24/5/09

Muiñeira Celestial?

Segundo podemos ler na páxina de noticias chuza.org, existe unha estrela, situada 130 anos luz do sistema solar, que emite constantemente un ritmo de muiñeira! É unha estrela xigante amarela, moito máis luminosa que o sol, e 10 veces máis grande. O seu nome é máis ben pouco galego, xi Hydrae.

Que fantástica noticia para os astronautas galegos, que xa non teñen que levar o ritmo da casa!

Con este tipo de historias poderiamos ser escépticos. Ás veces vense cousas onde non as hai, mais esta vez parece bastante verídico. Se non o cren, escoiten atentamente premendo nesta ligazón, e comparen!

1 comentario:

Maria dijo...

Que bon, xa somos espaciais -e especiais-.
Aproveito esta noticia para darvos as boasvindas, desexarvos a compañía do ánimo e da ilusión e agradecervos a ligazón á nosa bilioteca Ollos Grandes, que vos enlaza agora mesmo.
Boa viaxe