O venres 28 fomos a Vigo a recoller o primeiro premio ao Mellor Spot de Publicíta-t, do que xa informamos recentemente neste blog. O programa foi intenso. Pola mañá, xornada de portas abertas na Escuela de Negocios de Caixanova: visitamos as instalacións, faláronnos dos estudos que alí ofertan e fixemos unha dinámica de grupos moi interesante. Tíñannos envasada a comida para poder xantar na praia de Samil, o tempo acompañaba e algunhas aproveitaron para pegarse un baño no mar. Á volta, paseamos polo porto e puidemos disfrutar do casco vello da cidade. Ás sete era a entrega de premios, moi emocionante... e que ricos os pinchos de despois! Podedes ver nas fotos o contentos que viñemos (si, da praia non teño imaxes... que pensabades?)
Felicidades de novo a tod@s, a ver se o próximo ano repetimos a experiencia.
Esta exposición da a coñecer e recoñecer o emprendemento feminino daquelas mulleres que desenvolveron unha actividade empresarial nunha época na cal ser empresaria non era un papel asignado á muller.
O Servizo Galego de Igualdade e o Concello de Lugo pretenden coa mesma reivindicar as súas caras, as súas historias, as súas memorias, o seu esforzo para poñer en marcha ideas e convertilas en riqueza para elas e para o seu país.
Esta exposición permanecerá aberta ao público no CEI-NODUS desde o 1 ao 15 de setembro, e poderá visitarse en horario de mañá de 8:30 a 14:30 horas e en horario de tarde de 16:30 a 20:00 horas.
É unha oportunidade para poder disfrutar en Lugo dun anaco da nosa bela historia, un anaco seguramente moi descoñecido para nós, e seguramente tamén... apaixonante.
Os emprendedores deste centro non deixan de darnos gratas novas, que non sorpresas, pois non esperábamos menos deles. A nova desta semana é que David, Alexandre, Amparo, Alejandra, José Luís, Silvia, Borja D., Laura, Tamara, Zhenya, Omar, Raquel, Alejandro, Borja M., Saúl, Úrsula, Francisco, Sheila, Ainara, Marcelo, Samuel e Beatriz López Soto, a súa profesora, son finalistas do concurso de blogs que organiza o xornal "La Voz de Galicia" dentro do seu programa "prensa-escuela". Co blog premiado non só amosan a súa grande iniciativa emprendedora senón que ensinan como con pequenas aportacións se pode realizar un gran traballo colectivo. Tamén mostran como se poden integrar as novas tecnoloxías, dun xeito enriquecedor, no proceso de ensino-aprendizaxe. Parabéns a todas e todos, ánimo e continuade na mesma liña!
O día do emprededor este ano celébrase o 19 de maio, sendo a 4ª das súas edicións. O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Bic Galicia, xunto co Ministerio de Industria organizan o encontro, que terá como eixos fundamentais as oportunidades de negocio, a innovación, o financiamento e a internacionalización. Ademais, entre as principais novidades, o IV Día do Emprendedor inclúe a posibilidade de que os asistentes dispoñan de asesoramento personalizado e gratuíto, facilitado por técnicos e expertos nas diferentes áreas de xestión empresarial.
A 4ª edición de "Emprendemos Xuntos" quere transmitir a través do lema "Visión emprendedora, oportunidade empresarial" a necesidade de contar, agora máis que nunca, coas ideas, proxectos e esforzos de todos, na procura de oportunidades empresariais.
En Lugo tamén podemos asistir a unha xornada organizada polo CEI (Centro de Empresas e Inovación) con gran cantidade de actividades de interese, tanto pola mañá como pola tarde. Podes informarte e inscribirte AQUÍ
Para empezar, empápate do espíritu dos emprendedores, vendo este motivador vídeo:
No noso instituto comezamos o ano pasado coa materia "Obradoiro de iniciativas emprendedoras", este curso dase en 3º e 4º da ESO. Como son a profesora que o imparte aproveito a ocasión para felicitar ao meu alumnado, moitos participaron no concurso de "Galicia Innovación Júnior" e están preseleccionados 4 proxectos na 1ª fase que xa seguro obteñen un premio, oxalá nos levemos algún primeiro o segundo, pero xa é mérito estar preseleccionados.
Felicidades en especial a Borja Mirón e Marcelo Taboada, a Francisco Peteira e a Sarai Argiz, tamén quero agradecer a colaboración do profesor de tecnoloxía, Gerardo Baamonde, e a dos alumnos que lles animan e axudan na 2ª fase do concurso.
Relacionado co emprendemento, na nosa bilioteca temos volumes moi interesantes:
El arte de empezar. KAWASAKY, GUY. La guía del emprendedor: combinaciones transgresoras para crear un negocio único. BROWN, DANIEL e HERRERA, HERNÁN. La estrategia en el posavasos o Cómo convertir una buena idea en un gran negocio . SOURTHON, MIKE e WEST, CHRIS. Cambio de vida. Cómo me hice rico. ZÁRATE, AITOR.
E por último, unha cita para reflexionar:
"Os emprendedores son os que ven poucas diferenzas entre obstáculos e oportunidades e poden tornar ambas ao seu favor". Nicolás Maquiavelo.