Hoxe celébrase o Día da Biblioteca. A súa presenza nos centros escolares é unha fonte de recursos tanto impresos como electrónicos. Non debemos pensar nela como un almacén de libros, é un lugar de encontro, aprendizaxe e diversión, onde podemos compartir as nosas experiencias lectoras. Neste día animámosvos a visitala e coñecela, e tamén queremos saber a vosa opinión sobre os cambios que estamos a facer nela. Pronto contaremos cunha sección dedicada ás novidades que van chegando, e no blog poderedes contar as vosas impresións sobre as lecturas que estades a facer.
24/10/10
18/10/10
Convocatoria do Club de Lectura
Ven a coñecernos.
Podes vivir con nós grandes aventuras, rir, chorar, ter medo, explorar, ser outra persoa, coñecer outros mundos...todo cabe nos libros.
Podes vivir con nós grandes aventuras, rir, chorar, ter medo, explorar, ser outra persoa, coñecer outros mundos...todo cabe nos libros.
Esperámoste o xoves día 21 de outubro na biblioteca á hora do recreo.
Etiquetas:
club de lectura
I Concurso do Día da ciencia en Galego
Co gallo da celebración da Semana e o Día da Ciencia en Galego e co obxectivo de fomentar o interese do alumnado por aquelas figuras históricas relacionadas con Galicia e a Ciencia, o IES Xoán Montes convoca o I Concurso do Día da ciencia en Galego, que estará adicado á figura de Alfonso X o Sabio, gran poeta en lingua galega e un dos científicos universais pola súa contribución ao progreso da ciencia europea.
O concurso vai dirixido a todo o alumnado do noso Centro repartido en tres categorías ( 1º ciclo da ESO, 2º ciclo da ESO e BAC). Os traballos poderán ser presentados en calquera formato (texto divulgativo, narración, cómic, debuxo, mural...) e versarán sobre a figura de Alfonso X e os seus colaboradores (tradutores e científicos das Escolas creadas por el que serán modelo de integración das culturas medievais da Península Ibérica: cristiá, xudía e musulmá).
Establécese un premio para cada un dos gañadores nas distintas categorías e o fallo do xurado farase público nos días anteriores á celebración do Día da Ciencia o 4 de novembro, día no que se realizará a entrega de premios.
A data límite de entrega de traballos é o día 29 de outubro.
Todos os traballos presentados formarán parte dunha exposición conmemorativa da Semana da Ciencia.
O material presentado introducirase nun sobre grande no que deberá figurar fóra o seudónimo do participante e o curso no que está (non o grupo). Dentro deste sobre grande ademáis introducirase outro sobre máis pequeno cos datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase en secretaría.
O concurso vai dirixido a todo o alumnado do noso Centro repartido en tres categorías ( 1º ciclo da ESO, 2º ciclo da ESO e BAC). Os traballos poderán ser presentados en calquera formato (texto divulgativo, narración, cómic, debuxo, mural...) e versarán sobre a figura de Alfonso X e os seus colaboradores (tradutores e científicos das Escolas creadas por el que serán modelo de integración das culturas medievais da Península Ibérica: cristiá, xudía e musulmá).
Establécese un premio para cada un dos gañadores nas distintas categorías e o fallo do xurado farase público nos días anteriores á celebración do Día da Ciencia o 4 de novembro, día no que se realizará a entrega de premios.
A data límite de entrega de traballos é o día 29 de outubro.
Todos os traballos presentados formarán parte dunha exposición conmemorativa da Semana da Ciencia.
O material presentado introducirase nun sobre grande no que deberá figurar fóra o seudónimo do participante e o curso no que está (non o grupo). Dentro deste sobre grande ademáis introducirase outro sobre máis pequeno cos datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase en secretaría.
Etiquetas:
I Concurso da ciencia en Galego
17/10/10
E no cotián... a poesía: Malena Mörling
Nada en Suecia en 1965, Malena Mörling é profesora de creatividade literaria na Universidade de Carolina do Norte Wilmington e profesora de poesía noutras institucións universitarias. Ademáis traduce a obra de poetas suecos ao inglés e recibiu múltiples premios e mencións. Publicou Ocean Avenue en 1999 e Astoria en 2006. Ofrecemos un dos poemas incluídos no primeiro libro:
ASHES
Now the person you loved
the most in your whole life
Now the body
that held you
all night in bed
Now the arms
and the hands
Now the face that slept
against yours
the breath that moved
in and out of your mouth
Now the bright eyes
the forehead
the entire body
is lighter
than the flurries
that appear
out of nowhere
the most in your whole life
Now the body
that held you
all night in bed
Now the arms
and the hands
Now the face that slept
against yours
the breath that moved
in and out of your mouth
Now the bright eyes
the forehead
the entire body
is lighter
than the flurries
that appear
out of nowhere
Etiquetas:
creación,
creatividade,
Literatura,
poesía,
poesía cotiá
15/10/10
Concurso "Reporteiros na rede"
A Obra Social de Ibercaja, interesada no desenvolvemento do coñecemento a través de programas sociais que contribúan á transformación da sociedade, convoca o 11° Concurso Reporteiros na rede -Xornalismo científico online- de ámbito nacional, co fin de fomentar o interese dos estudantes pola ciencia e a tecnoloxía.
Poderán participar todos os estudantes de centros educativos españois (sendo a idade límite 20 anos) ben individualmente ou en grupo de dous alumnos e coordinados por un profesor.
Os participantes realizarán un artigo de divulgación científica sobre un tema de actualidade e utilizando exclusivamente a información dispoñible en Internet.
Con motivo do Ano Internacional da Química, valoraranse de xeito especial aqueles artigos que traten a química como unha ciencia creativa esencial para mellorar a sustentabilidade dos nosos modos de vida e para resolver os problemas globais e esenciais da Humanidade, como a alimentación, a auga, a saúde, a enerxía ou o transporte.
O artigo, de redacción orixinal do alumno e inédito, non poderá exceder as mil cincocentas palabras e irá acompañado dunha listaxe das fontes de información consultadas.
A inscripción é do 4 de outubro de 2010 ao 29 de xaneiro de 2011 cumprimentando o formulario da web, finaliza o prazo de entrega dos artigos o 25 de marzo de 2011.
Consulta as bases, os premios, os consellos para redactar un artigo científico, simulaciones informáticas de ciencia e tecnoloxía e moitas cousas máis no Laboratorio Virtual de Ibercaja.
Os participantes realizarán un artigo de divulgación científica sobre un tema de actualidade e utilizando exclusivamente a información dispoñible en Internet.
Con motivo do Ano Internacional da Química, valoraranse de xeito especial aqueles artigos que traten a química como unha ciencia creativa esencial para mellorar a sustentabilidade dos nosos modos de vida e para resolver os problemas globais e esenciais da Humanidade, como a alimentación, a auga, a saúde, a enerxía ou o transporte.
O artigo, de redacción orixinal do alumno e inédito, non poderá exceder as mil cincocentas palabras e irá acompañado dunha listaxe das fontes de información consultadas.
A inscripción é do 4 de outubro de 2010 ao 29 de xaneiro de 2011 cumprimentando o formulario da web, finaliza o prazo de entrega dos artigos o 25 de marzo de 2011.
Consulta as bases, os premios, os consellos para redactar un artigo científico, simulaciones informáticas de ciencia e tecnoloxía e moitas cousas máis no Laboratorio Virtual de Ibercaja.
Etiquetas:
concurso,
Internet,
xornalismo
10/10/10
Queremos SaudArte 2010
O Grupo de Investigación de Medicina Preventiva e Saúde Pública (MP1) e a Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, coa financiación da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), e en colaboración coa Asociación Galega de Educación para a Saúde, co colectivo Medicina e Arte en Galicia, con Boek 861 e con Psicotrex, convocan un certame de arte postal coa saúde e a arte como fío condutor.
Poden participar todas as persoas que o desexen (de calquera idade e parte do mundo) nesta convocatoria, enviando obras, de xeito individual ou colectivo, a través do correo postal ou electrónico. A data límite de envio é o 31 de outubro do 2010.
Preme aquí para ver as bases do concurso.
Etiquetas:
SaudArte
5/10/10
5 DE OUTUBRO...Día Mundial dos Profesores
Hoxe, 5 de outubro, celébrase o Día Mundial dos Profesores, unha ocasión para que os nenos, familias e profesionais doutros sectores reflexionen sobre esta profesión. Dicía William Arthur Ward que “o mestre mediocre fala, o bo mestre explica, o mestre excelente demostra, e o mellor mestre inspira”.
Os profesores cumpren unha función esencial na sociedade: ensinar. Ademais, a medida que pasan os anos, van asumindo o reto de educar, dado que moitas familias delegan esta tarefa na escola. O traballo de mestres e profesores é fundamental para o desenvolvemento da nosa sociedade.
Do profesor depende a aprendizaxe dos menores e dos maiores e, polo tanto, o futuro. Un bo profesor formará bos mecánicos, escritores, enxeñeiros, músicos… Logrará que os mozos e mozas sintan ilusión polos estudos e queiran medrar como persoas. Por iso, polo papel tan importante que teñen estes profesionais, hai que mimalos un pouco.
Algunha das reivindicacións neste Día Mundial dos Profesores é lograr un entorno de traballo decente.
Noraboa, profesores, polo voso labor educativo e a seguir adiante.
Etiquetas:
Día Mundial dos Profesores
4/10/10
O IES Xoán Montes na tele
Hoxe moit@s asombrámonos ao ver o IES Xoán Montes na televisión, houbo algúns que non puideron escoitar o que dicían, investigamos o tema e resulta que como é o Día Mundial da Arquitectura, púxose como mostra este edificio singular, do arquitecto Eloy Maquieira Fernández, o principal representante do racionalismo arquitectónico na cidade de Lugo. A súa obra comezou no 1934, rematando despois da guerra civil española.
O racionalismo nace na segunda mitade do século XX, despois do historicismo e do modernismo, e destaca pola concepción do espazo arquitectónico, que é dinámica, predominan as formas xeométricas simples así como o uso de novos materiais como o formigón en lugar de pedra e o revocado en cor.
O racionalismo nace na segunda mitade do século XX, despois do historicismo e do modernismo, e destaca pola concepción do espazo arquitectónico, que é dinámica, predominan as formas xeométricas simples así como o uso de novos materiais como o formigón en lugar de pedra e o revocado en cor.
Agora xa sabemos algo máis, non?
Se queredes ver a noticia aquí tedes o telexornal, dos 25 minutos aproximados que dura está no 18:36.
Telexornal. Informativo territorial de Galicia. (04/10/10).
Etiquetas:
Día Mundial da Arquitectura,
Eloy Maquieira
PÁSATE POLO PUNTO DE LECTURA!
A partir de hoxe día 4 de outubro, volve a funcionar o punto de lectura no corredor de entrada do instituto. Recordade que é un punto de libre acceso durante os tempos de lecer, polo que o alumnado pode facer uso do material neses momentos da xornada; non esquezades recolocalo despois de utilizalo e, se queredes levalo prestado, acudide á biblioteca para que rexistren o préstamo.
Esperamos que as lecturas sexan do voso agrado e, se botades algo en falta, facédenolo saber, utilizando o buzón de suxestións ou dirixíndovos ao profesorado que atende a biblioteca.
Etiquetas:
Punto de lectura
3/10/10
SAN FROILÁN
O outono na cidade de Lugo é recibido coa algarabía das festas máis populares e concorridas de toda Galicia: o San Froilán. Esta celebración, unida aos atractivos desta cidade bimilenaria, constitúe un motivo máis que interesante para visitar a cidade entre o 4 e o 12 de outubro. Durante estes oito días os lucenses, e o máis do medio millón de visitantes que acoden habitualmente ás festas, enchen as rúas de Lugo, que viste coas súas mellores galas a marabillosa zona antiga, a emblemática Muralla romana e o paraíso botánico que é o Parque de Rosalía, pois son os centros neurálxicos das actividades festivas.
PARA VER O PROGRAMA COMPLETO DAS FESTAS PREME AQUÍ.
Etiquetas:
Festas,
Lugo,
San Froilán
2/10/10
Becas High School para estudantes de 4º de ESO
A Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Fundación Amancio Ortega, no seu afán por mellorar o ensino e o nivel de preparación dos novos estudantes de Galicia, decidiron de común acordo elaborar un programa de bolsas para aqueles alumnos que desexen cursar un ano académico nun instituto de ensino público, High School, de Estados Unidos.@s alumn@s que desexen participar no programa de bolsas deberán ser alumn@s de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) nun Centro de Ensino en Galicia, ter como mínimo unha media académica de 7,5 puntos no curso escolar anterior á solicitude, certificado polo Centro de Ensino, e a cualificación da materia de inglés dese curso (3º de ESO) deberá ser como mínimo de 7 puntos.
O prazo de presentación de solicitudes manterase aberto dende o 1 de outubro ata o 15 de novembro de 2010, e hai nesta convocatoria 75 prazas.
Pincha na imaxe para obter máis información.
Etiquetas:
Becas,
Lingua,
Lingua inglesa,
Viaxes
1/10/10
26/9/10
26 DE SETEMBRO, Día Europeo das Linguas
No ano 2001 a Comisión Europea e o Consello de Europa lanzaron conxuntamente a iniciativa do Ano Europeo das Linguas, que se celebrou aquel ano, pero a súa pegada renóvase cada ano co Día Europeo das Linguas, que ten lugar o día 26 de setembro.
Os obxectivos do Día Europeo das Linguas, son os seguintes: subliñar a importancia de aprender linguas, incrementar o coñecemento e a conciencia do valor que teñen as linguas e motivar a aprendizaxe continua das linguas ao longo de toda a vida. Trátase así, ao fin e ao cabo, de celebrar a diversidade lingüística e cultural en Europa.O Concello de Lugo tamén celebra este día organizando unha xornada de portas abertas na Casa das Linguas o vindeiro luns 27 de setembro, con diferentes actividades en francés e inglés adaptadas a todas as idades: proxección de debuxos animados en inglés para os pequenos xunto con actividades lúdicas, unha obra de teatro ás 18.30, cine para o público novo e para rematar, proxeccións de diferentes documentais sobre Europa en inglés, francés e español.
Para máis información preme AQUÍ
Etiquetas:
26 de setembro,
Día Europeo das Linguas
19/9/10
Grazas!
Fixástesvos na nova decoración do punto de lectura? O curso que acabou, os alumn@s que estaban en 1º de ESO, daquela eran os novatos, fixéronnos uns preciosos paxaros que animan ese espazo que non hai moito estreamos. Queremos darlles as grazas a todos eles e á súa profesora Ilda Luaces Torre, que tan amablemente apoiou a iniciativa, e interviu activamente en gran número de propostas como o festival de fin de curso, mágoa que este curso non siga connosco, desexámoslle moita sorte.
Etiquetas:
agradecemento,
Punto de lectura
18/9/10
EMPEZA UN NOVO CURSO
Xa estamos aquí un curso máis, uns con ilusión, outros con curiosidade e pode que tamén algún un pouco a remolque. Desde este blog animamos a tod@s a participar nas actividade da biblioteca. Pronto nos poñeremos en contacto con vós. Mentres, un saúdo e







17/9/10
Tes ideas para aforrar enerxía?

Es unha persoa comprometida co medio ambiente, creativa e con cámara de vídeo (aínda que sexa prestada)? Podes participar no concurso "Crea tu vídeo sobre cómo ahorrar energía" dentro do proxecto u4energy, unha iniciativa da Comisión Europea a través de European Schoolnet que ten como finalidade poñer en práctica os obxectivos da Comisión contra o cambio climático.
O prazo remata o 30 de setembro. Para máis información pincha aquí.
Etiquetas:
Cambio climático,
concurso,
vídeo
16/9/10
Pon un poema na túa vida!

O Ministerio de Igualdade, a través da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero e no ámbito das súas campañas de sensibilización para fomentar a concienciación social fronte á violencia de xénero, organiza o certame de poesía xuvenil "Comeza un novo curso da túa vida cun poema".
Este curso fai oír a túa voz, fala de amor, de respecto, de relacións, de ti e dos que te rodean. Non cales, fala con versos que rompan silenzos e desigualdades.
Se tés entre 15 e 18 anos podes participar no certame enviando os teus poemas a poema-igualdad@migualdad.es, cumprimentando o formulario que podes descargar aquí acompañado dunha copia escaneada do DNI.
O período de recepción de obras é do 7 de setembro ao 24 de outubro de 2010.
PARTICIPA! PODES FACELO DE FORMA INDIVIDUAL OU CUN GRUPO DE AMIGOS E AMIGAS.
31/8/10
31 de agosto: o día dos blogs

Xa é o quinto ano que se celebra esta data como un xeito de estender o coñecemento de distintos blogs de todo o mundo. A elección da data ten que ver coa similitude gráfica da palabra Blog e a data 3108, que se pode apreciar mellor se a escribimos como na imaxe.
Para lograr o obxectivo de estender o coñecemento blogueiro, a organización propón que cada blog faga unha anotación recomendando cinco blogs doutros países ou áreas de interese... e esta é a nosa proposta, por orde alfabética:
espaciodelainnovacion: os autores deste blog están entusiasmados coa creatividade, a innovación e as novas tecnoloxías.
estrolabio: blog cultural con un bon número de colaboradores e dunha temática variada.
placasridiculas: blog humorístico brasileiro que ofrece fotografías de sinais xocosos.
quequedequenoconte: xa sei que os organizadores propoñen blogs doutros países ou doutras áreas de interese, e que este blog é galego e realizado por docentes, mais ás veces teño a impresión de que o mundo rural galego queda tan afastado de nós como Papúa Nova Guinea, daí que recomende este blog que pretende tecer redes de ideas na defensa e testemuña do mundo rural galego.
silentowl: desde un punto de vista amplo, este blog ten que ver co folklore irlandés. Nel podemos atopar historias e lendas relacionadas coa illa.
silentowl: desde un punto de vista amplo, este blog ten que ver co folklore irlandés. Nel podemos atopar historias e lendas relacionadas coa illa.
Agardo que estes blogs vos gusten ou que vos leven a outros lugares do voso interese.
Etiquetas:
blog,
BlogDay,
BlogDay2010,
blogs
16/8/10
E no cotián... a poesía: Sophia de Mello Breyner Andresen (1919-2004)

Neste tempo de verán, e despois dun longo tempo de inactividade na sección poética do blog, queremos traer a esta brillante autora portuguesa. A obra de Sophia de Mello é moi ampla, e resulta difícil escoller unha mostra adecuada da súa obra. Dada a época do ano na que nos atopamos, deixaremos dous poemas incluídos na antoloxía Mar.
EM TODOS OS JARDINS
Em todos os jardins hei-de florir,
Em todo beberei a lua cheia,
Quando enfim no meu fim eu possuir
Todas as praias onde o mar ondeia.
Um dia serei eu o mar e a areia,
A tudo quanto existe me hei-de unir,
E o meu sangue arrasta em cada veia
Esse abraço que um dia se há-de abrir.
Então receberei no meu desejo
Todo o fogo que habita na floresta
Conhecido por min como num beijo.
Então serei o ritmo das paisagens,
A secreta abundância dessa festa
Que eu via prometida nas imagens.
OS AMIGOS
Voltar ali onde
A verde rebentação da vaga
A espuma o nevoeiro o horizonte a praia
Guardam intacta a impetuosa
Juventude antiga –
Mas como sem os amigos
Sem a partilha o abraço a comunhão
Respirar o cheiro a alga da maresia
E colher a estrela do mar em minha mão
Etiquetas:
libros,
Literatura,
mar,
poesía cotiá,
verán
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









