Fallouse o concurso de citas persoais orixinais e o sorteo de citas favoritas.
Desde o equipo da biblioteca queremos agradecer a colaboración do profesorado e de todo o persoal do centro na súa difusión, e a súa axuda na posta en marcha desta actividade. Por suposto, tamén queremos agradecer a todo o alumnado a súa participación.
No sorteo de citas favoritas, o elexido pola sorte foi Manuel Sánchez Arroyo, de 1º da ESO.
Por outra parte, no concurso de frases orixinais, debemos dicir que foi difícil escoller a cita persoal porque moitos puxéronlle moita ilusión e bonitas palabras, pero como so podía gañar un damos os parabéns a ...tachán...
Cristóbal Pérez del Blanco, alumno de 3º da ESO, coa frase:
"Un libro unha esperanza, un libro unha ilusión. Un libro descuberto é un libro aberto, pero un libro pechado é un mundo por descubrir cheo de ilusión"
Oxalá todos e todas sigamos descubrindo mundos cheos de ilusión.
1 comentario:
Acabamos de descubrir o voso blog e estamos encantados de agregarvos agora e visitarvos no futuro. Saúdos.
Publicar un comentario