31/5/09

31 de maio, Día Mundial Sen Tabaco

O perigo do tabaco para a saúde e o labor da OMS para frear o seu consumo son os dous eixos centrais deste evento anual, que ten lugar cada 31 de maio. O tabaquismo, segunda causa mundial de mortalidade, é responsable hoxe en día da morte dun de cada dez adultos no mundo.
A OMS creou o Día Mundial Sen Tabaco en 1987 para chamar a atención do mundo sobre a epidemia de tabaquismo e as súas letais consecuencias. O tabaco é a principal epidemia prevenible á que fai fronte o mundo sanitario
Para este ano 2009 seleccionouse como lema Advertencias sanitarias antitabaco, estas aparecen nos paquetes de cigarros e son unhas das defensas máis fortes contra a epidemia mundial de tabaquismo. A OMS apoia, en particular, as advertencias que combinan imaxes e texto, porque son o medio máis eficaz para incitar ás persoas a deixar de fumar.

O Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias do Concello de Lugo organizou para hoxe unha serie de actividades co motivo da celebración deste día que terán lugar entre as 11:00 e 14:00 horas. Catro monitores repartirán diante do Concello folletos informativos sobre o consumo de tabaco, facilitando as informacións oportunas a todos aqueles que o soliciten. Ademais, haberá como en anos anteriores o troque de caxetillas de tabaco por agasallos.
O departamento dependente da Concellería de Muller e Benestar Social, contará coa colaboración da Asociación Española contra o Cancro que facilitará DVD´s co título "Es fácil dejar de fumar si sabes cómo", unha adaptación do libro do mesmo título de Allen Carr, o máis vendido no mundo para deixar de fumar.
Información e axuda para deixar de fumar premendo AQUÍ


No hay comentarios: