Para isto serven...
...elixide vós o formato
----E despois de mostrar a función dos libros, cómpre dicir algo sobre a función do lector... e nada mellor nin máis ilustrativo que un conto de Eduardo Galeano, titulado exactamente así.
A función do lector
----Cando Lucía Peláez era moi nena, leu unha novela ás agachadas. Leuna a cachiños, noite tras noite, agochándoa baixo a almofada. Ela roubouna na biblioteca de cedro onde o tío gardaba os seus libros preferidos.
----Moito camiñou Lucía, despois, mentres pasaban os anos. Na busca de pantasmas camiñou polos farallóns sobre o río Antioquía, e na busca de xente camiñou polas rúas das cidades violentas.
----Moito camiñou Lucía, e ao longo da súa viaxe ía sempre acompañada polos ecos dos ecos daquelas afastadas voces que ela escoitara, cos seus ollos, na infancia.
----Lucía non volveu ler ese libro. Xa non o recoñecería. Tanto lle creceu adentro que agora é outro. Agora é seu.
----Lucía non volveu ler ese libro. Xa non o recoñecería. Tanto lle creceu adentro que agora é outro. Agora é seu.
----
3 comentarios:
Los libros, cuántos libros, miles de libros.
Libros para calzar, para lanzar, para decorar, para quemar, para viajar, para prohibir, e incluso, libros para acusar y perseguir.
Los hay digitales, azules, circulares, en idiomas dispares, con sabor a fresa, con ruido, gigantes o encogidos; y además los que son para unos cuantos, para todos o para nadie.
Existen otros que se recortan, que pueden meterse debajo del agua, que desaparecen o que se convierten en un robot mega-destructivo; están los que se roban, los que se prestan o venden, los que se regalan con la vajilla que el banco te concede por abrirte un plan de pensiones, los que se olvidan...
Libros cuántos libros, cientos de libros. Por cierto, también existen los librosquehabitanenlasescuelas.
...E o que che regala unha amiga coa súa pegada nunha folla en branco?
Eses teñen outra función: son tesouros para toda a vida.
...E os que che serven para uparte neles e ver máis aló dos muros que te rodean
Publicar un comentario