Ímonos con sabor agridoce. Despois de máis de dous anos traballando no blog e na biblioteca, con inconmensurables doses de ilusión, chegamos a un punto no que hai unha barreira que non podemos superar.
Agradecemos moitísimo a colaboración das persoas que creron, como nós, no proxecto, e especialmente amosamos o noso agradecemento aos alumnos que participaron con entusiasmo nas actividades, nos clubs de lectura... ou simplemente devolvendo o sorriso cando se achegaban á biblioteca.
Por todas estas persoas e a satisfacción recibida, tamén polo motivador e inesquecible traballo en equipo que levamos a cabo, son as bágoas que enturbian o noso sorriso, o sorriso da muralla.
Por todas estas persoas e a satisfacción recibida, tamén polo motivador e inesquecible traballo en equipo que levamos a cabo, son as bágoas que enturbian o noso sorriso, o sorriso da muralla.
Quen sabe se quizáis algún día poderá volver a lucir...
Agora non podemos máis que, poñendo a man no corazón e levando os dedos aos beizos, dedicarvos un último sorriso.
Grazas, felices vacacións e felices lecturas a todos. Ata sempre.