18/11/10

GALICIA E AS CIENCIAS DO MAR

(Escrito polos alumnos de 4º de ESO, PDC)
O luns  15 de novembro, os alumnos de ESO asistimos na biblioteca do instituto a unha actividade científica do proxecto "Galicia e as ciencias do mar".
Aprendimos que as rías baixas galegas son moi fértiles grazas aos afloramentos. Un afloramento é un punto no que  as correntes de augas frías afloran á superficie traendo gran cantidade de plancto para todas as especies mariñas; por iso as nosas rías son tan ricas en peixe e marisco e as súas augas tan frías.
Cando se xuntan dúas masas de auga diferente, sempre, en todos os océanos, aumenta a produción de plancto, algas e peixe.
Vimos un experimento de como se mesturan as augas quentes e doces dos ríos e as augas frías e salgadas do mar. Na desembocadura dos ríos a auga quente dispérsase sobre a auga fría do mar. A auga doce e quente é menos densa e flota.

16/11/10

"Leonardo da Vinci e a Música" en Lugo

A cidade de Lugo acolle por primeira vez en Galicia a mostra internacional Leonardo da Vinci e a Música, unha exposición na que se recolle a relación do xenio italiano coa música tras un pioneiro e profundo traballo de investigación sobre os seus manuscritos. Da man desta exitosa proposta cultural, o Centro de Artesanía e Deseño celebra o seu décimo quinto aniversario.
A exposición componse de dous manuscritos correspondentes ao período de madurez do artista -finais do século XV e principios do XVI-, que recollen debuxos, bosquexos, notas e unha lista de 116 libros que formaban parte dos fondos da súa biblioteca.

Para chegar ao resultado final do material que agora se exhibe, expertos de todo o mundo tiveron que estudar, previamente, este traballo durante anos. O resultado, é unha exposición que mostra a dimensión creativa de Leonardo e a súa relación coa música dunha forma científica e lúdica, así como vinte instrumentos realizados de acordo cos seus manuscritos.

A exposición situarase na Capela de Santa María e no Centro de Artesanía, de luns a venres de 10.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00, os sábados so pola tarde e os domingos e festivos de 11.00 a 14.00. Poderase visitar ata o 31 de xaneiro.

Concurso "Historias da Lingua"


15/11/10

15 de Novembro, Día Mundial sen alcohol

O 15 de novembro conmemórase o día sen alcohol, declarado de interese sanitario pola Consellería de Sanidade. O impacto social dos problemas relacionados co alcohol esixe unha resposta para a prevención e a axuda aos máis afectados por estes problemas. O Día Mundial sen alcohol supón un estímulo para a reflexión, desde todas as instancias, sobre o alcohol e as súas consecuencias.
A celebración deste día tenta seguir tres liñas básicas de actuación:
-Acadar unha menor presenza de publicidade de alcohol na vía pública.
-Conseguir que haxa unha menor disponibilidade de alcohol para os menores de idade.
-Impulsar un cambio na percepción social sobre o consumo abusivo de alcohol, tan aceptado nestes momentos.
Este compromiso, no que todos debemos participar, pretende acadar a redución das consecuencias negativas do abuso do alcohol, pois todos podemos ser vítimas delas, directa ou indirectamente.

13/11/10

A CIENCIA NA BIBLIOTECA

O vindeiro luns a nosa biblioteca mostra unha cara pouco habitual nela. Deixa os libros nos andeis e aparta as mesas de estudo para converterse en escenario de experimentos científicos.
O Dr. Octo e a Dra. Medusa achégannos experimentos do proxecto "Galicia e as ciencias do mar" que ven de pór en marcha o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR.
Se queredes ir vendo o laboratorio da Dra. Medusa e participar nos seus experimentos interactivos ir a: http://www.galiciaeascienciasdomar.org/



12/11/10

Recursos on-line co carné da biblioteca

Sabedes as posibilidades que temos grazas ao noso carnet de biblioteca escolar e o programa MEIGA? Se neste blog pinchamos na dereita no apartado de Catálogo da biblioteca aparece unha ventá na que podemos seleccionar, na esquerda, Recursos electrónicos, entón veremos unha xanela como esta:


Podemos pinchar en calquera recurso que nos interese (e_Junior.net, Enciclonet, Ocenet Saber, Dicionario Akal del Antiguo Egipto,  Dicionario Akal de filosofía Hemeroteca dixital,...) e apareceranos un cadro para que cubramos:

Código usuario______ (é o número do carné da biblioteca)

Contrasinal: ________ (o noso primeiro apelido tal e como aparece no carné da biblioteca)

Unha vez cubertos os datos faremos click en Acepta

Desta maneira poderemos ter acceso a páxinas de consulta on-line moi interesantes de xeito gratuito.

11/11/10

Festa do año

[escrito por Sohail Anwar & Said Bouchaib Chafil]

O día 16 ou 17 de novembro os musulmáns celebramos a Festa do Año ou Festa Grande ( عيد الكبير/عيد لآدحا). Nesta festa sacrifícanse años para conmemorar o sacrificio de Isaac a mans de Abraham.
É a festa máis grande para todos os musulmáns, non importa a súa nacionalidade. Todo o mundo vai á mesquita para orar.  Decimos que Alá é o máis grande e que se sacrifican años. Despois da oración, a famila reúnese na casa e sacrifícase o año. De todos modos, para unha familia grande, un año non é suficiente, moitos sacrifican tamén vacas.

5/11/10

Participación nas actividades en prol do Cooperativismo

Este ano volvemos participar nas actividades organizadas polo Concello. O alumnado de 3º e 4º de  ESO da materia Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras acudiu ás Xornadas de Cooperativismo no CEI- nodus o 19 de outubro, o de 2º de bacharelato de Economía da Empresa disfrutou o día 22 dunha visita didáctica moi interesante a Coren (a fábrica de pensos de Outeiro de Rei) e @s alumn@s de Economía de 1º de bacharelato coñeceron o día 26 o Centro de Divulgación do Queixo e o Mel de Arzúa e a cooperativa Erica mel.
Por último, esta mesma semana houbo unha pequena degustación de produtos das cooperativas.
Quedamos satisfeitos da experiencia e agradecemos a todas as persoas que nos atenderon a súa amabilidade. Sabedes que algúns foron alumnos do centro? A eles especialmente van as nosas grazas.


 

31/10/10

Halloween ou Samhaín?

Que é o Samhaín?
A antiga festividade céltica do Samhaín foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro e o 1 de novembro,  terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis alá, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.
A festa do Samhaín, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano.
Polo Samhaín era costume baleirar nabos de gran tamaño, posteriormente cabazas, para poñerlles dentro velas. Varios séculos despois esta tradición, que se mantén aínda nalgúns lugares de Galiza, como é o caso de Cedeira,  ten continuidade nas festas de Halloween, unha adaptación do Samhaín á cultura estadounidense e que é semellante ao entroido. A celebración foi levada aos Estados Unidos de América polos irlandeses no século XIX e comezos do século XX.



E o Halloween, que é o Halloween?
Halloween ou noite de bruxas é unha festa que se celebra principalmente en Estados Unidos na noite do 31 de outubro. Ten as súas orixes na festividade celta do Samhaín e da festividade cristiá do Día de Tódolos Santos. Celébrase nos paises anglosaxóns, principalmente en Canadá, Estados Unidos, Irlanda e Reino Unido. A forza expansiva da cultura de EE.UU fixo que Halloween se popularizara tamén entre outros paises occidentais.
Este día asóciase a miúdo coas cores laranxa e negro e atópase fortemente ligado a símbolos como a  Jack-o'-lantern. As actividades típicas de Halloween son o famoso "truco ou trato", as festas de disfraces, as fogueiras, a visita a casas enfeitizadas, as bromas, a lectura de historias de medo e o visionado de películas de terror.

30/10/10

E no cotián... a poesía: Miguel Hernández (1910-1942)

No día do centenario do nacemento de Miguel Hernández queremos deixar un breve poema do seu libro Perito en lunas (1933), pequena mostra do seu labor poético:


Copla

La cantidad de mundos
que con los ojos abres,
que cierras con los brazos.
La cantidad de mundos
que con los ojos cierras,
que con los brazos abres.

E no cotián... a poesía: Ricardo Carvalho Calero (1910-1990)

Celebramos hoxe o centenario do nacemento de Ricardo Carvalho Calero. Quizá máis coñecido polo seu labor de profesor e ensaísta, a súa obra poética é tamén extensa, contando case unha decena de libros de poesía en galego e dous en castelán. Escollemos hoxe un poema do seu libro Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985):

Calquer lugar é bom para morrer.
Nom se distingue o home da mulher.
A morte é neutra —das Tod— em alemám.
Género e sexo nom sempre vam da mam.
Pois umha cousa é a anatomia
e outra a gramática —falaz dicotomia.
Nom vejo a morte feminista ser.
Calquer lugar é bom para morrer.

Donas do tempo passado ou do actual,
a morte a todas trata-vos igual
que aos cavaleiros. Violenta, a história o di.
Muitas mulheres morrerom assi.
Em Rouen foi Joana d'Arco queimada;
Antoinette em Paris guilhotinada;
Em Chappaquiddick, Jo foi perecer.
Calquer lugar é bom para morrer.

Eis umha flor para o lume e o mar,
a praça, o paço ou calquer lugar
onde a mulher tenha o seu passamento.
Erga-se a rosa sobre o moimento.
Nesta matéria nom é discriminada.
Inês ferida, Mariana agarrotada,
Mary Jo sulagada, Jeanne a arder.
Calquer lugar é bom para morrer.

Centenario de Miguel Hernández e Ricardo Carvalho Calero



Proximamente terá lugar unha exposición adicada aos dous escritores dos que conmemoramos hoxe o centenario do seu nacemento.

26/10/10

Concurso esdelibro.es

Se es orixinal es de libro é un concurso de traballos orixinais de investigación, desenvolvidos por estudantes, sobre un tema do seu interese: música, ciencia, literatura, arte, natureza, historia, cine, deportes, filosofía e pensamento, tecnoloxías, matemáticas... Os traballos poderanse presentar a concurso en todas as linguas oficiais de España. Está dirixido a estudantes e docentes de ESO, bacharelato e ciclos formativos de Grao Medio de todas as comunidades autónomas. Deben ser realizados en grupo (un mínimo de dous e un máximo de catro estudantes) e sempre deberán ser coordinados por un profesor.
Haberá premios para estudantes, docentes e centros educativos, establécense para estudantes nove premios: tres para os mellores traballos de primeiro ciclo de ESO, tres para os mellores traballos de segundo ciclo de ESO e tres para os mellores traballos de bacharelato e ciclos formativos de Grao Medio.
Prazo de inscrición: 15 de setembro do 2010 a 1 de febreiro do 2011.
Prazo de envío de traballos: 30 de marzo do 2011.
Decisión do xurado: maio do 2011.
Se logras que a túa creación sexa orixinal e respecte todas as normas de propiedade intelectual (Pensa en ©!), poderás gañar un premio, incluso so por presentalo.
Mira as bases e concursa! (pincha na imaxe)

24/10/10

24 de outubro, Día da Biblioteca

Hoxe celébrase o Día da Biblioteca. A súa presenza nos centros escolares é unha fonte de recursos tanto impresos como electrónicos. Non debemos pensar nela como un almacén de libros, é un lugar de encontro, aprendizaxe e diversión, onde podemos compartir as nosas experiencias lectoras. Neste día animámosvos a visitala e coñecela, e tamén queremos saber a vosa opinión sobre os cambios que estamos a facer nela. Pronto contaremos cunha sección dedicada ás novidades que van chegando, e no blog poderedes contar as vosas impresións sobre as lecturas que estades a facer.

18/10/10

Convocatoria do Club de Lectura



Ven a coñecernos.
Podes vivir con nós grandes aventuras, rir, chorar, ter medo, explorar, ser outra persoa, coñecer outros mundos...todo cabe nos libros.


Esperámoste o xoves día 21 de outubro na biblioteca á hora do recreo.

I Concurso do Día da ciencia en Galego

Co gallo da celebración da Semana e o Día da Ciencia en Galego e co obxectivo de fomentar o interese do alumnado por aquelas figuras históricas relacionadas con Galicia e a Ciencia, o IES Xoán Montes convoca o I Concurso do Día da ciencia en Galego, que estará adicado á figura de Alfonso X o Sabio, gran poeta en lingua galega e un dos científicos universais pola súa contribución ao progreso da ciencia europea.
O concurso vai dirixido a todo o alumnado do noso Centro repartido en tres categorías ( 1º ciclo da ESO, 2º ciclo da ESO e BAC). Os traballos poderán ser presentados en calquera formato (texto divulgativo, narración, cómic, debuxo, mural...) e versarán sobre a figura de Alfonso X e os seus colaboradores (tradutores e científicos das Escolas creadas por el que serán modelo de integración das culturas medievais da Península Ibérica: cristiá, xudía e musulmá).
Establécese un premio para cada un dos gañadores nas distintas categorías e o fallo do xurado farase público nos días anteriores á celebración do Día da Ciencia o 4 de novembro, día no que se realizará a entrega de premios.
     A data límite de entrega de traballos é o día 29 de outubro

Todos os traballos presentados formarán parte dunha exposición conmemorativa da Semana da Ciencia.
O material presentado introducirase nun sobre grande no que deberá figurar fóra o seudónimo do participante e o curso no que está (non o grupo). Dentro deste sobre grande ademáis introducirase outro sobre máis pequeno cos datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase en secretaría.

17/10/10

E no cotián... a poesía: Malena Mörling



Nada en Suecia en 1965, Malena Mörling é profesora de creatividade literaria na Universidade de Carolina do Norte Wilmington e profesora de poesía noutras institucións universitarias. Ademáis traduce a obra de poetas suecos ao inglés e recibiu múltiples premios e mencións. Publicou Ocean Avenue en 1999 e Astoria en 2006. Ofrecemos un dos poemas incluídos no primeiro libro:


ASHES
Now the person you loved
the most in your whole life
Now the body
that held you
all night in bed
Now the arms
and the hands
Now the face that slept
against yours
the breath that moved
in and out of your mouth
Now the bright eyes
the forehead
the entire body
is lighter
than the flurries
that appear
out of nowhere

15/10/10

Concurso "Reporteiros na rede"

A Obra Social de Ibercaja, interesada no desenvolvemento do coñecemento a través de programas sociais que contribúan á transformación da sociedade, convoca o 11° Concurso Reporteiros na rede -Xornalismo científico online- de ámbito nacional, co fin de fomentar o interese dos estudantes pola ciencia e a tecnoloxía.
Poderán participar todos os estudantes de centros educativos españois (sendo a idade límite 20 anos) ben individualmente ou en grupo de dous alumnos e coordinados por un profesor.
Os participantes realizarán un artigo de divulgación científica sobre un tema de actualidade e utilizando exclusivamente a información dispoñible en Internet.

Con motivo do Ano Internacional da Química, valoraranse de xeito especial aqueles artigos que traten a química como unha ciencia creativa esencial para mellorar a sustentabilidade dos nosos modos de vida e para resolver os problemas globais e esenciais da Humanidade, como a alimentación, a auga, a saúde, a enerxía ou o transporte.
O artigo, de redacción orixinal do alumno e inédito, non poderá exceder as mil cincocentas palabras e irá acompañado dunha listaxe das fontes de información consultadas.
A inscripción é do 4 de outubro de 2010 ao 29 de xaneiro de 2011 cumprimentando o formulario da web, finaliza o prazo de entrega dos artigos o 25 de marzo de 2011.

Consulta as bases, os premios, os consellos para redactar un artigo científico, simulaciones informáticas de ciencia e tecnoloxía e moitas cousas máis no Laboratorio Virtual de Ibercaja.

10/10/10

Queremos SaudArte 2010

O Grupo de Investigación de Medicina Preventiva e Saúde Pública (MP1) e a Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, coa financiación da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), e en colaboración coa Asociación Galega de Educación para a Saúde, co colectivo Medicina e Arte en Galicia, con Boek 861 e con Psicotrex, convocan un certame de arte postal coa saúde e a arte como fío condutor.
Poden participar todas as persoas que o desexen (de calquera idade e parte do mundo) nesta convocatoria, enviando obras, de xeito individual ou colectivo, a través do correo postal ou electrónico. A data límite de envio é o 31 de outubro do 2010.
Preme aquí para ver as bases do concurso.

5/10/10

5 DE OUTUBRO...Día Mundial dos Profesores


Hoxe, 5 de outubro, celébrase o Día Mundial dos Profesores, unha ocasión para que os nenos, familias e profesionais doutros sectores reflexionen sobre esta profesión. Dicía William Arthur Ward que “o mestre mediocre fala, o bo mestre explica, o mestre excelente demostra, e o mellor mestre inspira”.

Os profesores cumpren unha función esencial na sociedade: ensinar. Ademais, a medida que pasan os anos, van asumindo o reto de educar, dado que moitas familias delegan esta tarefa na escola. O traballo de mestres e profesores é fundamental para o desenvolvemento da nosa sociedade.

Do profesor depende a aprendizaxe dos menores e dos maiores e, polo tanto, o futuro. Un bo profesor formará bos mecánicos, escritores, enxeñeiros, músicos… Logrará que os mozos e mozas sintan ilusión polos estudos e queiran medrar como persoas. Por iso, polo papel tan importante que teñen estes profesionais, hai que mimalos un pouco.

Algunha das reivindicacións neste Día Mundial dos Profesores é lograr un entorno de traballo decente.

Noraboa, profesores, polo voso labor educativo e a seguir adiante.



4/10/10

O IES Xoán Montes na tele

Hoxe moit@s asombrámonos ao ver o IES Xoán Montes na televisión, houbo algúns que non puideron escoitar o que dicían, investigamos o tema e resulta que como é o Día Mundial da Arquitectura, púxose como mostra este edificio singular, do arquitecto Eloy Maquieira Fernández, o principal representante do racionalismo arquitectónico na cidade de Lugo. A súa obra comezou no 1934, rematando despois da guerra civil española.
O racionalismo nace na segunda mitade do século XX, despois do historicismo e do modernismo, e destaca pola concepción do espazo arquitectónico, que é dinámica, predominan as formas xeométricas simples así como o uso de novos materiais como o formigón en lugar de pedra e o revocado en cor.
Agora xa sabemos algo máis, non?
Se queredes ver a noticia aquí tedes o telexornal, dos 25 minutos aproximados que dura está no 18:36.

Telexornal. Informativo territorial de Galicia. (04/10/10).


PÁSATE POLO PUNTO DE LECTURA!



A partir de hoxe día 4 de outubro, volve a funcionar o punto de lectura no corredor de entrada do instituto. Recordade que é un punto de libre acceso durante os tempos de lecer, polo que o alumnado pode facer uso do material neses momentos da xornada; non esquezades recolocalo despois de utilizalo e, se queredes levalo prestado, acudide á biblioteca para que rexistren o préstamo.


Esperamos que as lecturas sexan do voso agrado e, se botades algo en falta, facédenolo saber, utilizando o buzón de suxestións ou dirixíndovos ao profesorado que atende a biblioteca.




3/10/10

SAN FROILÁN

O outono na cidade de Lugo é recibido coa algarabía das festas máis populares e concorridas de toda Galicia: o San Froilán. Esta celebración, unida aos atractivos desta cidade bimilenaria, constitúe un motivo máis que interesante para visitar a cidade entre o 4 e o 12 de outubro. Durante estes oito días os lucenses, e o máis do medio millón de visitantes que acoden habitualmente ás festas, enchen as rúas de Lugo, que viste coas súas mellores galas a marabillosa zona antiga, a emblemática Muralla romana e o paraíso botánico que é o Parque de Rosalía, pois son os centros neurálxicos das actividades festivas.

PARA VER O PROGRAMA COMPLETO DAS FESTAS PREME AQUÍ.

2/10/10

Becas High School para estudantes de 4º de ESO

A Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Fundación Amancio Ortega, no seu afán por mellorar o ensino e o nivel de preparación dos novos estudantes de Galicia, decidiron de común acordo elaborar un programa de bolsas para aqueles alumnos que desexen cursar un ano académico nun instituto de ensino público, High School, de Estados Unidos.


@s alumn@s que desexen participar no programa de bolsas deberán ser alumn@s de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) nun Centro de Ensino en Galicia, ter como mínimo unha media académica de 7,5 puntos no curso escolar anterior á solicitude, certificado polo Centro de Ensino, e a cualificación da materia de inglés dese curso (3º de ESO) deberá ser como mínimo de 7 puntos.
O prazo de presentación de solicitudes manterase aberto dende o 1 de outubro ata o 15 de novembro de 2010, e hai nesta convocatoria 75 prazas.

Pincha na imaxe para obter máis información.

26/9/10

26 DE SETEMBRO, Día Europeo das Linguas

No ano 2001 a Comisión Europea e o Consello de Europa lanzaron conxuntamente a iniciativa do Ano Europeo das Linguas, que se celebrou aquel ano, pero a súa pegada renóvase cada ano co Día Europeo das Linguas, que ten lugar o día 26 de setembro.
Os obxectivos do Día Europeo das Linguas, son os seguintes: subliñar a importancia de aprender linguas, incrementar o coñecemento e a conciencia do valor que teñen as linguas e motivar a aprendizaxe continua das linguas ao longo de toda a vida. Trátase así, ao fin e ao cabo, de celebrar a diversidade lingüística e cultural en Europa.

O Concello de Lugo tamén celebra este día organizando unha xornada de portas abertas na Casa das Linguas o vindeiro luns 27 de setembro, con diferentes actividades en francés e inglés adaptadas a todas as idades: proxección de debuxos animados en inglés para os pequenos xunto con actividades lúdicas, unha obra de teatro ás 18.30, cine para o público novo e para rematar, proxeccións de diferentes documentais sobre Europa en inglés, francés e español.
Para máis información preme AQUÍ

19/9/10

Grazas!



Fixástesvos na nova decoración do punto de lectura? O curso que acabou, os alumn@s que estaban en 1º de ESO, daquela eran os novatos, fixéronnos uns preciosos paxaros que animan ese espazo que non hai moito estreamos. Queremos darlles as grazas a todos eles e á súa profesora Ilda Luaces Torre, que tan amablemente apoiou a iniciativa, e interviu activamente en gran número de propostas como o festival de fin de curso, mágoa que este curso non siga connosco, desexámoslle moita sorte.


Aproveitamos para animarvos a visitar o punto de lectura e facernos chegar as vosas ideas de mellora, a participar nas actividades e a seguir sendo parte fundamental da biblioteca.
E reiteramos aos veteráns que xa están en 2º da ESO as


18/9/10

EMPEZA UN NOVO CURSO

Xa estamos aquí un curso máis, uns con ilusión, outros con curiosidade e pode que tamén algún un pouco a remolque. Desde este blog animamos a tod@s a participar nas actividade da biblioteca. Pronto nos poñeremos en contacto con vós. Mentres, un saúdo e

17/9/10

Tes ideas para aforrar enerxía?


Es unha persoa comprometida co medio ambiente, creativa e con cámara de vídeo (aínda que sexa prestada)? Podes participar no concurso "Crea tu vídeo sobre cómo ahorrar energía" dentro do proxecto u4energy, unha iniciativa da Comisión Europea a través de European Schoolnet que ten como finalidade poñer en práctica os obxectivos da Comisión contra o cambio climático.
O prazo remata o 30 de setembro. Para máis información pincha aquí.

16/9/10

Pon un poema na túa vida!


O Ministerio de Igualdade, a través da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero e no ámbito das súas campañas de sensibilización para fomentar a concienciación social fronte á violencia de xénero, organiza o certame de poesía xuvenil "Comeza un novo curso da túa vida cun poema".

Este curso fai oír a túa voz, fala de amor, de respecto, de relacións, de ti e dos que te rodean. Non cales, fala con versos que rompan silenzos e desigualdades.

Se tés entre 15 e 18 anos podes participar no certame enviando os teus poemas a poema-igualdad@migualdad.es, cumprimentando o formulario que podes descargar aquí acompañado dunha copia escaneada do DNI.

O período de recepción de obras é do 7 de setembro ao 24 de outubro de 2010.
PARTICIPA! PODES FACELO DE FORMA INDIVIDUAL OU CUN GRUPO DE AMIGOS E AMIGAS.

31/8/10

31 de agosto: o día dos blogs


Xa é o quinto ano que se celebra esta data como un xeito de estender o coñecemento de distintos blogs de todo o mundo. A elección da data ten que ver coa similitude gráfica da palabra Blog e a data 3108, que se pode apreciar mellor se a escribimos como na imaxe.
Para lograr o obxectivo de estender o coñecemento blogueiro, a organización propón que cada blog faga unha anotación recomendando cinco blogs doutros países ou áreas de interese... e esta é a nosa proposta, por orde alfabética:

espaciodelainnovacion: os autores deste blog están entusiasmados coa creatividade, a innovación e as novas tecnoloxías.
estrolabio: blog cultural con un bon número de colaboradores e dunha temática variada.
placasridiculas: blog humorístico brasileiro que ofrece fotografías de sinais xocosos.
quequedequenoconte: xa sei que os organizadores propoñen blogs doutros países ou doutras áreas de interese, e que este blog é galego e realizado por docentes, mais ás veces teño a impresión de que o mundo rural galego queda tan afastado de nós como Papúa Nova Guinea, daí que recomende este blog que pretende tecer redes de ideas na defensa e testemuña do mundo rural galego.
silentowl: desde un punto de vista amplo, este blog ten que ver co folklore irlandés. Nel podemos atopar historias e lendas relacionadas coa illa.

Agardo que estes blogs vos gusten ou que vos leven a outros lugares do voso interese.

16/8/10

E no cotián... a poesía: Sophia de Mello Breyner Andresen (1919-2004)


Neste tempo de verán, e despois dun longo tempo de inactividade na sección poética do blog, queremos traer a esta brillante autora portuguesa. A obra de Sophia de Mello é moi ampla, e resulta difícil escoller unha mostra adecuada da súa obra. Dada a época do ano na que nos atopamos, deixaremos dous poemas incluídos na antoloxía Mar.

EM TODOS OS JARDINS

Em todos os jardins hei-de florir,
Em todo beberei a lua cheia,
Quando enfim no meu fim eu possuir
Todas as praias onde o mar ondeia.

Um dia serei eu o mar e a areia,
A tudo quanto existe me hei-de unir,
E o meu sangue arrasta em cada veia
Esse abraço que um dia se há-de abrir.

Então receberei no meu desejo
Todo o fogo que habita na floresta
Conhecido por min como num beijo.

Então serei o ritmo das paisagens,
A secreta abundância dessa festa
Que eu via prometida nas imagens.

OS AMIGOS

Voltar ali onde
A verde rebentação da vaga
A espuma o nevoeiro o horizonte a praia
Guardam intacta a impetuosa
Juventude antiga –
Mas como sem os amigos
Sem a partilha o abraço a comunhão
Respirar o cheiro a alga da maresia
E colher a estrela do mar em minha mão

25/7/10

25 DE XULLO, DÍA NACIONAL DE GALICIA


O día 25 de Xullo celébrase o día Nacional de Galicia, tamén chamado Día da Patria Galega. Ésta é a festa oficial de Galicia, o día da festividade do apóstolo Santiago.
A data foi elixida en 1919, cando se acordou celebrar, por primeira vez, o Día de Galicia o 25 de xullo. Moitas cidades de España organizan a súa propia festa galega en honor a Santiago, nun día adicado a difrutar da música e da gastronomía galega.
O 25 de xullo celébrase dunha forma moi especial en Santiago de Compostela, onde podemos contemplar espectaculares fogos de artificio na plaza do Obradoiro e acudir aos actos conmemorativos do día de Galicia na catedral de Santiago, onde se atopa o famoso botafumeiro. Ademáis ao longo de dúas semanas organízanse concertos, actividades deportivas, gastronómicas e outras dirixidas aos máis pequenos.
Éste é un día realmente especial para todos aqueles peregrinos que percorren os camiños que van a dar a Compostela, para visitar a tumba do apóstolo. De feito, moitas destas persoas intentan facer coincidir o final do seu traxecto co Día de Galicia.

12/7/10

Somos campións do mundo!

E o soño fíxose realidade ... Somos campións do mundo! España gañou un lugar no panteón do fútbol, grazas ao gol de Iniesta na segunda metade do prolongamento (0-1) da final do mundial de Sudáfrica ante unha Holanda que repartiu faltas para dar e tomar, malia a pésima arbitraxe de Howard Webb. Tivemos que sufrir, pero valeu a pena e o soño deixou de ser tal, para convertirse en realidade. Parabéns campións!!!

Nunca o esqueceremos. España é campioa do mundial na final máis dramática que se lembra. O gol de Iniesta, no segundo período do tempo extra, fixo xustiza cun equipo inesquecible e consagra a un xogador que é o paradigma da humildade, o máis afastado dunha estrela do fútbol pero coas virtudes dun fenómeno. Aínda non se sabe de onde sacou o pálido Iniesta esas décimas de segundo para baixar as pulsacións e rematar coa dereita o balón máis importante da historia do fútbol español.

6/7/10

FESTIVAL FIN DE CURSO



Este ano celebramos o fin de curso cun festival de danza, organizado pola profesora Ilda Luaces Torres, no que participaron alumnos de ESO. Foi un éxito clamoroso. Ao final entregaronse os premios dos concursos "Big Challenge", "Adiviña, adiviña" e "Adiviña quen son".


Moitas grazas a tod@s os que colaboraron para facernos pasar unha xornada tan agradable.