Mostrando entradas con la etiqueta 2011. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2011. Mostrar todas las entradas

18/5/11

Camiño de Santiago 2011


Hai uns meses, acordamos co noso profesor de Tecnoloxía, Gerardo, facer o Camiño a Santiago de Compostela. Todo o mundo nos dicía que estabamos tolos, que como se nos ocorría facelo en dous días e cunha kilometraxe tan elevada.
Pero chegou o día, eran as nove menos cuarto da mañá dun día anubrado (14 de maio de 2011). Quedamos os camiñantes, na fachada norte da catedral, selamos a credencial e puxémonos a camiñar, non podiamos parar, o noso obxectivo atopábase a un kilómetro de Arzúa (Ribadiso), e tiñamos que chegar fose como fose. Fixemos unha parada a media mañá para comprar o avituallamento (aprox. 30 minutos), seguimos camiñando e camiñando ata que ás dúas e cuarto paramos para comer (aprox. unha hora). Continuamos camiñando ata que despois de outra parada máis chegamos a Melide (57 km en escasas oito horas). Pero chegados ata aí, non podiamos parar (ese fora o reto da outra vez), tiñamos que chegar 5 quilómetros máis alá. Chegar, chegamo,s aínda que non todos.

O 15 de Maio era o día previsto para chegar a Santiago de Compostela. Despois dunha noite axitada no albergue, estabamos preparados para iniciar a nosa camiñata cara Santiago. Eran as 8:45 e estabamos dispostos a subir todas aquelas impoñentes costas para chegar a Santiago. As nosas únicas paradas foron para comer, en Arca e no Monte do Gozo para asearnos un pouco.
O noso reto foi conseguido con creces por practicamente "todos", chegando a Santiago ás 19:15.

AVENTUREIR@S:
- Gerardo Baamonde.
- Lenin Espín.
- David Graña.
- Diego Graña.
- Marco Gugliandolo.
- Jonathan Lópes.
- Marta Salgado.

KILOMETRAXE:
- Primeiro día, 14 de maio, LUGO - ARZÚA (aproximadamente 60 km).
- Segundo día, 15 de maio, ARZÚA - SANTIAGO DE COMPOSTELA (aproximadamente 45 km).

11/5/11

Programa do Festival das Letras Galegas 2011!

O venres, día 13 de maio, a partir das 12:50 celebramos no noso instituto o Festival da Letras Galegas 2011:

Presentado por Marta Bohorque (2º ESO B), Christian Toimil (1º BAC A) e Alba Mª Pereira (2º ESO A):
REPRESENTACIÓN TEATRAL
OBRA: “Os vellos non deben de namorarse” (Castelao)
Representación do 1º lance a cargo de:
.-Víctor Rodríguez Ferreiro (1ºBAC B).
.-Ángela Beltrán Álvarez (1ºBAC B).
.-Alba Pereira Pontide (2ºESO A).
.-Yessica Fernández Ramos (2ºESO B).
Colabora o profesor de Lingua Galega e Literatura Xosé Manuel González, representando ao autor Daniel Rodríguez Castelao.

INTERPRETACIÓN MUSICAL a cargo do alumnado do centro.

VIDEO: "A ESCOLA DAS AREAS" de LUA Films, coproducido con TVG e patrocinado pola Xunta de Galicia.

INTERPRETACIÓN MUSICAL a cargo do alumnado do centro.

RECITAL DE POESÍA E MÚSICA en honra á figura de Lois Pereiro.

ACTUACIÓN MUSICAL a cargo do violinista Daniel Rodríguez Castiñeira.

ENTREGA DE DEPLOMAS para os premiados no Certame Literario do Día das Letras Galegas.


10/5/11

LETRAS GALEGAS 2011

Este ano o Día das Letras Galegas adícase ao escritor de Monforte Lois Pereiro. Pinchando nas imaxes podedes acceder á súa biografía, poemas musicados, páxina web, comentarios sobre á súa obra...


As actividades no noso instituto terán lugar o venres día 13 a partir das 12.50 horas.

8/3/11

Imaxes que nos lembran...



Grazas a todas esas mulleres que sempre loitaron polos seus dereitos, os nosos dereitos, e grazas as que seguen traballando e loitando.

3/3/11

O Ano Internacional da Química: imaxínate un día sen Química




A química é a nosa vida, o noso futuro.

E ao fío da importancia da química e o seu uso cotiá, o domingo 27 de febreiro, na sección de ciencia do programa A vivir que son dos días da Cadea Ser, falaron do presente que está a química na nosa vida diaria: o colchón de látex, o metacrilato do espertador, a auga da ducha, o dióxido de cloro e o ozono que se utiliza na súa potabilización, o xabón e o xel, as fibras sintéticas coas que está feita a nosa roupa...

Podedes escoitalo en:
 

Química del despertar

Interveñen: Manuel Lozano Leiva (físico), Mercedes Alonso Giner (química), e Alfredo Pérez Rubalcaba (químico e vicepresidente do goberno).

16/1/11

2011, Ano Internacional da Química

A Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o ano 2011 como o Ano Internacional da Química. Na súa declaración  indica que deste campo da ciencia se espera que proveñan novas solucións para o benestar da humanidade, principalmente as relacionadas coas fontes alternativas de enerxía, saúde e alimentación.

O ano da Química coincide co centenario do Premio Nobel de Química outorgado a Marie Curie. Esta extraordinaria científica, nada en Polonia e nacionalizada francesa, foi a pioneira na radioactividade, e tamén foi a única muller que recibiu o Nobel de Física (1903) e de Química (1911).