Coa presentación da obra de Sabela, profesora deste instituto durante anos, comezamos unha sección que pretende poetizar o diario acontecer ao tempo que convida á lectura extensiva dos autores que presenta.
E que dicir de Sabela a modo de presentación? En torno á súa vida e obra podemos ler en foeminas, mais desde o seu instituto preferimos simplemente subliñar a lembranza dos seus compañeiros e deixar patente o cariño e a admiración dos seus alumnos e alumnas.
INTENCIÓN
Sen nengunha veleidade
De transcender o Olimpo
Expulso sentimentos margaridas
Para ceibar ao ar
As palabras que me afogan
E ficar así sen roupa
Que cubra o esquelete
Onde reside a única
E auténtica beleza.
Versos do silencio roto, 2005
No hay comentarios:
Publicar un comentario