Mostrando entradas con la etiqueta animación á lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta animación á lectura. Mostrar todas las entradas

7/6/11

Entre hortas e portas

O profesor do noso centro Xosé Manuel González Pérez presentou o venres pasado o seu libro "Entre hortas e portas", no que lembra como era a cidade de Lugo no espazo de tempo que vai desde os anos 60 ata os 80.
O autor lembra o Lugo dos barrios, el vivía no de San Roque, que está como di o título entre as hortas que había nos espazos sen urbanizar e as portas da muralla. No libro aparecen persoeiros e lugares da cidade que dalgunha maneira foron importantes na vida do escritor.

6/5/11

...Regálovos un conto


---Neste impasse literario
(pasado xa o Día do Libro, e aínda por chegar o
das Letra
s Galegas), vou... e regálovos un conto!

----Titúlase “Pensamentos no soto”, e di así:

---------A pelota atravesou a fiestra rota e caeu
no corredor do soto. Unha das nenas, a filla de catorce anos dos conserxes, baixou bambeando a buscala. Á pobre o tranvía cortoulle a perna por baixo do xeonllo, e sentíase feliz cando podía recoller pelotas para os demais.
------No soto reinaba a penumbra, pero de todas formas chamoulle a atención algo que se movía no recuncho.
----—Minino! —dixo a rapariga de perna de pau da conserxería—.
E ti qu
e fas aquí, gatiño?
----Alzou a pelota e, como puido, apresurouse a levala.
----A vella, sucia e noxenta rata —foi a ela a quen confundiron cun gatiño— sorprendeuse. Así non lle falara nunca ninguén.
----Ata agora só a odiaron, lanzáronlle pedazos de carbón ou fuxiron aterrados ante a súa presenza.
----Por primeira vez ocorréuselle pensar o diferente que tería sido todo se, por exemplo, nacera gato.
----É máis —porque así de insaciables somos!—, continuou tecendo as súas fantasías. E se nacese para ser a rapariga de perna de pau da conserxería?
----Pero iso xa sería demasiado fermoso. Non llo puido nin imaxinar.

István Örkény
Contos dun minuto

----Ah!!... É que os contos non serven soamente para durmir aos pequenos, senón tamén para manter espertos aos maiores.

15/4/11

Medio pan e un libro

Tráiovos un delicioso discurso
de Federico García Lorca que, en 1931,
dixo con motivo da inauguración
da biblioteca de Fuente Vaqueros,
o seu pobo natal.


Alguén rescatouno,
e aparece no blog
“Cuentos de brujas y otras zarandajas“


Hoxe quero eu rescatalo
para a nosa biblioteca, aproveitando
a proximidade do Día do Libro.


“Medio pan e un libro”
--
----Cando alguén vai ao teatro, a un concerto ou a unha festa de calquera índole que sexa, se a festa é do seu agrado, recorda inmediatamente e lamenta que as persoas que el quere non se atopen alí. ‘O que lle gustaría isto á miña irmá, ao meu pai’, pensa, e non goza xa do espectáculo senón a través dunha leve melancolía. Esta é a melancolía que eu sinto, non pola xente da miña casa, que sería pequeno e ruín, senón por todas as criaturas que por falta de medios e por desgraza súa non gozan do supremo ben da beleza que é vida e é bondade e é serenidade e é paixón.

----Por iso non teño nunca un libro, porque regalo cantos compro, que son infinitos, e por iso estou aquí honrado e contento de inaugurar esta biblioteca do pobo, a primeira seguramente en toda a provincia de Granada.

----Non só de pan vive o home. Eu, se tivese fame e estivese desvalido na rúa non pediría un pan; senón que pediría medio pan e un libro. E eu ataco desde aquí violentamente aos que soamente falan de reivindicacións económicas sen nomear xamais as reivindicacións culturais, que é o que os pobos piden a berros. Ben está que todos os homes coman, pero que todos os homes saiban. Que gocen todos os froitos do espírito humano porque o contrario é convertelos en máquinas ao servizo do Estado, é convertelos en escravos dunha terrible organización social.

