Mostrando entradas con la etiqueta creatividade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta creatividade. Mostrar todas las entradas

21/4/11

Día da creatividade

Todos posuímos un talento, todos temos a capacidade de ser creativos; e a maioría vivimos sen sabelo, convencidos moitas veces de que o creativo é aquel que sabe compor melodías, ou escribir unha poesía. Ken Robinson, experto en desenvolvemento da creatividade, e entrevistado no segundo destes vídeos, correspondente a un dos dous capítulos que o programa Redes dedica á creatividade, nos di "a creatividade apréndese igual que se aprende a ler" e "cando nos apaixona o que facemos e ademais temos a preparación adecuada para facelo ben, estamos no noso elemento, un estado marabilloso no que traballamos sen cansazo e con gran creatividade".
Así que a clave tamén está en querer aprender a ser creativos e saber que nos apaixona, ti xa o sabes?



17/10/10

E no cotián... a poesía: Malena Mörling



Nada en Suecia en 1965, Malena Mörling é profesora de creatividade literaria na Universidade de Carolina do Norte Wilmington e profesora de poesía noutras institucións universitarias. Ademáis traduce a obra de poetas suecos ao inglés e recibiu múltiples premios e mencións. Publicou Ocean Avenue en 1999 e Astoria en 2006. Ofrecemos un dos poemas incluídos no primeiro libro:


ASHES
Now the person you loved
the most in your whole life
Now the body
that held you
all night in bed
Now the arms
and the hands
Now the face that slept
against yours
the breath that moved
in and out of your mouth
Now the bright eyes
the forehead
the entire body
is lighter
than the flurries
that appear
out of nowhere

21/4/10

21 de abril, Día Mundial da Creatividade e a Innovación



Marci Segal, un deseñador publicitario de Toronto (Canadá), decidiu promover no ano 2001 o Día Mundial da Creatividade e a Innovación, motivado por un artigo aparecido en prensa que criticaba a falta de ideas dos publicistas canadenses. Desde entón celébrase este Día Mundial cada 21 de abril.

Elixiuse este día ao coincidir co nacemento dunha das mentes máis creativas da historia da humanidade, Leonardo da Vinci. Esta iniciativa conmemórase en diferentes cidades de varios países do mundo co obxectivo de organizar unha rede que colabore para unir esforzos en favor da creatividade. As persoas que participen na celebración deste día son alentadas a usar a súa creatividade para facer do mundo un lugar mellor e tamén para facer do seu lugar no mundo algo mellor.






Recomendamos os seguintes blogs, que teñen interesantes recursos e técnicas de creatividade:
http://www.neuronilla.com/
http://blog.micelulacreativa.com/


1/10/09

Concurso para creativos INVENT-AD


Parece que non queda tanto para que acabe o ano europeo da creatividade e a innovación, pero aínda hai tempo para participar en dous concursos que están na súa primeira edición. O prazo para participar remata o 30 de novembro... non perdas tempo!

1ª EDICIÓN DO CONCURSO INVENT-AD
INVENT-AD é un concurso creativo destinado aos alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional, no que se busca a mellor campaña publicitaria para algúns dos inventos e achados científicos que revolucionaron a sociedade. Propóñense oito inventos que cambiaron o rumbo da humanidade e tres categorías a participar: póster, cuña de radio ou anuncio de TV. De todos os proxectos participantes elixiranse tres gañadores, un para cada categoría, que recibirán un premio de 1.500€ a gastar na mellora do equipamento científico da escola. Es capaz de pensar unha campaña publicitaria para os inventos que non a tiveron?
MODALIDADE SLOGAN. INVENT-AD na súa modalidade de slogan, é un concurso creativo aberto a calquera persoa que resida en territorio nacional. O slogan é o sinal de identificación da marca ou do produto para convencer ao posible receptor das súas bondades e vantaxes. Un elemento breve que permite que o produto anunciado sexa recordado con facilidade. Invitámosche a que cres un slogan publicitario para algún dos inventos científicos seleccionados por divuCiencia. Poden presentarse tantas propostas como se queira en calquera lingua oficial do estado, se non é en español deberán ir acompañadas da súa correspondente tradución. ATRÉVETE A SER CREATIVO! O premio para esta modalidade será unha reprodución artesanal e en miniatura dun invento.
Para obter máis información dos concursos pincha AQUí
Tamén hai unha páxina onde atoparás interesante información www.conselleriaiei.org/divulgacion360/
.