25/7/10
25 DE XULLO, DÍA NACIONAL DE GALICIA
12/7/10
Somos campións do mundo!
6/7/10
FESTIVAL FIN DE CURSO
Este ano celebramos o fin de curso cun festival de danza, organizado pola profesora Ilda Luaces Torres, no que participaron alumnos de ESO. Foi un éxito clamoroso. Ao final entregaronse os premios dos concursos "Big Challenge", "Adiviña, adiviña" e "Adiviña quen son".
Moitas grazas a tod@s os que colaboraron para facernos pasar unha xornada tan agradable.
24/6/10
Lecturas para o verán
DAHL, ROALD: Voando so.
DURRELL, GERALD: Un novio para mamá y otros relatos.
TOLSTOY, LEÓN: Guerra y paz.
GALLEGO, LAURA: Memorias de Idhún.
SMITH, A.C.H.: Dentro del laberinto.
REIGOSA, CARLOS: O misterio do barco perdido.
TEIXIDOR, EMILI: El crimen del triángulo equilátero.
SALINGER,J.D.: O vixía no centeo.
SARAMAGO, JOSÉ: El cuento de la isla desconocida.
HERNÁNDEZ, MIGUEL: Antología.
22/6/10
Recollida do premio ao mellor blog
18/6/10
E no cotián... a poesía: José Saramago (1922-2010)
Non quixermos que fose coa ocasión de hoxe que lle dedicásem
os a José de Sousa Saramago un lugar na nosa sección poética. Máis coñecido pola súa obra en prosa, este escritor e xornalista portugués, publicou tamén varios libros de poemas nos que amosa a súa mestría coa palabra. Déixanos hoxe, mais perdura na memoria e nos andeis a súa obra. E quizá no corazón dos máis febles se sinta con máis forza a falta deste home que, fóra de xornalísticas polémicas, abrazou na súa obra a causa do ser humano.Ofrecemos só un poema publicado no libro Os Poemas Possíveis, e que tomamos de Jornal de Poesia, mais recomendamos vivamente a lectura da súa inxente obra, ben sexa no formato tradicional de libro, ou na versión dixital do seu blog.
Poema à boca fechada
Não direi:
Que o silêncio me sufoca e amordaça.
Calado estou, calado ficarei,
Pois que a língua que falo é de outra raça.
Palavras consumidas se acumulam,
Se represam, cisterna de águas mortas,
Ácidas mágoas em limos transformadas,
Vaza de fundo em que há raízes tortas.
Não direi:
Que nem sequer o esforço de as dizer merecem,
Palavras que não digam quanto sei
Neste retiro em que me não conhecem.
Nem só lodos se arrastam, nem só lamas,
Nem só animais bóiam, mortos, medos,
Túrgidos frutos em cachos se entrelaçam
No negro poço de onde sobem dedos.
Só direi,
Crispadamente recolhido e mudo,
Que quem se cala quando me calei
Não poderá morrer sem dizer tudo.
14/6/10
14 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO DOANTE DE SANGUE
Este evento anual, que ten como principal obxectivo motivar a máis persoas a que se fagan doantes, está dedicado a demostrar que os sistemas e as políticas de saúde son eficaces para facer que as transfusións sanguíneas resulten seguras e accesibles á xente de todo o mundo. O día Mundial do Doante de Sangue 2010, centrado nos doantes máis novos, ten por lema: "Sangue novo para o mundo". Os mozos e mozas poden contribuir notablemente á causa, tanto doando sangue como convencendo a outros mozos a facerse doantes. En 2010, o acto de dimensións mundiais terá lugar en Barcelona, e exercerán de anfitrionas as autoridades sanitarias dos gobernos español e catalán, as asociacións de doantes españolas e cataláns, e a Cruz Vermella Española.
13/6/10
AO FINAL NON FOI

12/6/10
12 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL CONTRA O TRABALLO INFANTIL

5/6/10
5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

4/6/10
Excursión de fin de curso Italia 2010
Saímos ás 6:30 do día 19 de marzo dende o fogar de Santa María. Tras unha longa viaxe na que case todos durmimos, chegamos a Zaragoza, onde comemos e visitamos o Pilar. Tras unha pausa, retomamos a viaxe. Chegamos a Barcelona, onde paramos a durmir no primeiro hotel da nosa viaxe. Pola noite, achegámonos ata a praia.
ZARAGOZA
VENECIA
ROMA2/6/10
Recollida do primeiro premio ao Mellor Spot de Publicíta-t
O venres 28 fomos a Vigo a recoller o primeiro premio ao Mellor Spot de Publicíta-t, do que xa informamos recentemente neste blog. O programa foi intenso. Pola mañá, xornada de portas abertas na Escuela de Negocios de Caixanova: visitamos as instalacións, faláronnos dos estudos que alí ofertan e fixemos unha dinámica de grupos moi interesante. Tíñannos envasada a comida para poder xantar na praia de Samil, o tempo acompañaba e algunhas aproveitaron para pegarse un baño no mar. Á volta, paseamos polo porto e puidemos disfrutar do casco vello da cidade. Ás sete era a entrega de premios, moi emocionante... e que ricos os pinchos de despois! Podedes ver nas fotos o contentos que viñemos (si, da praia non teño imaxes... que pensabades?)
Felicidades de novo a tod@s, a ver se o próximo ano repetimos a experiencia.
1/6/10
E no cotián... a poesía: Luís Seoane (1910-1979)
31/5/10
Gañadores concursos "adiviñas"
Despois do reconto de acertos, e case nengún erro, o xurado otorga os premios nos concursos convocados con motivo do Día Escolar das Matemáticas, e que son para:
Concurso "ADIVIÑA QUEN SON":
1º Premio: Marta Salgado Castelo
Finalistas: Marta González Gegúndez
Alba Mourelos Pernas
Christian Toimil Arango
Concurso "ADIVIÑA, ADIVIÑA":
1º Premio: Claudia García González
Finalistas: Inés Maghalhaes Pereira
Laura Pérez Valiña
Alba Mª Pereira
O xurado agradece aos participantes o entusiasmo na pescuda das solucións e anima a todo o alumnado a seguir participando. Felicitacións para todos.
Os premios entregaránse próximamente
30/5/10
MELLOR BLOG DO ANO
Os alumnos do Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras (3ºde ESO) e a súa profesora Beatriz son os gañadores do premio ao mellor blog do ano no concurso que organiza o xornal "La Voz de Galicia", dentro do seu programa prensa-escuela. O día 5 de xuño, acudirán todos á Coruña para recoller o premio.
Parabéns para todos e ánimo para seguir con estas iniciativas.
25/5/10
Vas quedar sin ela?

O resto, o que podemos facer e aproveitar e... mercala!
24/5/10
Concurso Literario en inglés: Entrega de premios
17/5/10
CAMIÑO DE SANTIAGO!
Alumn@s atrevid@s do noso instituto (Andrés Armesto, Marta Salgado, Ángela Beltrán, Marco Gugliandolo, Diego Graña, Jonatan Lopes e David Graña) puxémonos un reto coa axuda do noso profesor Gerardo. O reto consistía en facer o Camiño de Santiago dende Lugo en tres días. O primero día saímos de Lugo ás 8.45, dirección Melide (57km). Fixemos unha pequena parada ao mediodía para xantar e continuamos cara o noso destino, ao que chegamos ás 20.00. A segunda etapa consistía en facer Melide-Arca (casi 40km). Despois dunhas paradas que tivemos que facer para xantar, etc., conseguimos chegar. E a última etapa da viaxe foi Arca-Santiago de Compostela (20km).
RETO CONSEGUIDO!!
Moitas grazas Gerardo.
Uxío Novoneyra (1930-1999)
GALICIA, será a miña xeneración quen te salve?
Irei un día do Courel a Compostela por terras libradas?
Non a forza do noso amor non pode ser inutle!