----Eu teño moita máis mágoa dun home que quere saber e non pode, que dun famento. Porque un famento pode acougar a súa fame facilmente cun anaco de pan ou cunhas froitas, pero un home que ten ansia de saber e non ten medios, sofre unha terrible agonía porque son libros, libros, moitos libros os que necesita, e onde están eses libros?

----Fai aquí unha palabra máxica que equivale a dicir: ‘amor, amor’, e que debían os pobos pedir como piden pan ou como anhelan a choiva para as súas sementeiras. Cando o insigne escritor ruso Fedor Dostoyevsky, pai da revolución rusa moito máis que Lenin, estaba prisioneiro na Siberia, afastado do mundo, entre catro paredes e cercado por desoladas chairas de neve infinita; e pedía socorro en carta á súa afastada familia, só dicía: ‘¡Enviádeme libros, libros, moitos libros para que a miña alma non morra!’. Tiña frío e non pedía lume, tiña terrible sede e non pedía auga: pedía libros, é dicir, horizontes, é dicir, escaleiras para subir o cume do espírito e do corazón. Porque a agonía física, biolóxica, natural, dun corpo por fame, sede ou frío, dura pouco, moi pouco, pero a agonía da alma insatisfeita dura toda a vida.

-

21/3/11

Que é a poesía?

"Debo dicirvos que non atopei a ninguén que fale da poesía mellor que os propios poetas". Platón




Na nosa biblioteca tamén queremos homenaxear á poesía no seu día. Non atopamos nada mellor que as emotivas lecturas poéticas coas que os alumnos e alumnas, aos que damos os parabéns polo esmerado traballo, nos deleitan. Para escoitalas so tedes que pinchar na pestana de Audios que aparece arriba. Agradecemos o gran traballo de Pilar, que fixo posible esta fermosa actividade. 

18/3/11

Preséntome

Ola,
Son Pilar, e voume incorporar á comunidade do "sorriso" disposta a dar moita tralla.

Quérome estrear -como non!- cunha invitación á lectura, aínda que xa sei que vós gustades dabondo do pracer de ler.

Velaí tedes a miña invitación:

Saúdos a todas e a todos
Vémonos!
---Lémonos!...
---------Sorrímonos!

-

15/3/11

Poesía na biblioteca



Como xa anunciamos, este xoves asistimos á clausura do obradoiro de literatura. A verdade é que estivo chea de sorpresas, os alumn@s, a quen damos os parabéns polo seu gran traballo, recitaron as súas inspiradas creacións, puidemos disfrutar dun conto que escribiron e das felicitacións e consellos dos profesores, Joaquín Carballido e Paco Reija. A eles vai o noso agradecemento polo seu  magnífico labor, realmente desbordan tanto amor á literatura que contaxiáronnos a todos á vez que rimos cos seus sempre enxeñosos comentarios.

Por outra banda tivemos a gran sorte de poder disfrutar das palabras de J. Luís Calvo Vidal,  escritor moi vinculado a Lugo. Presentounos o seu último libro chamado Cantos de docedume, deleitounos con poesía súa inédita, transmitíndonos toda a maxia que envolve a creación do poeta, animando a escribir, respondendo ás dúbidas dos asistentes... A el tamén lle agradecemos inmensamente a súa desinteresada e enriquecedora participación.

E vistes como lucía, con tantos poetas, poetisas e poesía, o sorriso da nosa biblioteca?

8/4/10

Animación á lectura: Romeo & Juliet



Dentro das actividades de animación á lectura programadas pola biblioteca do centro, o departamento de inglés, en colaboración coa editorial Vicens Vives, organiza unha actividade en torno á obra Romeo and Juliet de William Shakespeare. A actividade está destinada ao alumnado de 4º de ESO e terá lugar mañá venres 9 de abril ás 9 da mañá na aula número 20.