31/5/09

RTVE.es ... Un ano... e moito que ver!


O 29 de maio celebrouse o 1º aniversario da páxina web de RTVE.es Supón a maior aposta da Corporación por acadar a accesibilidad nos novos medios e para todos os cidadáns das súas informacións e contidos.
Destacan os servicios Televisión á carta (que pon a disposición dos usuarios os contidos da televisión dos últimos sete días) e Radio á carta, cos programas completos de TVE e RNE.
Ademais, desde o venres 29, todos os informativos territoriais de TVE estarán a disposición dos internautas conforme se emitan para permitir así aos cidadáns informarse sobre a súa Comunidade Autónoma desde onde se atopen, dentro de España ou no estranxeiro.
RTVE está inmersa na recuperación e dixitalizacion do seu inmenso archivo audiovisal. O proceso realízase tamén en Internet, onde os cidadáns deciden que prefiren ver. Así, xa están dispoñibles no novo 'site' do arquivo os acontecementos máis importantes da historia recente, así como os mellores documentais de "Documentos TVE".
Tamén están dispoñibles actuacións musicais históricas en TVE ou a colección de series literarias que inclúe títulos como "El Quijote", "La Regenta", "Fortunata y Jacinta" ou "Los gozos y las sombras".
.

No hay comentarios: