Mostrando entradas con la etiqueta Astronomía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Astronomía. Mostrar todas las entradas

11/6/09

ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA


Con motivo do Ano Internacional da Astronomía, Rafael Bachiller, director do Observatorio Astronómico Nacional, invítanos a un percorrido dos feitos cruciais destes catro séculos da historia do telescopio.

Para saber máis, pincha aquí.

24/5/09

Muiñeira Celestial?

Segundo podemos ler na páxina de noticias chuza.org, existe unha estrela, situada 130 anos luz do sistema solar, que emite constantemente un ritmo de muiñeira! É unha estrela xigante amarela, moito máis luminosa que o sol, e 10 veces máis grande. O seu nome é máis ben pouco galego, xi Hydrae.

Que fantástica noticia para os astronautas galegos, que xa non teñen que levar o ritmo da casa!

Con este tipo de historias poderiamos ser escépticos. Ás veces vense cousas onde non as hai, mais esta vez parece bastante verídico. Se non o cren, escoiten atentamente premendo nesta ligazón, e comparen!

21/5/09

Veremos dúas lúas!



Posto que a Astronomía é unha ciencia ligada ás Matemáticas, dende este departamento queremos avisarvos dun fenómeno astronómico que sucederá no mes de Agosto e que culminará o 27 dese mes: Marte verase do mesmo tamaño que a Lúa, polo que parecerá que A Terra ten dúas lúas.


MARTE en agosto 2007 pps E G






MARTE en agosto 2007 pps E G rbm1942