17/5/09

EMPRENDEDORES! O 19 É O VOSO DÍA


O día do emprededor este ano celébrase o 19 de maio, sendo a 4ª das súas edicións.
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Bic Galicia, xunto co Ministerio de Industria organizan o encontro, que terá como eixos fundamentais as oportunidades de negocio, a innovación, o financiamento e a internacionalización. Ademais, entre as principais novidades, o IV Día do Emprendedor inclúe a posibilidade de que os asistentes dispoñan de asesoramento personalizado e gratuíto, facilitado por técnicos e expertos nas diferentes áreas de xestión empresarial.

A 4ª edición de "Emprendemos Xuntos" quere transmitir a través do lema "Visión emprendedora, oportunidade empresarial" a necesidade de contar, agora máis que nunca, coas ideas, proxectos e esforzos de todos, na procura de oportunidades empresariais.
En Lugo tamén podemos asistir a unha xornada organizada polo CEI (Centro de Empresas e Inovación) con gran cantidade de actividades de interese, tanto pola mañá como pola tarde. Podes informarte e inscribirte AQUÍ
Para empezar, empápate do espíritu dos emprendedores, vendo este motivador vídeo:



No noso instituto comezamos o ano pasado coa materia "Obradoiro de iniciativas emprendedoras", este curso dase en 3º e 4º da ESO. Como son a profesora que o imparte aproveito a ocasión para felicitar ao meu alumnado, moitos participaron no concurso de "Galicia Innovación Júnior" e están preseleccionados 4 proxectos na 1ª fase que xa seguro obteñen un premio, oxalá nos levemos algún primeiro o segundo, pero xa é mérito estar preseleccionados.
Felicidades en especial a Borja Mirón e Marcelo Taboada, a Francisco Peteira e a Sarai Argiz, tamén quero agradecer a colaboración do profesor de tecnoloxía, Gerardo Baamonde, e a dos alumnos que lles animan e axudan na 2ª fase do concurso.

Relacionado co emprendemento, na nosa bilioteca temos volumes moi interesantes:
El arte de empezar. KAWASAKY, GUY.
La guía del emprendedor: combinaciones transgresoras para crear un negocio único. BROWN, DANIEL e HERRERA, HERNÁN.
La estrategia en el posavasos o Cómo convertir una buena idea en un gran negocio . SOURTHON, MIKE e WEST, CHRIS.
Cambio de vida. Cómo me hice rico. ZÁRATE, AITOR.

E por último, unha cita para reflexionar:

"Os emprendedores son os que ven poucas diferenzas entre obstáculos e oportunidades e poden tornar ambas ao seu favor". Nicolás Maquiavelo.

No hay comentarios: