nesta semana que comeza haberá un buzón para as vosas suxerencias de actividades, de posibles melloras nos servizos, libros interesantes que mercar... ou o que queirades propoñer.

En comentarios a este post podedes tamén facernos chegar as vosas ideas, e si queredes podedes tamén colaborar escribindo un post no que nos contedes un conto, nos recomendedes un libro ou nos faledes de algo interesante que podamos ler todos.

Si, a biblioteca é nosa, de tod@s e para tod@s .

Achégate a ela!

9/10/09

Herta Müller: premio Nobel de literatura 2009



Non é excesivamente coñecida esta escritora de orixe rumana que escribiu case toda a súa obra en alemán. A concesión do premio foi acollida con sorpresa en case todos os medios literarios, a pesar de que a súa obra é extensa, abarca tanto a poesía como a prosa e o ensaio, e está traducida a varios idiomas. A Academia sinala que a autora premiada debuxa a paisaxe dos que nada teñen coa concentración da súa poesía e a franqueza da súa prosa. Agora só queda comezar a ler a súa obra.

5/10/09

Dous concursos para promover os valores do cooperativismo en Lugo


O Concello de Lugo, a USC, o Consello Galego de Cooperativas e a Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón, colaboran nestes certames, cuxo obxectivo é o de “promover entre a mocidade lucense a creación de empresas na forma xurídica de cooperativa e promover os valores de solidariedade e voluntariedade, valores positivos para a sociedade en xeral”.
*O primeiro deles trátase dun concurso de fotografía que debe facer referencia ao cooperativismo e aos valores que o inspiran. Cada persoa poderá presentar unha obra realizada con cámara fotográfica ou teléfono móbil, que deberá ser presentada no Rexistro Xeral Municipal nun sobre pechado asinada con pseudónimo e cun sobre que inclúa os datos persoais do participante.
O gañador terá como premio unha cámara fotográfica profesional SONY DSCW290.
*O segundo dos concursos pretende estimular e apoiar a comercialización de produtos e servizos cooperativos mediante propostas innovadoras de marketing que chamen a atención do potencial cliente e propicien a súa compra. Neste certame poderá participar o alumnado dos centros de ensino secundario, FP e da USC de Lugo de forma individual ou colectiva (cun máximo de 3 persoas por grupo).
O premio que obterá o gañador ou gañadores do concurso será un ordenador portátil Netboook.
O prazo para presentar os proxectos e as fotografías aos dous concursos estará aberto ata o 31 de outubro.

Para obter máis información e poder ver as bases do concurso pincha AQUÍ

Investiga, fotografía, crea... a que estás esperando!

2/10/09

Aprendamos xogando!



Como din no Caderno Xeral, título do portal de bitáculas da AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega), o lecer é un bo espazo para aprender, e aprender xogando é a mellor forma de achegármonos á nosa literatura, á nosa historia, á nosa xeografía, a nós mesm@s.

Eles elaboraron este xogo que nós descubrimos e volo propoñemos, podedes incluso crear preguntas coas súas respostas para incluir e facer máis interesante o xogo.

Para ir ao TRIVIAL.GZ pincha AQUí

1/10/09

Concurso para creativos INVENT-AD


Parece que non queda tanto para que acabe o ano europeo da creatividade e a innovación, pero aínda hai tempo para participar en dous concursos que están na súa primeira edición. O prazo para participar remata o 30 de novembro... non perdas tempo!

1ª EDICIÓN DO CONCURSO INVENT-AD
INVENT-AD é un concurso creativo destinado aos alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional, no que se busca a mellor campaña publicitaria para algúns dos inventos e achados científicos que revolucionaron a sociedade. Propóñense oito inventos que cambiaron o rumbo da humanidade e tres categorías a participar: póster, cuña de radio ou anuncio de TV. De todos os proxectos participantes elixiranse tres gañadores, un para cada categoría, que recibirán un premio de 1.500€ a gastar na mellora do equipamento científico da escola. Es capaz de pensar unha campaña publicitaria para os inventos que non a tiveron?
MODALIDADE SLOGAN. INVENT-AD na súa modalidade de slogan, é un concurso creativo aberto a calquera persoa que resida en territorio nacional. O slogan é o sinal de identificación da marca ou do produto para convencer ao posible receptor das súas bondades e vantaxes. Un elemento breve que permite que o produto anunciado sexa recordado con facilidade. Invitámosche a que cres un slogan publicitario para algún dos inventos científicos seleccionados por divuCiencia. Poden presentarse tantas propostas como se queira en calquera lingua oficial do estado, se non é en español deberán ir acompañadas da súa correspondente tradución. ATRÉVETE A SER CREATIVO! O premio para esta modalidade será unha reprodución artesanal e en miniatura dun invento.
Para obter máis información dos concursos pincha AQUí
Tamén hai unha páxina onde atoparás interesante información www.conselleriaiei.org/divulgacion360/
.

30/9/09

15º “CERTAME DE CONTOS E RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO” CONCELLO DE LUGO


Este certame foi creado hai quince anos en homenaxe ao xornalista e escritor José Trapero Pardo. Ademais de escribir numerosos artigos e diferentes obras, Trapero Pardo foi cronista oficial de Lugo, membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e membro da Real Academia Galega. Tamén, dirixiu o Museo Provincial e foi presidente da Asociación Provincial de Amigos dos Castelos así como vocal de varios padroados, entre outras actividades.

Vai dirixido a todos os rapaces e rapazas entre 12 a 18 anos, de calquera centro público ou privado da provincia de Lugo.
Os contos deberán ser traballos inéditos, escritos en lingua galega, de tema libre, e cunha extensión máxima de 10 páxinas. Entregaranse por triplicado e escritos a máquina ou a man, con letra lexible na Concellería de Educación (C.S. Uxío Novoneyra),
R/ Quiroga Ballesteros, 1º A, 3º andar, CP 27001, Lugo. Enviaranse sen remite, e baixo lema, indicando no sobre "15º CERTAME DE CONTOS E RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO" e a categoría na que participa, nun sobre, pechado e baixo o mesmo lema, indicarase o nome, enderezo, idade, teléfono e centro onde estudia.
O prazo de presentación será ata o día 20 de novembro de 2009.
Premios:
A- CATEGORÍA DE 12 A 14 ANOS:
Haberá tres premios con diploma de participación, medalla, lote de libros e premio valorado en 200 , 100 e 60€ respectivamente para cada premio.
B- CATEGORÍA DE 15 A 18 ANOS:
Haberá tres premios con diploma de participación, medalla, lote de libros e premio valorado en 250, 150 e 100 € respectivamente para cada premio.

Bota a voar a imaxinación!

29/9/09

E no cotián... a poesía: Xavier Seoane


Esquecida xa, quizá, a rutina do verán e inmersos nesa outra rutina cotiá, non está mal que comecemos de novo a nosa serie de anotacións dedicadas á presentación da poesía. Hoxe presentamos neste blog a Xavier Seoane, poeta galego contemporáneo.
Nos parágrafos cos que comeza a súa obra presente continuo (a luz de outro horizonte) afirma: "sempre gustei das formas curtas. Da reflexión, do dietario, do aforismo." A forma perfecta para a nosa presentación da poesía. Na obra citada podemos ler por exemplo:


A creación é tan fundamental como a leña e o pan.
A creación é un vento impregnado de sentido moral.
É forza tranquila e furacán desatado.
Luva ardendo na man.
Mirada no centro da cara.
Encarnadura no soño da carne.
A creación é o soño desperto do real, a vertixe luminosa que atrapa a libélula do instante.
A creación é o que non ensinan as escolas, nin os mestres, nin os pais; nin sequera os Avós nos seus relatos.
Creación é sachar.
A creación é a consciencia de saberse apto para o soño, propicio para a viaxe, cheo de indicios, de acontecementos, de morada.
A creación é instante interminábel.
Itsmo que canta.


28/9/09

Concurso esdelibro.es











É un concurso de traballos orixinais de investigación, desenvolvidos por estudantes, sobre un tema do seu interese: música, ciencia, literatura, arte, natureza, historia, cine, deportes, filosofía, tecnoloxías, matemáticas... Os traballos poderanse presentar a concurso en todas as linguas oficiais de España.

Está dirixido a estudantes e docentes de ESO, bacharelato e ciclos formativos de Grao Medio de todas as comunidades autónomas. Os traballos deben ser realizados en grupo (un mínimo de dous e un máximo de catro estudantes) e sempre deberán ser coordinados por un profesor.

Haberá premios para estudantes, docentes e centros educativos, establécense para estudantes nove premios: tres para os mellores traballos de primeiro ciclo de ESO, tres para os mellores traballos de segundo ciclo de ESO e tres para os mellores traballos de bacharelato e ciclos formativos de Grao Medio.

Prazo de inscrición: 15 de setembro do 2009 - 1 de febreiro do 2010.

Prazo de envío de traballos: finaliza o 22 de marzo do 2010.

Fallo do xurado: maio do 2010.

Se logras que a túa creación sexa orixinal e respecte todas as normas de propiedade intelectual ( Pensa en © ! ), poderás gañar un premio.

Mira os premios e concursa ! (pincha na imaxe da dereita)




27/9/09

Novo curso: Mellores hábitos?

Os beneficios que trae consigo o deixar de fumar son maiores que calquera síntoma provocado pola abstinencia do tabaco. Por iso é conveniente coñecer o que acontece no teu corpo ao abandonar o tabaco



















Se tés 60 minutos podes tentar deixar este mal hábito, na biblioteca, grazas á colaboración do Servizo de Prevención de drogas do Concello, dispoñemos de dous DVDs.

Están á túa disposición!

E para moz@s que queren informarse: http://loestoydejando.org/

25/9/09

Día Mundial das Linguas e Día Internacional das Persoas Xordas



Lugo acolle estes días estas dúas conmemoracións. Hoxe, a partir das 12, na Casa das linguas, proxectaranse longametraxes para nenos e cine para adultos, como "Nights on earth", de Jim Jarmusch, en cinco linguas.

E para conmemorar o Día Internacional das Persoas Xordas, que se celebra mañá 26, inaugúrase hoxe no Museo provincial de Lugo unha mostra artística baixo o nome "El poder del silencio. Arte Sordo", que contará con vinte obras pertencentes a diferentes xéneros artísticos como a pintura ou a escultura. Outro aspecto interesante para facer unha visita a esta exposición é que cinco dos seis artistas que mostran a súa obra son lucenses. Esta exposición poderá visitarse ata o vindeiro 6 de outubro.

24/9/09

Mostra de carteis do mellor cine italiano


Como sabedes, estase a celebrar estes días en Lugo a XXXI Semana Internacional de Cine de Autor , organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, quen, dentro da mesma, inaugurou onte na Biblioteca Provincial de Lugo unha mostra de cen reproduccións de carteis que fan un curioso e entretido percorrido pola historia do cine italiano. A selección de carteis proceden da colección persoal de Manuel Curiel, sendo a obra máis antiga das representadas ‘Quo vadis' (1912), de Enrico Guazzoni, aínda que tamén están ‘Acattone' (1961), de Pasolini, 'El alcalde, el escribano y su abrigo' (1952) de Alberto Lattuada ou ‘Amarcord' (1973), de Federico Fellini.
A exposición poderá visitarse ata despois de San Froilán.

20/9/09

Volvemos cun sorriso


Si, si, son a biblioteca e quero darvos a Benvida a tod@s os que constituides o noso centro.
Remataron as vacacións, pero non a posibilidade de disfrutar dos nosos recursos e dos libros, este curso hai preparadas novidades moi interesantes como a posta en marcha dun club de lectura, o festexo de conmemoracións, concursos, exposicións, recollida de ideas para novas adquisicións de libros ou outras actividades...
Fai propostas, comenta, recomenda libros... a biblioteca é de tod@s e para tod@s... PARTICIPA!


Estrea da última película de Alejandro Amenábar



No vindeiro mes de outubro estréase "Ágora", a película de Amenábar baseada na biografía da filósofa e matemática Hipatía de Alexandría. A protagonista , que naceu no século IV da nosa era, viviu entre a fin da cultura politeísta pagá e a consolidación do cristianismo como relixión do imperio romano. A traxedia de Hipatía é un caso máis do fanatismo e a intolerancia relixiosa que tantas vidas leva cobrado ao longo da historia de todos os pobos.

Para ver o trailer da película, pincha aquí.

Para saber máis sobre Hipatía, pincha aquí.

15/9/09

ACTÍVATE... HAI TANTO PARA FACER!


O CONCELLO DE LUGO ORGANIZA PARTIDAS DE XADREZ CO INICIO DO NOVO CURSO
A Concellería de Educación organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Xaquedrum e o diario El Progreso, e con motivo do inicio do novo curso, unha nova actividade que terá como protagonistas o xadrez e a lectura. A actividade consiste en partidas de xadrez guiadas por monitores no taboleiro xigante da Praza Maior entre o día 14 e o 18 de setembro e do 28 de setembro ao 2 de outubro desde as 17:30 ata as 20:00 horas. Ademais, se o tempo o permite, instalarase tamén o baúl viaxeiro para que os que se acheguen ata a Praza Maior podan ler mentres agardan para xogar ou simplemente polo pracer da lectura. Esta actividade é gratuíta e non require inscrición previa.
Tamén nos centros de convivencia municipais HAI UNHA GRAN CANTIDADE DE ACTIVIDADES : obradoiros de manualidades, inglés, baile moderno, xadrez, pintura, ioga... O prazo para inscribirse é do 14 ao 18 de setembro e adxudicaranse por sorteo, teñen prezos moi atractivos e mesmo en algúns casos son de balde.
Na CASA DAS LINGUAS, na Estrada da Granxa (Aceña de Olga) hai biblioteca, hemeroteca, videoteca, ordenadores con conexión a internet, e un espazo para ver películas de video, é un lugar destinado á práctica dos idiomas: coloquios con monitores nativos, consultas a bases de datos, proxeccións de películas e demais actividades que lles permitan incrementar a formación no idioma impartido.
E por último, o prazo de inscrición nas ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS estará aberto do 17 ao 30 de setembro. En total son 15 as modalidades deportivas que se desenvolverán entre o mes de outubro e o mes de maio.
¡Así é difícil aburrirse!
Máis información na páxina web do Concello, pincha AQUÍ!

4/9/09

Exposición "PIONEIRAS. MULLERES EMPRESARIAS GALEGAS"



Esta exposición da a coñecer e recoñecer o emprendemento feminino daquelas mulleres que desenvolveron unha actividade empresarial nunha época na cal ser empresaria non era un papel asignado á muller.
O Servizo Galego de Igualdade e o Concello de Lugo pretenden coa mesma reivindicar as súas caras, as súas historias, as súas memorias, o seu esforzo para poñer en marcha ideas e convertilas en riqueza para elas e para o seu país.


Esta exposición permanecerá aberta ao público no CEI-NODUS desde o 1 ao 15 de setembro, e poderá visitarse en horario de mañá de 8:30 a 14:30 horas e en horario de tarde de 16:30 a 20:00 horas.
É unha oportunidade para poder disfrutar en Lugo dun anaco da nosa bela historia, un anaco seguramente moi descoñecido para nós, e seguramente tamén... apaixonante.

31/8/09

Poesía... tamén no verán (2ª entrega)

Xa case estamos a despedir o verán, e ímolo despedir, nesta sección poética, con uns versos de Rosalía en versión do grupo Nao: A xustiza pola man. O poema está incluído no disco As palabras espidas. O resto das letras do disco foron escritas por Jasper, guitarrista e cantante do grupo, quen afirma na contra cara do disco: "unha choiva de mil versos baña as miñas veas."

24/7/09

Poesía... tamén no verán

Quizá un dos poemas máis memorizados por varias xeracións de estudantes sexa a canción del pirata do poeta romántico Espronceda. Unha das moitas versións musicais foi realizada polo grupo Tierra Santa.

30/6/09

Lecturas recomendadas para o verán


ALCALÁ, XAVIER: A nosa cinza. Ed. Galaxia.
BLANCO AMOR, EDUARDO: A esmorga. Ed. Galaxia.
CASTELAO, DANIEL: Os dous de sempre. Ed. Galaxia. || Retrincos. Ed. Galaxia.
CUNQUEIRO, ÁLVARO: Os outros feirantes. Ed. Galaxia.
DEFOE, DANIEL: Robinson Crusoe. Ed. Xerais.
DE TORO, SUSO: A sombra cazadora. Ed. Xerais. || F.M. Ed. Positivas.
DIESTE, RAFAEL. Dos arquivos do trasno. Ed. Galaxia.
DURRELL GERALD: Pic-nic. Ed. Alfaguara.
FOLE, ÁNXEL: Á Lus do candil. Ed. Galaxia.
REIGOSA, CARLOS: Fuxidos de sona. Ed. Xerais.
GOLDING, WILLIAM: Señor das moscas. Ed. Sotelo Blanco.
LÓPEZ RODRÍGUEZ, XAVIER: Días de desterro. Ed. Xerais.
MARTIN-RIBERA: Flanagan de luxe. Ed. Xerais. || Flanagan Blues Band. Ed. Xerais. || Flanagan 007. Ed. Xerais
MARTÍNEZ OCA, X. MANUEL: Un ano e un día. Ed.Xerais.
MENDEZ FERRÍN, X. LUÍS. Arnoia, Arnoia. Ed. Xerais.
MIRANDA, XOSÉ: Morning Star. Ed.Xerais. || A tres bandas. Ed.Xerais.
MURADO, MIGUEL ANXO: Ruído. Ed. Galaxia.
QUElZÁN, Mª XOSÉ: Amor de tango. Ed. Xerais.
REIGOSA, CARLOS: Crime en Compostela. Ed. Xerais. || O misterio do barco perdido. Ed. Xerais. || Narcos. Ed. Xerais.
RIVAS, MANUEL: Os comedores de patacas. Ed Xerais. || ¿Que me queres Amor? Ed. Galaxia. || O lapis do carpinteiro. Ed. Galaxia.
SALGARI, EMILIO: O corsario negro. Ed. Xerais.
SALlNGER, J. D: O vixía no centeo. Ed. Galaxia.
SWIFT, JONATHAN: As viaxes de Gulliver. Ed. Xerais.
TOLKIEN, J.R.R.: O Hobbit. Ed. Xerais. || O señor dos aneis I. (A Irmandade do anel). Ed. Xerais. || O señor dos aneis II. Ed. Xerais. || O señor dos aneis III. Ed. Xerais.
VERNE, JULES: Viaxe ao centro da terra. Ed. Xerais.
VILLAR, DOMINGO: Ollos de auga. Ed. Galaxia. || A praia dos afogados. Ed. Galaxia.
VV.AA: Antoloxía do conto galego. Século XX. Ed. Galaxia.
VV.AA: O relato policial. Ed. Ir Indo.
VV.AA: Negras sombras. Ed. Galaxia.
VV.AA: Contos fantásticos. Ed. Positivas.

26/6/09

PARABÉNS Á NOSA COMPAÑEIRA LAURA!!!!


Menudo curso cheo de premios que tivemos! Acabamos de enterarnos de que unha profesora do noso instituto recibiu o premio do X Certame Literario Xuvenil “Suárez Ferrín” pola obra “J'aurais toujours faim de toi”, organizado pola Fundación Instituto de Estudios Políticos y Sociales. Moitas felicidades a Laura Rodríguez Manso.
Se queredes ler o traballo pinchade AQUí

Premiados no VII Premio Galicia Innovación Junior


Debemos dar de novo os nosos parabéns a Francisco Peteira Rodríguez, Borja Mirón Chaos, Marcelo Taboada Rosado e Sarai Argiz Vázquez, emprendedores alumnos do IES Xoán Montes que recibiron onte catro accésits polos seus innovadores inventos e á súa profesora, Beatriz López Soto, polo gran esforzo realizado. Os inventos premiados foron un xadrez sonoro interactivo, un identificador mundial antiaccidentes, un espertador para xordos e un teclado luminoso.
Na imaxe podemos ver algún dos premiados xunto con outros compañeiros do instituto mentres visitan os laboratorios dos Servizos Centrais de Investigación do Campus de Elviña (UDC), despois de lles seren entregados os premios.

25/6/09

Lectura para o verán: El código 2.0


Non, non, non se trata da segunda nin da terceira parte do código da Vinci. O título fai referencia á estrutura actual de internet. O autor, Lawrence Lessig, catedrático de dereito en Stanford e presidente de Creative Commons, cuestiona a liberdade da internet. É posible que camiñemos cara unha internet completamente regulada onde sexa cada vez máis difícil exercer a liberdade de expresión? Para aquelas persoas interesadas nas novas tecnoloxías, un libro que vale a pena ler. Orixinalmente publicado en inglés por Basic Books (Cambridge) en 2006 baixo o título The Code Version 2.0, foi recentemente traducido ao castelán e publicado por Traficantes de sueños.

24/6/09

Estás perdido con "Perdidos"?


Se eres seguidor da serie "Perdidos" e estás tan perdido como os seus protagonistas con tanta viaxe no tempo e no espacio pode que aquí atopes algunha explicación as túas dúbidas . Neste documental da serie "O universo elegante" no que explica a " Teoría de cordas" podes encontrar o fundamento científico da serie.

Teoría de cordas

22/6/09

Ana Mª Martínez Sedes


Acaba de recibirse na biblioteca unha gravación desta exalumna, brillante violinista, actualmente alumna becada na Guildhall School of Music and Drama de Londres. O CD contén a sonata para violín e piano en La maior de C. Frank, na que Ana está acompañada por Miguel Ángel González Vallés, e a sonata nº2 en La maior para violín de J. Brahms (opus 100). A gravación xorde da colaboración entre a Consellería de Educación, a fundación Paideia Galiza e o estudo de gravación Mans.

16/6/09

Sorte na selectividade!


Os nosos alumn@s comezarán mañá os temidos exames. Seguro que andarán agora cos apuntes e libros ás voltas pensando que non saben nada nada, pero non é así. Estudaron moito durante o curso e seguro que lles sairán moi ben as probas, nós mandámoslles toda a sorte do mundo e desexamos que estean tranquilos para poder demostrar o moito que aprenderon. O da viñeta é para rirnos un pouquiño... seguro que non lles fará falla ir a setembro.

BOA SORTE!!!

Por certo, en breve estará dispoñible a revista do instituto, pasade a collela porque está de verdade interesante e aparecen uns modelos guapísimos na foto central a toda cor. Este ano esmeráronse todos os que interviron nela... non a podedes perder!

14/6/09

E no cotián... a poesía: Pablo Neruda (1904-1973)


Pouca presentación precisa Pablo Neruda, un dos mellores poetas do século XX. Mais quizá sexa necesario recordar que non foi só autor de poemas de amor (...quen non escoitou nunca un dos seus vinte poemas ou dos cen sonetos?), tamén cultivou a poesía surrealista, a poesía histórica e máis a poesía social e política.

Disfrutemos agora da lectura dun dos poemas do seu libro Residencia en la tierra.

TIRANÍA

Oh dama sin corazón, hija del cielo,
auxíliame en esta solitaria hora
con tu directa indiferencia de arma
y tu frío sentido del olvido

Un tiempo total como un océano,
una herida confusa como un nuevo ser
abarcan la tenaz raíz de mi alma
mordiendo el centro de mi seguridad.

Qué espeso latido se cimbra en mi corazón
como una ola hecha de todas las olas,
y mi desesperada cabeza se levanta
en un esfuerzo de salto y de muerte.

Hay algo enemigo temblando en mi certidumbre,
creciendo en el mismo origen de las lágrimas
como unha planta desgarradora y dura
hecha de encadenadas hojas amargas.

13/6/09

Conto un conto


Este conto recibino dun amigo hai algún tempo, non sei o autor/a. Encántanme os contos, en pouco tempo poden dicirnos cousas transcendentais, incluso moitos son case máxicos. Este paréceme especial e por iso quero compartilo... se sabes ti dalgún outro tamén o podes contar.

"Erase una vez un hermoso jardín que hacía las delicias de su dueño, quien se dedicaba a él en cuerpo y alma. Cada mañana, cruzaba el jardín, para llenar los cubos con el agua cristalina del arroyo. Luego, recorría el jardín para regar las flores, necesitaba dos cubos. Uno era fuerte y reluciente, recién comprado. El otro, en cambio, era viejo y le empezaban a pasar factura los años de servicio. Cada mañana, el jardinero llenaba los dos cubos. El nuevo que estaba muy orgulloso de sí mismo, era capaz de transportar el agua sin derramar una sola gota. El pobre cubo viejo se sentía acomplejado al mirar a su compañero de faena. Era consciente de que tenía muchos agujeros y de que había perdido gran parte del agua para cuando el jardinero alcanzaba las flores. A veces, los cubos conversaban mientras el jardinero los transportaba. El cubo nuevo decía: mira lo eficaz que soy. Menos mal que el jardinero me tiene a mí para asegurarse de que sus flores reciben suficiente agua cada día. No sé por qué pierde el tiempo contigo, lo único que haces es ocupar espacio en la caseta. El viejo respondía: ya sé, no sirvo para nada, pero lo hago lo mejor que puedo, gracias a Dios, el jardinero sigue considerándome de utilidad.
Un día, el jardinero escuchó la conversación de los cubos. Al llegar a las flores, las regó como siempre, utilizó el cubo nuevo primero y después el cubo viejo, que, como era habitual, había perdido la mitad del agua. Luego les dijo: gracias a los dos por vuestro trabajo. Voy a dejaros de nuevo en la caseta y quiero que os fijéis atentamente en el camino. Ambos comprobaron que el lado del camino por el que el jardinero transportaba el cubo nuevo estaba seco, mientras que el del cubo viejo lucía un hermoso verdor, donde, en unas semanas, creció una bella hilera de flores que atravesaba el largo jardín.
Hay personas que, con frecuencia, ofrecen a los demás un trato más amable y respetuoso del que se dan a ellas mismas. Inclusive, están más dispuestas a sacrificar su tiempo y energía para complacer a otros, en lugar de hacer el mismo esfuerzo cuando ellas mismas lo necesitan. La autoestima es la capacidad que desarrollamos de aceptarnos y querernos a nosotros mismos, independientemente de lo que los demás piensen de nosotros. Valorarnos y tratarnos bien es la clave para conseguir el bienestar y el éxito.
Una autoestima sana se refleja en la confianza que tenemos en nuestras cualidades y talentos, en la capacidad de establecer límites justos en relación con otras personas; también, en la voluntad que tengamos para hacer todo aquello que nos haga sentir mejor y que nos impulse a conseguir nuestras metas.
Somos nosotros quienes les enseñamos a los demás como nos van a tratar. No permitas que alguien te maltrate física o emocionalmente, mereces sentirte querido y ser tratado con respeto y gentileza. Rodéate de personas que te aprecien y quítales el poder que les das a las personas que te afectan negativamente.
Una autoestima sana nos da una visión optimista y positiva de la vida. Además, nos convierte en personas felices y autosuficientes. No necesitamos tanto de la aprobación o de la motivación que nos puedan dar los demás y podemos disfrutar del derecho a elegir con quien vamos a relacionarnos.
Por eso, más importante que lo que los demás piensen de ti, es lo que tú creas de ti mismo.
Claves para valorarte más:
Reconoce y acepta tus cualidades y talentos. Piensa en tus aspectos positivos en lugar de fijarte en tus limitaciones. Haz una lista con todos los aspectos positivos que posees y apóyate en ellos.
Haz cosas que te hagan sentir bien. Tú eres la persona que tiene que sentirse satisfecha con lo que hace y con el resultado de sus esfuerzos.
Atrévete a expresar lo que piensas con seguridad. Evita suponer lo que pensarán los demás de tus ideas y comentarios. Recuerda que siempre encontrarás personas afines con tu punto de vista. No seas crítico contigo mismo.
Cultiva tu individualidad. Cuando te comparas con los demás y quieres parecerte a otra persona, pierdes tu identidad. Acéptate como eres y anímate a ser auténtico en todo momento. Rescata tus valores
."


Penso que non hai moito máis que dicir... APLÍCATE O CONTO!

12/6/09

O camiño da auga percorre este sábado as rúas e muralla de Lugo


Si, xa sei que é algo tarde, pero soubemos agora desta actividade por unha das integrantes da ONG... graciñas por informarnos.

Implicadas/os no Desenvolvemento é unha ONG galega que leva dez anos cambiando o mundo dende Galicia, e mañá leva o problema do abastecemento de auga en Etiopía, e en toda África, ás nosas rúas e á nosa muralla. Será unha mañá de reinvindicación, sensibilización e tamén... diversión!
Resumo do programa:
11.00 h. Chegada das autoridades públicas convidadas e recibimento no adro da catedral.
11.30 h. Comeza o carrexo das mesmas garrafas que utilizan as mulleres etíopes, cheas de auga, que irán pasando de persoa a persoa por quendas, xa que se animará ao público presente a unirse ao camiño da auga. O percorrido será o seguinte: Porta de Santiago >> A Mosqueira >> Campo Castelo >> Rúa de San Pedro >> Rúa Xoán Montes >> Rúa da Raíña >> Praza Maior. (Coa participación de persoas importantes e implicadas)
12.00 h. Comezan as actividades de animación de rúa na Praza Maior organizadas polas asociacións ATEIBO e María Castaña: xogos, obradoiro de globoflexia, distribución de folletos, etc.
13.00 h. Chegada do Camiño á Praza Maior e lectura do manifesto.

Implicadas agarda contar con todas e todos nesta xornada tan importante. Participa!
Máis información en http://www.augaparaetiopia.org/ e tamén no blog http://www.implicadas.blogspot.com/

11/6/09

ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA


Con motivo do Ano Internacional da Astronomía, Rafael Bachiller, director do Observatorio Astronómico Nacional, invítanos a un percorrido dos feitos cruciais destes catro séculos da historia do telescopio.

Para saber máis, pincha aquí.

7/6/09

ARDE LUCUS... UNHA FESTA!


"O pasado nunca morre, nin sequera é pasado". William Faulkner
Un ano máis Lugo confirma que o pasado non o é, que tod@s somos roman@s ou celtas, o que a imaxinación nos permita, porque neste presente que segue a ser pasado temos a vantaxe de escoller quen somos.
Lucus Augusti celebra a fin de semana do 26, 27 e 28 de xuño a festa de Arde Lucus situándonos de novo no século III.
Están organizados polo Concello varios concursos para empaparnos desa historia:
Categoría "Personaxes Romanos ou Celtas":
Existen dúas modalidades a representar por grupos ou individual: dentro destes poderase ir caracterizado de celta ou de romano. Nesta última modalidade estableceránse dúas categorías, infantil (menos de 12 anos) e adultos (de 13 en adiante).
O concurso terá lugar o 28 de xuño na Praza Maior. Ao longo de todo o desfile os participantes deberán levar un estandarte co nome romano ou celta do grupo ou da personaxe.
Categoría "Campamento":
O concurso celebrarase o 28 de xuño en horario de apertura do campamento. Os grupos deberán estar formados como mínimo por 5 persoas e que leven ao longo de todo o concurso un estandarte co nome do grupo. A acampada deberá comezar o 26 de xuño e levantarse o 28 de xuño. Os grupos elexirán entre o bando celta (guerreiros celtas, etc) ou o bando romano (lexionarios romanos, etc) e a súa tenda e ambientación teñen que ir acordes coa súa elección.
As inscricións poderán realizarse na Oficina de Información Xuvenil ata o 12 de xuño de 2009, situada no Centro Social Uxío Novoneyra.
Novidades da festa:
Modificarase a tradicional Queima da fachada, que deixará de ser pasiva para ter un carácter máis activo, mezclarase luz, son e fogo no mesmo emplazamento coa participación de actores que arengarán ao público como se fosen as tropas, e por primeira vez crearase un son exclusivo para a festa que se convertirá nun elemento representativo do Arde Lucus.
Para informarse mellor hai unha páxina web específica http://www.ardelucus.com/

Reviviremos a historia!


5/6/09

Parabéns, emprendedores!


Os emprendedores deste centro non deixan de darnos gratas novas, que non sorpresas, pois non esperábamos menos deles. A nova desta semana é que David, Alexandre, Amparo, Alejandra, José Luís, Silvia, Borja D., Laura, Tamara, Zhenya, Omar, Raquel, Alejandro, Borja M., Saúl, Úrsula, Francisco, Sheila, Ainara, Marcelo, Samuel e Beatriz López Soto, a súa profesora, son finalistas do concurso de blogs que organiza o xornal "La Voz de Galicia" dentro do seu programa "prensa-escuela".
Co blog premiado non só amosan a súa grande iniciativa emprendedora senón que ensinan como con pequenas aportacións se pode realizar un gran traballo colectivo. Tamén mostran como se poden integrar as novas tecnoloxías, dun xeito enriquecedor, no proceso de ensino-aprendizaxe. Parabéns a todas e todos, ánimo e continuade na mesma liña!

4/6/09

E no cotián... a poesía: Woody Guthrie (1912-1967)


Continuando na liña da poesía popular emprendida a semana pasada, presentamos hoxe a Woodie Guthrie. Tratándose dun cantautor norteamericano, probablemente non apareza nos libros de literatura, mais consideramos que debe aparecer aquí por ser esta unha sección poetizadora do cotián.

Outra razón importante para que apareza neste blog é que recentemente saiu publicada unha reedición dalgunha das súas cancións interpretadas por Lee Wolfe, Maraya Zydeco e Manuel Cordero. E diredes vós... e que ten que ver iso con nós? Que temos a sorte de contar con Maraya Zydeco (María Álvarez) como profesora de música durante este curso académico.

A poesía de Guthrie é unha poesía combativa e sentida. Era habitual que a súa guitarra levase o lema: "this machine kills fascists" e consideraba que a canción popular podía axudar a transformar o mundo. Como podemos ler na cabeceira do seu sitio oficial:

A folk song is what's wrong and how to fix it or it could be
who's hungry and where their mouth is or
who's out of work and where the job is or
who's broke and where the money is or
who's carrying a gun and where the peace is


Non alongaremos innecesariamente esta anotación. Come When I Call You (1949) comeza e remata así:

Oh, will you come when I call you?
I’ll come when you call me.
I’ll call you at half-past one!
One’s for the pretty little baby that's
born, born, born and gone away.

Oh, will you come when I call you?
I’ll come when you call me.
I’ll call you at half-past two.
Two's for the love of me and you.
One's for the pretty little baby
that’s born, born, born and gone away.

Oh, will you come when I call you?
I’ll come when you call me.
I’ll call you at half-past three.
Three’s for these warships at sea.
Two's for the love of me and you.
One's for the pretty little baby
that’s born, born, born and gone away.

Will you come when I call you?
I’ll come when you call me.
I’ll call you at half-past four.
Four's for the guns of this war.
Three’s for these warships at sea.
Two's for the love of me and you.
One's for the pretty little baby
that’s born, born, born and gone away.

[…]

Oh, will you come when I call you?
I’ll come when you call me.
I’ll call you half-past ten.
Ten for the atom bomb loose again.
Nine for the crippled and blind.
Eight for my eight billion graves.
Seven for continents blowed up.
Six for the cities all wrecked.
Five's for these warplanes that fly.
Four's for the guns of this war.
Three’s for these warships at sea.
Two's for the love of me and you.
One's for the pretty little baby
that’s born, born, born and gone away.



Mario Benedetti e as Matemáticas

Karl Weierstrass dixo: "Un matemático que non é tamén algo poeta nunca será un matemático completo". Os poetas tamén utilizan as matemáticas como tema na súa obra, como no caso de Mario Benedetti recentemente falecido.


El Infinito


De un tiempo a esta parte
el infinito
se ha encogido
peligrosamente.
Quién iba a suponer
que segundo a segundo
cada migaja
de su pan sin límites
iba así a despeñarse
como canto rodado
en el abismo.


5 de xuño, Día do Medio Ambiente


Nun recente informe acerca do compromiso dos españois co medio ambiente saliéntase que a maioría da poboación mantén unha actitude positiva cara á conservación do medio natural, mais so un de cada dez ten un comportamento axeitado. Incluso a maioría practica hábitos agresivos co medio ambiente. Unha porcentaxe moi elevada afirma estar pouco ou nada informada acerca dos problemas medioambientais (contaminación, cambio climático, aumento dos residuos urbanos e os seus tratamentos, perda da biodiversidade, desertificación, diminución dos recursos hídricos, pesqueiros, minerais, enerxéticos…).
Aínda que os españois recoñecen a necesidade de actuacións protectoras, non están dispostos a renunciar a acadar maiores niveis de consumo e ademais centran as responsabilidades nos poderes públicos.
Polo que se refire a Galicia, esta Comunidade necesitaría seis veces o seu territorio para soportar a "pegada ecolóxica" que na actualidade orixina, entendendo por "pegada ecolóxica" a área do territorio produtivo ou ecosistema acuático necesaria para producir os recursos utilizados e para asimilar os residuos e a contaminación dunha poboación. Este termo débese comparar co de "capacidade de carga", que se define como a capacidade que presenta un ecosistema para sustentar e, ao mesmo tempo, manter a produtividade e a renovabilidade dos recursos.
A relación entre os dous termos revela que Galicia presenta un déficit ecolóxico elevado, o que significa que necesitamos máis terreo do que temos. Dispoñemos de, aproximadamente, 3 millóns de hectáreas de terreo e demandamos máis de 17 hectáreas para satisfacer as nosas necesidades. Estes datos fannos recapacitar e recoñecer a importancia de buscar alternativas ao consumo irracional e desproporcionado que temos, a informarnos acerca dos problemas ambientais e a seguir hábitos de vida máis respectuosos co medio a fin de conquerir un desenvolvemento sustentable, para nós e para as xeracións futuras.

Pensa cal será o teu graniño de area que faga a montaña e... ACTÚA!

Para obter máis información e recursos podes premer AQUÍ
Carmen Tizón


3/6/09

FESTIVALÍZATE, QUE ACABA EL PLAZO!!!!!!


LAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS ORGANIZADAS PARA EL FIN DE CURSO 2008-2009 SON:
*Campeonato lanzamiento penaltys por equipos fútbol sala
(Equipo mixto de 5 lanzadores)
*Campeonato por parejas tiros libres baloncesto
(5 tiros libres cada uno de la pareja)
*Gymkana: (equipos mixtos de 8 para hacer las distintas pruebas):
1.- Carrera de sacos.
2.- Pasar pelota cuello a cuello sin ayuda de manos.
3.- Soga-tira.
4.- Carrera de relevos con cuchara y pelota.
*Exhibición de coreografías y baile moderno de alumnos y profesores.

SE CELEBRARÁ EL DÍA 23 DE JUNIO, MARTES, DE 9.00 A 14.30 HORAS

NOTA IMPORTANTE:
• 05 de JUNIO fecha tope de inscripción.
• Los equipos pueden estar mezclados, de distintos cursos y clases.
• Para inscribirse, hablar con la profesora de Educación Física Berta.

¿ACASO NO TE PARECE APETECIBLE?
NO LO PIENSES MÁS Y APÚNTATE, DEMOSTRAREMOS QUE EN EL IES XOÁN MONTES SABEMOS DIVERTIRNOS DEPORTIVAMENTE, COMENZAREMOS UNA TRADICIÓN Y ... ¡TÚ FORMARÁS PARTE DE ELLA!


Berta