30/1/11
Desexos de paz
Se non estamos en paz con nós mesmos, non podemos guiar a outros na procura da paz.
Confucio (551 AC-478 AC). Filósofo chinés.
Etiquetas:
felicidade,
Paz
29/1/11
Exposición "Unha mirada matemática"
Esta semana e a vindeira está instalada no corredor de entrada do instituto a exposición fotogrática "Unha mirada matemática" con fotos da profesora Nieves Díaz Fernández. A autora móstranos "como a natureza, arquitectura e obxectos cotidiáns, están impregnados de caprichosas formas xeométricas que lles confiren unha indiscutible e particular beleza. Nada escapa a esa mirada matemática".
A exposición chega a nós por xentileza do IES Porta da Auga de Ribadeo. Moitas grazas por compartila con todos nós.
Etiquetas:
Exposición,
Matemáticas
26/1/11
30 de xaneiro, "Día da non violencia e da paz"
Este ano para celebrar o "Día da non violencia e da paz" propoñemos a todos os membros da comunidade escolar a construción dun mural con citas referentes á paz. Non tedes máis que pinchar nas imaxes deste post e escribir a cita que vos guste máis para logo pegala no mural que está posto na entrada do instituto.
Moitas grazas a todos pola vosa participación.
Moitas grazas a todos pola vosa participación.
Etiquetas:
Día da Non Violencia e da Paz
22/1/11
TORNEO DEPORTIVO DO I.E.S. XOÁN MONTES
Bases Torneo
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
PARA OBTER A FICHA DE INSCRIPCIÓN FALAR CON MARTA SALGADO (1º DE BACHARELATO)
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
PARA OBTER A FICHA DE INSCRIPCIÓN FALAR CON MARTA SALGADO (1º DE BACHARELATO)
O MEU ESPECIAL AGRADECEMENTO PARA Mª INMACULADA RODRÍGUEZ GARCÍA E COVADONGA GARCÍA-LOSA RODRÍGUEZ.
Etiquetas:
actividades extraescolares,
deporte,
ies xoán montes
18/1/11
E no cotián... a poesía: Juan Antonio González Iglesias
A obra poética deste profesor salmantino foi recentemente publicada nun só volume que leva por título Del lado del amor: poesía reunida (1994-2009). Segundo comenta o autor no epílogo: "Hay personas que centran su vida en 'todo lo que no es amor', según la fórmula muy clara con que los definió Marguerite Yourcenar. Ahí caben el dinero, el éxito profesional, el poder, me temo que también el sexo, y hasta la relación de pareja entendida como triunfo propio." En oposición a estas persoas están algúns poetas, entre os que se conta o autor, para quen linguaxe e amor son a mesma cousa.
Esto es mi cuerpo. Aquí
coinciden el lenguaje y el amor.
La suma de las líneas
que he escrito ha dibujado
no mi rostro sino algo más humilde:
mi cuerpo. Esto que tocas es mi cuerpo.
Otro lo dijo
mejor. Esto que tocas
no es un libro, es un hombre.
Yo añado que esto que te toca ahora
es un hombre.
Soy yo, porque no hay
ni una sola sílaba que esté libre de amor,
no hay ni una sola sílaba
que no sea un centímetro
cuadrado de mi piel.
En el poema soy acariciable
no menos que en la noche, cuando tiendo
mi sueño paralelo al sueño que amo.
No mosaico, ni número, ni suma.
No sólo eso.
Esto es una entrega. Soy pequeño
y grande entre tus manos.
Ésta es mi salvación. Éste soy yo.
Este rumor del mundo es el amor.
Etiquetas:
amor,
González Iglesias,
linguaxe,
Literatura,
Marguerite Yourcenar,
poesía,
poesía cotiá
17/1/11
16/1/11
2011, Ano Internacional da Química
A Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o ano 2011 como o Ano Internacional da Química. Na súa declaración indica que deste campo da ciencia se espera que proveñan novas solucións para o benestar da humanidade, principalmente as relacionadas coas fontes alternativas de enerxía, saúde e alimentación.
O ano da Química coincide co centenario do Premio Nobel de Química outorgado a Marie Curie. Esta extraordinaria científica, nada en Polonia e nacionalizada francesa, foi a pioneira na radioactividade, e tamén foi a única muller que recibiu o Nobel de Física (1903) e de Química (1911).
Etiquetas:
2011,
Conmemoracións,
química
14/1/11
VIII Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil 2010-2011
Este concurso busca que os alumnos se familiaricen coa lectura e o manexo do xornal e desenvolvan a súa capacidade de exposición e redacción, baseándose en informacións publicadas na edición impresa ou dixital de La Voz de Galicia (Mellor Xornalista Infantil) ou mediante traballos orixinais de elaboración propia (Mellor Xornalista Xuvenil). É dicir, que cada un desde o seu nivel educativo concreto e desde a súa específica condición individual pode presentar o seu mellor traballo. O proceso de creación do mesmo pode aparecer reflectido a través do curso no blog de aula.
Na categoría xuvenil podes gañar un iPad, un MP5 de 8 GB ou unha cámara dixital!Mira as bases do concurso e anímate a participar!
Bases VIII Concurso Mejor Periodista Infantil y Juvenil 2011
Etiquetas:
concurso,
xornalismo
13/1/11
Comenzamos co 2º libro en "Estantigas 1 e 2"
As próximas reunións serán o 28 de xaneiro e o 11 de febreiro.
Etiquetas:
club de lectura
11/1/11
2011, Ano Internacional dos Bosques
2011 foi declarado Ano Internacional dos Bosques pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) ao recoñecer que estes ecosistemas e a súa ordenación sostible contribúen significativamente ao desenvolvemento, á erradicación da pobreza e ao logro dos obxectivos de desenvolvemento do Milenio.
Nun mundo ocupado por sete mil millóns de persoas, os bosques, que representan máis do 30 por cento do territorio e conteñen o 80 por cento da biodiversidade do planeta, perden anualmente trece millóns de hectáreas, unha superficie equivalente á cuarta parte da península ibérica.
As causas que sinalan os expertos son todas provocadas polos seres humanos: sobreexplotación e talla ilegal, a conversión a terras agrícolas e gandeiras, recolección insostible de madeira, xestión inadecuada da terra, creación de asentamentos humanos, explotacións mineiras e petrolíferas ou a construción de encoros e estradas, entre outras.
Por iso, o lema elixido para a campaña é "Os bosques, para as persoas", co obxectivo de resaltar o papel fundamental dos seres humanos na protección dos bosques, fogar de 300 millóns de persoas no mundo, especialmente pobos indíxenas que están tamén ameazados.
Podemos contribuír a recuperar a masa de bosques do planeta de diversos xeitos. A máis activa é plantar unha árbore coas nosas propias mans. Outra opción é axudar ás asociacións ecoloxistas ou que traballan coas árbores e presionar ás institucións para que emprendan medidas que defendan os bosques, como a creación de espazos protexidos e corredores entre estas áreas, o apoio a prácticas eficientes e a unha xestión forestal sostible ou a repoboación con especies autóctonas das zonas deforestadas.
E podemos asumir hábitos de consumo que eviten a utilización insostible dos bosques aplicando as tres erres (reducir, reutilizar e reciclar) nos produtos procedentes da madeira e outros involucrados na deforestación, como os combustibles ou os produtos agrogandeiros. Tamén é posible consumir produtos con etiquetas ecolóxicas (no caso da madeira, o selo FSC) ou realizar actividades de ecoturismo.
Porque... os bosques son para as persoas!
Porque... os bosques son para as persoas!
Etiquetas:
Conmemoracións
Centenario de Carvalho Calero e Miguel Hernández: publicación da exposición
Unha vez rematada a exposición que conmemoraba o centenario do nacemento de Ricardo Carvalho Calero e Miguel Hernández Giner, o equipo da biblioteca do IES Xoán Montes quere ofrecela a calquer outro centro educativo ou institución que a considere de interese. A cada autor dedícanselle 12 láminas de 50x40 cm e un boletín de exercicios e curiosidades relativo aos paneis. O contido podedes comprobalo neste mesmo blog, no menú lateral BOLETÍNS DE CONCURSOS E CONMEMORACIÓNS. O aspecto das láminas pódese ver no resume fotográfico que publicamos recentemente. Para calquera consulta ou suxestión podedes poñervos en contacto con nós no noso correo electrónico bibliotecaxoanmontes@gmail.com
As láminas están publicadas con licenza Creative Commons:
As láminas están publicadas con licenza Creative Commons:
Centenario de Miguel Hernández by O Sorriso da Muralla is licensed under a Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 3.0 Unported License.
Centenario de Carvalho Calero by O Sorriso da Muralla is licensed under a Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 3.0 Unported License.
Etiquetas:
Carvalho Calero,
Exposición,
Miguel Hernández
Suscribirse a:
Entradas (Atom)