14/5/09

Ramón Piñeiro (Láncara, 1915-Compostela, 1990)


Sabido é que este ano se dedica o día das letras a Ramón Piñeiro. Como é habitual, o centro organiza unha grande cantidade de actividades relacionadas co autor. Hoxe mesmo escoitamos a disertación do profesor Miguel Barros sobre As primeiras ideas políticas de Ramón Piñeiro e mañá venres día 15 disfrutaremos do festival preparado para a celebración do evento. No transcurso do festival serán entregados os premios, entre outros, do certame literario organizado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura.

Con todo, o que sempre persegue a celebración das letras é a difusión da lingua e a literatura. Propoñemos que visitedes por exemplo a páxina especial da Biblioteca Virtual Galega para ir coñecendo a vida e a obra do autor homenaxeado.

Por outra banda, na nosa biblioteca podes ler a Filosofía da saudade de Ramón Piñeiro. Para ir abrindo boca, transcribimos un pequeno anaco do libro:

"Cando falamos de que cada pobo ten a súa filosofía xenuína, enténdese que esta filosofía non se pode reducir a un sistema senón que máis ben consiste nunha peculiar actitude mental ou interpretación dos problemas filosóficos, ou mellor, nunha peculiar vivencia e expresión deses problemas." (Ramón Piñeiro, Filosofía da saudade, p. 22)

No hay comentarios: