15/5/09

Visita o museo, aprende e recibe un agasallo

O Día Internacional do os Museos celébrase o 18 de maio en todo o mundo desde o ano 1977, tal día foi o resultado da resolución tomada na XII Asemblea Xeral do ICOM (Consello Internacional de Museos) en Moscova. O ICOM, creado en 1946 é unha organización non gobernamental, dependente da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), aglutina a museos e profesionais, e está dirixida á conservación, mantemento e comunicación do patrimonio natural e cultural do mundo, presente e futuro, tanxible e intanxible.
Para este ano 2009, o lema elixido polo ICOM para o Día Internacional dos Museos é: Museos e Turismo, para pór de relevo a importancia do turismo ético alentando aos profesionais de museos e os voluntarios a traballar cos visitantes e turistas, creando interaccións coas comunidades locais para coñecer o patrimonio na práctica, fóra e dentro do recinto dos museos.
No Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n) hai programadas actividades moi interesantes os días 16, 17 e 18, e incluso entrega de agasallos para os visitantes. Consulta o programa premendo AQUÍ

No hay comentarios: