24/5/09

ConCiencia - Programa de divulgación científica 2009

O programa ConCiencia, da USC e o Consorcio de Santiago, chega á súa cuarta edición convertido nunha das accións de divulgación científica de máis impacto social de Galicia.
Entre os obxectivos desta iniciativa, cabe destacar:
-A divulgación científica a cargo de figuras do máximo nivel internacional.
-Proxecta-la imaxe da Cidade de Santiago de Compostela como foco universal do pensamento.
-Servir de ponte para o reforzamento de contactos científicos entre líderes da máxima relevancia científica mundial e o corpo de investigadores da USC.

Científicos de primeira clase mundial, recoñecidos co Premio Nobel, estarán na cidade ao longo deste ano:
Jean-Marie Lehn . Premio Nobel de Química 1987
XOVES 28 de maio
20:00 horas no Hostal dos Reis Católicos (Praza do Obradoiro, 1)
TÍTULO DA CONFERENCIA: Da materia á vida: Química? Química! (con tradución simultánea)
James Watson CroninKavli. Premio Nobel de Física 1980
LUNS 1 de xuño
20:00 horas no Centro Galego de Arte Contemporánea (r/ Valle Inclán, s/n)
TÍTULO DA CONFERENCIA: Algunhas viñetas na historia da investigación en raios cósmicos (con tradución simultánea)
Roger David Kornberg. Premio Nobel de Química 2006
LUNS 15 de xuño
20:00 horas no Teatro Principal (Rúa Nova, 21)
CONFERENCIA con tradución simultánea.

Na páxina web de ConCiencia podedes atopar moita máis información así como as seguintes novidades:
-Publicado o vídeo da Conferencia de Stephen Hawking
-Anunciado o gañador do Premio Fonseca 2008
-Publicado o vídeo da Conferencia de John F. Nash Jr.

No hay comentarios: