Mostrando entradas con la etiqueta islam. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta islam. Mostrar todas las entradas

13/2/11

12 de Rabi'-ul-Awwal (12 ربيع الأول )

[escrito por Sohail Anwar & Said Bouchaib Chafil]

O día 12 de Rabi’-ul-Awwal os musulmáns celebramos o nacemento do profeta Mahoma (مولد النبي). Este ano coincide o día 15 de febreiro. Queremos explicarvos como celebramos esta festa nos países de onde vimos.
En Pakistán ese día moita xente sae á rúa con bandeiras e os imáns diríxense a eles con altofalantes para explicar cousas da relixión. A xente reúnese na mezquita para comer. A comida máis habitual é a cabra ou o polo con arroz.
En Marrocos, imos á mesquita para orar e despois o imán da mesquita fala da relixión e despois toda a familia se reúne nunha casa para comer. A comida dese día é especial. Os mellores doces e a mellor comida cocíñanse nesta festa.
Tanto en Marrocos como en Pakistán se colocan luces pequenas de todas as cores nos supermercados, nas rúas e nas casas. A xente compra roupa nova para estrear ese día.
Mahoma naceu na Meca no ano 570 ou 571. O pai de Mahoma morreu antes de nacer el, por iso a Mahoma o criou súa nai, ata que tiña uns 6 anos. Despois morreu súa nai e criouse con seu tío e seu avó, que morreu cando el tiña uns 8 anos. Mahoma morreu aos 63 anos.

11/11/10

Festa do año

[escrito por Sohail Anwar & Said Bouchaib Chafil]

O día 16 ou 17 de novembro os musulmáns celebramos a Festa do Año ou Festa Grande ( عيد الكبير/عيد لآدحا). Nesta festa sacrifícanse años para conmemorar o sacrificio de Isaac a mans de Abraham.
É a festa máis grande para todos os musulmáns, non importa a súa nacionalidade. Todo o mundo vai á mesquita para orar.  Decimos que Alá é o máis grande e que se sacrifican años. Despois da oración, a famila reúnese na casa e sacrifícase o año. De todos modos, para unha familia grande, un año non é suficiente, moitos sacrifican tamén vacas.