Mostrando entradas con la etiqueta Pintura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pintura. Mostrar todas las entradas

5/3/11

Cen por cen Seoane

O pasado ano 2010 celebrábamos o centenario do nacemento de Luís Seoane. Con este motivo, a Fundación Caixa Galicia organiza unha exposición que percorre cen lugares da vida e a obra deste artista: Cen por cen Seoane. Cen anos cen lugares. O percorrido a través destes cen lugares conmemora os cen anos que cumpriría Seoane o pasado ano e tentan achegar ao espectador ao creador, á súa obra e ao contexto no que xurdiu. A mostra está composta de materiais moi diversos: pinturas, debuxos, gravados, carteis, libros, cartas, fotografías... e poderá visitarse en Lugo durante os meses de marzo, abril e maio.

14/10/09

“Los pintores de Artal. Pintura española del Museo de La Habana”, en Lugo


Esta exposición dará comezo o 16 de outubro na sala de exposicións do Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia de Lugo. Ata o 10 de xaneiro poderemos ver de cerca un total de vinte e sete paletas e vinte óleos de artistas que participaron nos Salóns de Artal, dando testemuña do movemento da pintura española de entresiglos en Hispanoamérica, grazas ao intenso labor de marchantes como José Artal. Esta pequena colección, que reuniron o marchante catalán e a súa esposa, móstrase agora como unha mirada cara á recepción que tiveron en Cuba os pintores promovidos por el naquel período. Desde a colección do museo da Habana, dase un novo enfoque a esa promoción da arte entre España e Hispanoamérica nos albores do século XX, expresión dun fenómeno que abarca moito máis e que inclúe o coleccionismo e a circulación da arte a unha escala moito maior. Descubrimos este curioso capítulo da historia da arte a través da presente exposición, comisariada por Manuel Crespo e Abelardo Mena.

O horario de apertura ao público é : luns a sábados de 12:00 h. a 14:00 h. e de 18:00 h. a 21:00 h. Domingos e festivos de 12:00 h. a 14:00 h.
Visitas guiadas: para público en xeral, mércores e sábados ás 19:30 h, para grupos, concertar no 982 289 096
.