28/1/10

30 DE XANEIRO, DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O día 30 de xaneiro de 1948 o Mahatma Gandi, líder nacional e espiritual da India, foi asasinado por un fanático hinduista. Gandhi está considerado o máximo representante do pacifismo mundial. Un pacifismo comprometido coa loita polos dereitos das persoas e dos pobos e que levou a cabo por medio de accións non violentas. Coincidindo con esa data, dende o ano 1964, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da non Violencia e da Paz que xorde dunha iniciativa do profesor español Llorenç Vidal. O ano 1993 a UNESCO recoñeceu esta iniciativa como Día Internacional.





22/1/10

III Concurso de fotografía Leite Celta



Voz Natura e Leite Celta convocan a terceira edición do seu concurso de fotografía ambiental co obxectivo de pór en valor o importante patrimonio natural de Galicia.
Os traballos que se presenten deben recoller os diversos ecosistemas presentes en Galicia desde un punto de vista creativo, orixinal e interesante. Estes serán precisamente os factores que o xurado do certame terá en conta á hora de fallar os premios.

O concurso estrutúrase en dúas modalidades:
-Infantil: para nenos ata 12 anos.
-Xuvenil: de 13 a 18 anos.

O sistema de participación é moi sinxelo: unha vez realizada a fotografía, a imaxe insérese directamente na maqueta oficial do concurso, cóbrense os campos solicitados e envíase ao correo electrónico do programa (voznatura@lavoz.es). Se non se ten cámara dixital, tamén se pode imprimir a maqueta, pegar a imaxe no lugar reservado para iso e enviala por correo postal a Voz Natura. O prazo de presentación de traballos finaliza o próximo 15 de abril.

En cada categoría entregaranse tres premios:
-1º premio: cámara de fotos dixital de 12 mega píxeles (con zoom óptico, trípode e funda)
-2º premio: consola sobremesa Wii de Nintendo.
-3º premio: bicicleta de montaña de alumnio lixeiro de 24 velocidades e casco de seguridade.

Os gañadores recibirán os seus galardóns no transcurso da festa fin de curso de Voz Natura, que se celebrará o próximo mes de xuño, no parque de Acea de Ama (Culleredo- A Coruña).

Consulta as bases do certame, descarga a maqueta oficial e descobre as fotografías gañadoras o curso pasado AQUÍ

20/1/10

E no cotián... a poesía: Manuel María (1929-2004)

Poeta, como ningún, do seu tempo e a súa terra, Manuel María soubo cultivar todos os xéneros literarios con mestría. A súa poesía abrangue toda a temática humana desde a íntima identidade co país, de xeito que non dubidan en definilo como poeta nacional.
Poderíamos escoller miles de poemas para ler hoxe, desde os máis paisaxísticos aos máis íntimos, desde os máis combativos aos máis transcendentes, poderíamos ler quizá poemas máis académicos ou clásicos, mais había que escoller só un que levase a poesía ao día de hoxe:

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!

(do seu libro As rúas do vento ceibe)

19/1/10

Ciclo "Londres no cine"



As rúas da capital británica serven todos os anos de decorado para centos de películas e series de televisión. Algunhas delas axudaron a converter certas rúas, pontes ou parques en iconas do cine e lugares de interese para miles de turistas. Co ciclo ‘Londres no cine’, desde as salas da Fundación Caixa Galicia convídannos a percorrer unha cidade distinta baixo o punto de vista de oito directores de moi diferente índole. Ás oito da tarde en pase único, gratuitamente e ata o mes de marzo.

LUGO Programa completo

19 de enero, "Alfie" de Lewis Gilbert (1966)

26 de enero, "Frenzy" de Alfred Hitchcock (1972)

2 de febrero, "Secrets and Lies" de Mike Leigh (1996)

9 de febrero, "Closer" de Mike Nichols (2004)

23 de febrero, "Blow up" de Michelangelo Antonioni (1966)

2 de marzo, "Match Point" de Woody Allen (2005)

9 de marzo, "Lock and stocks" de Guy Ritchie (1998)

16 de marzo, "Wonderland" de Michael Winterbottom (1999)

15/1/10

Remata o prazo do concurso matemáticas na música

Lembrade que o vindeiro 30 de xaneiro remata o prazo de presentación de cancións para o concurso. Ánimo, ainda estades a tempo.

13/1/10

E no cotián... a poesía: T. S. Eliot (1888-1965)


Prometíamos hai unhas semanas traer a este blog a obra de T.S. Eliot, escritor estadounidense que obtivo a nacionalidade británica aos 39 anos. O motivo da promesa non era outro que a súa aparición na obra de Gioconda Belli. A obra de T. S. Eliot citada por Belli e presentada nesta anotación é o seu célebre Four Quartets. Esta obra está composta por catro poemas longos divididos en cinco seccións cada un. Cada poema leva por título un topónimo e arranca con unha descrición mais ou menos paisaxística, mais a temática común dos poemas é o tempo, desde diversos puntos de vista, e está ligado en cada poema a un dos catro elementos da antigüidade clásica (aire, terra, auga e lume). O fragmento que presentamos pertence á sección V do segundo poema: East Coker, e remata cos versos citados por Belli.

Because one has only learnt to get the better of words
For the thing one no longer has to say, or the way in which
One is no longer disposed to say it. And so each venture
Is a new beginning, a raid on the inarticulate
With shabby equipment always deteriorating
In the general mess of imprecision of feeling,
Undisciplined squads of emotion. And what is there to conquer
By strength and submission, has already been discovered
Once or twice, or several times, by men whom one cannot hope
To emulate –but there is no competition–
There is only the fight to recover what has been lost
And found and lost again and again: and now, under conditions
That seems unpropitious. But perhaps neither gain nor loss.
For us there is only the trying. The rest is not our business.

Actividades culturais en Lugo



Para obter máis información preme nas imaxes.