1/12/10

Día Mundial da Loita contra a SIDA (1 de decembro)

O último informe do Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/sida, publicado o derradeiro 23 de novembro, mostra que a epidemia de sida está comenzando a estabilizarse, cun descenso significativo das novas infeccións e mortes relacionadas co VIH a nivel mundial. Sen embargo, os especialistas advirten que aínda que o número de novas infeccións por VIH sexa cada vez menor, por cada persoa que inicia o tratamento dúas contraen o virus, debido en gran parte a que as inversións en programas de prevención non son en conxunto adecuados ou distribúense deficientemente.
Sobre as novas infeccións dase a voz de alarma en sete países, a maioría en Europa oriental e Asia central, onde as novas infeccións por VIH aumentaron un vintecinco por cento.
Aínda así, desde ONUSIDA recoñecen que hai campos de prevención nos que se está a investir de forma correcta, como aqueles destinados a evitar que a nai con VIH transmita a enfermidade aos seus fillos. Respecto ao tratamento, o  informe constata que as persoas con VIH  viven máis tempo, e que as mortes relacionadas coa SIDA están descendendo grazas á ampliación do acceso ás terapias. En referencia ás relacións sexuais de risco na adolescencia, o documento resalta que entre os mozos dos quince países máis afectados pola epidemia, a tasa de novas infeccións descendeu un vintecinco por cento, xa que se están adoptando prácticas sexuais máis seguras.
Según o director executivo de ONUSIDA, Michel Sidibé: "Os investimentos na resposta á SIDA están dando os seus froitos, pero as ganancias son fráxiles. O reto é ver como podemos traballar para acelerar os progresos".
Para saber máis: http://www.unesco.org/aids

29/11/10

Á SOMBRA DA MURALLLA

ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more
O pasado xoves tivo lugar a primeira reunión para poñer en marcha o número da revista do instituto correspondente ao curso actual; estiveron nela Antonino, Cristóbal, David e Diego Graña, Jonathan, Victoria e Marta, coa coordinación de Anxos. A convocatoria para tod@s os que queiran participar segue aberta. A vindeira reunión será o xoves 9 de decembro no departamento de Grego, 2º andar do instituto.

28/11/10

Enxeño e Deseño

Enxeño e Deseño é un concurso organizado por TECNUM, a Escola de Enxeñeiros da Universidade de Navarra. O seu obxectivo é fomentar a creatividade e o enxeño.
Para participar non hai requerimento específico algún, agás ter afición, gañas e ideas.
O concurso está dirixido a alumn@s de 1º e 2º de bacharelato. Os xóvenes en grupos de 3 participantes ou individualmente deben de orientar a súa creatividade e o seu enxeño cara a mellora dun produto deportivo ou tecnolóxico. A innovación pode atoparse dirixida a mellora da súa funcionalidade, ergonomía, seguridade, eficacia, fiabilidade, etc... do arttigo tecnolóxico ou deportivo. Valorarase a descrición da nova idea, tanto coma a do seu deseño.
TECNUM, con este concurso plantéxase varios obxectivos:
-Estimular a creatividade e o desenvolvemento das ideas entre os xóvenes.
-Fomentar o traballo en equipo e o emprego de técnicas de xeración de ideas.
-Fomentar o espírito crítico orientado cara a mellora de produtos e servizos.
-Fomentar o emprego de ferramentas informáticas de debuxo e ferramentas de Management.
-Ofrecer aos centros educativos un estímulo.

PARA VER AS BASES PREME AQUÍ

22/11/10

SEMANA POR UN MUNDO SEN VIOLENCIAS CONTRA AS MULLERES

A violencia contra as mulleres e as nenas constitúe a día de hoxe a violación  de dereitos humanos máis estendida. Adopta múltiples formas e ten lugar en moitos lugares: no fogar, na escola, no traballo... É importante remarcar que son diversas as violencias que se producen na vida das mulleres, desde as expresións de violencias verbais e sicolóxicas, pasando por o acoso laboral e no ámbito educativo, o abuso sexual por parte de parentes, violacións por descoñecidos, as mutilacións sexuais, esterilizacións forzadas, "crímenes de honor" e asasinato de mulleres e nenas polo feito de selo.
O día 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero; con tal motivo a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) xunto con outros organismos e asociacións ven de presentar a campaña A TÚA VOZ CONTA, onde no vídeo que figura a continuación recóllense campañas de sensibilización contra a violencia de xénero en todo o mundo, pero especialmente nos países en desenvolvemento, nos que a cooperación española impulsa a súa erradicación.

Tu Voz Cuenta. Por un mundo sin violencias contra las mujeres from Tu Voz Cuenta on Vimeo.

20/11/10

Clubes de lectura "Estantigas 1 e 2"

Os clubes de lectura  botan a andar o vindeiro luns 22 de novembro. Reunímonos á hora do recreo na biblioteca ("Estantigas1") e na aula 19 ("Estantigas 2").
Lembrade que as lecturas son os contos O príncipe lagarto e Aladina pertencentes ao libro Contos de maxia, IV.

A seguinte reunión será o venres 3 de decembro.

"Voces na rúa", I Encontro de Corais de Lugo

Queres escoitar boa música?
PROGRAMA (do 22 ao 28 de novembro)

Luns 22

18:30-19:30 Cantar Delas (A)

19:30-20:30 Hospital Xeral de Lugo (B)

Martes 23

18:30-19:30 Polifónica de Xolda (A)

20:00-21:00 Orfeón Lucense (B)

Mércores 24

18:30-19:30 Coro do centro de maiores de Caixa Galicia “Novo Amencer” (A)

20:00-21:00 Coral Amigos do Camiño de Santiago (B)

Xoves 25

18:30-19:30 Conxunto vocal Lugh (A)

19:30-20:30 Orfeón Xoán Montes (A)

19:30-20:30 Coro de San Antonio (B)

Venres 26

18:30-19:30 Schola Gregoriana Lucensis (A)

19:30-20:30 Solo Voces (B)

Domingo 28

Xuntanza de todas as corais participantes no Círculo das Artes.


ITINERARIOS

A – Porta Nova – Bolaño Rivadeneira – San Marcos – Pr. Santo Domingo – Raíña – Pr. Soidade

B – Campo Castelo – Pr. Maior – Conde Pallares – Pr. Do Campo – Pr. Soidade

18/11/10

Centenario de Miguel Hernández e Ricardo Carvalho Calero

Mañá venres 19 de novembro inaugúrase a exposición que a biblioteca do IES Xoán Montes dedica á celebración do centenario de Ricardo Carvalho Calero e Miguel Hernández Giner, nados o 30 de outubro de 1910.
A exposición consta de 24 paneis realizados polo alumnado de 4º de ESO do instituto, os seus profesores Xosé Manuel González Pérez e Aurora San Emeterio Jaramillo e o equipo da biblioteca.
Ademais destes paneis nos que se analiza a vida e a obra dos escritores, a exposición complétase con exemplares de obras dos autores así como fotografías e artículos persoais cedidos especialmente para a ocasión polos profesores mencionados e por dona Margarita Carballo Ramos, profesora deste instituto e filla de Ricardo Carvalho Calero, a quen queremos manifestar especialmente a nosa gratitude.

GALICIA E AS CIENCIAS DO MAR

(Escrito polos alumnos de 4º de ESO, PDC)
O luns  15 de novembro, os alumnos de ESO asistimos na biblioteca do instituto a unha actividade científica do proxecto "Galicia e as ciencias do mar".
Aprendimos que as rías baixas galegas son moi fértiles grazas aos afloramentos. Un afloramento é un punto no que  as correntes de augas frías afloran á superficie traendo gran cantidade de plancto para todas as especies mariñas; por iso as nosas rías son tan ricas en peixe e marisco e as súas augas tan frías.
Cando se xuntan dúas masas de auga diferente, sempre, en todos os océanos, aumenta a produción de plancto, algas e peixe.
Vimos un experimento de como se mesturan as augas quentes e doces dos ríos e as augas frías e salgadas do mar. Na desembocadura dos ríos a auga quente dispérsase sobre a auga fría do mar. A auga doce e quente é menos densa e flota.

16/11/10

"Leonardo da Vinci e a Música" en Lugo

A cidade de Lugo acolle por primeira vez en Galicia a mostra internacional Leonardo da Vinci e a Música, unha exposición na que se recolle a relación do xenio italiano coa música tras un pioneiro e profundo traballo de investigación sobre os seus manuscritos. Da man desta exitosa proposta cultural, o Centro de Artesanía e Deseño celebra o seu décimo quinto aniversario.
A exposición componse de dous manuscritos correspondentes ao período de madurez do artista -finais do século XV e principios do XVI-, que recollen debuxos, bosquexos, notas e unha lista de 116 libros que formaban parte dos fondos da súa biblioteca.

Para chegar ao resultado final do material que agora se exhibe, expertos de todo o mundo tiveron que estudar, previamente, este traballo durante anos. O resultado, é unha exposición que mostra a dimensión creativa de Leonardo e a súa relación coa música dunha forma científica e lúdica, así como vinte instrumentos realizados de acordo cos seus manuscritos.

A exposición situarase na Capela de Santa María e no Centro de Artesanía, de luns a venres de 10.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00, os sábados so pola tarde e os domingos e festivos de 11.00 a 14.00. Poderase visitar ata o 31 de xaneiro.

Concurso "Historias da Lingua"


15/11/10

15 de Novembro, Día Mundial sen alcohol

O 15 de novembro conmemórase o día sen alcohol, declarado de interese sanitario pola Consellería de Sanidade. O impacto social dos problemas relacionados co alcohol esixe unha resposta para a prevención e a axuda aos máis afectados por estes problemas. O Día Mundial sen alcohol supón un estímulo para a reflexión, desde todas as instancias, sobre o alcohol e as súas consecuencias.
A celebración deste día tenta seguir tres liñas básicas de actuación:
-Acadar unha menor presenza de publicidade de alcohol na vía pública.
-Conseguir que haxa unha menor disponibilidade de alcohol para os menores de idade.
-Impulsar un cambio na percepción social sobre o consumo abusivo de alcohol, tan aceptado nestes momentos.
Este compromiso, no que todos debemos participar, pretende acadar a redución das consecuencias negativas do abuso do alcohol, pois todos podemos ser vítimas delas, directa ou indirectamente.

13/11/10

A CIENCIA NA BIBLIOTECA

O vindeiro luns a nosa biblioteca mostra unha cara pouco habitual nela. Deixa os libros nos andeis e aparta as mesas de estudo para converterse en escenario de experimentos científicos.
O Dr. Octo e a Dra. Medusa achégannos experimentos do proxecto "Galicia e as ciencias do mar" que ven de pór en marcha o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR.
Se queredes ir vendo o laboratorio da Dra. Medusa e participar nos seus experimentos interactivos ir a: http://www.galiciaeascienciasdomar.org/



12/11/10

Recursos on-line co carné da biblioteca

Sabedes as posibilidades que temos grazas ao noso carnet de biblioteca escolar e o programa MEIGA? Se neste blog pinchamos na dereita no apartado de Catálogo da biblioteca aparece unha ventá na que podemos seleccionar, na esquerda, Recursos electrónicos, entón veremos unha xanela como esta:


Podemos pinchar en calquera recurso que nos interese (e_Junior.net, Enciclonet, Ocenet Saber, Dicionario Akal del Antiguo Egipto,  Dicionario Akal de filosofía Hemeroteca dixital,...) e apareceranos un cadro para que cubramos:

Código usuario______ (é o número do carné da biblioteca)

Contrasinal: ________ (o noso primeiro apelido tal e como aparece no carné da biblioteca)

Unha vez cubertos os datos faremos click en Acepta

Desta maneira poderemos ter acceso a páxinas de consulta on-line moi interesantes de xeito gratuito.

11/11/10

Festa do año

[escrito por Sohail Anwar & Said Bouchaib Chafil]

O día 16 ou 17 de novembro os musulmáns celebramos a Festa do Año ou Festa Grande ( عيد الكبير/عيد لآدحا). Nesta festa sacrifícanse años para conmemorar o sacrificio de Isaac a mans de Abraham.
É a festa máis grande para todos os musulmáns, non importa a súa nacionalidade. Todo o mundo vai á mesquita para orar.  Decimos que Alá é o máis grande e que se sacrifican años. Despois da oración, a famila reúnese na casa e sacrifícase o año. De todos modos, para unha familia grande, un año non é suficiente, moitos sacrifican tamén vacas.

5/11/10

Participación nas actividades en prol do Cooperativismo

Este ano volvemos participar nas actividades organizadas polo Concello. O alumnado de 3º e 4º de  ESO da materia Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras acudiu ás Xornadas de Cooperativismo no CEI- nodus o 19 de outubro, o de 2º de bacharelato de Economía da Empresa disfrutou o día 22 dunha visita didáctica moi interesante a Coren (a fábrica de pensos de Outeiro de Rei) e @s alumn@s de Economía de 1º de bacharelato coñeceron o día 26 o Centro de Divulgación do Queixo e o Mel de Arzúa e a cooperativa Erica mel.
Por último, esta mesma semana houbo unha pequena degustación de produtos das cooperativas.
Quedamos satisfeitos da experiencia e agradecemos a todas as persoas que nos atenderon a súa amabilidade. Sabedes que algúns foron alumnos do centro? A eles especialmente van as nosas grazas.


 

31/10/10

Halloween ou Samhaín?

Que é o Samhaín?
A antiga festividade céltica do Samhaín foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro e o 1 de novembro,  terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis alá, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.
A festa do Samhaín, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano.
Polo Samhaín era costume baleirar nabos de gran tamaño, posteriormente cabazas, para poñerlles dentro velas. Varios séculos despois esta tradición, que se mantén aínda nalgúns lugares de Galiza, como é o caso de Cedeira,  ten continuidade nas festas de Halloween, unha adaptación do Samhaín á cultura estadounidense e que é semellante ao entroido. A celebración foi levada aos Estados Unidos de América polos irlandeses no século XIX e comezos do século XX.



E o Halloween, que é o Halloween?
Halloween ou noite de bruxas é unha festa que se celebra principalmente en Estados Unidos na noite do 31 de outubro. Ten as súas orixes na festividade celta do Samhaín e da festividade cristiá do Día de Tódolos Santos. Celébrase nos paises anglosaxóns, principalmente en Canadá, Estados Unidos, Irlanda e Reino Unido. A forza expansiva da cultura de EE.UU fixo que Halloween se popularizara tamén entre outros paises occidentais.
Este día asóciase a miúdo coas cores laranxa e negro e atópase fortemente ligado a símbolos como a  Jack-o'-lantern. As actividades típicas de Halloween son o famoso "truco ou trato", as festas de disfraces, as fogueiras, a visita a casas enfeitizadas, as bromas, a lectura de historias de medo e o visionado de películas de terror.

30/10/10

E no cotián... a poesía: Miguel Hernández (1910-1942)

No día do centenario do nacemento de Miguel Hernández queremos deixar un breve poema do seu libro Perito en lunas (1933), pequena mostra do seu labor poético:


Copla

La cantidad de mundos
que con los ojos abres,
que cierras con los brazos.
La cantidad de mundos
que con los ojos cierras,
que con los brazos abres.

E no cotián... a poesía: Ricardo Carvalho Calero (1910-1990)

Celebramos hoxe o centenario do nacemento de Ricardo Carvalho Calero. Quizá máis coñecido polo seu labor de profesor e ensaísta, a súa obra poética é tamén extensa, contando case unha decena de libros de poesía en galego e dous en castelán. Escollemos hoxe un poema do seu libro Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985):

Calquer lugar é bom para morrer.
Nom se distingue o home da mulher.
A morte é neutra —das Tod— em alemám.
Género e sexo nom sempre vam da mam.
Pois umha cousa é a anatomia
e outra a gramática —falaz dicotomia.
Nom vejo a morte feminista ser.
Calquer lugar é bom para morrer.

Donas do tempo passado ou do actual,
a morte a todas trata-vos igual
que aos cavaleiros. Violenta, a história o di.
Muitas mulheres morrerom assi.
Em Rouen foi Joana d'Arco queimada;
Antoinette em Paris guilhotinada;
Em Chappaquiddick, Jo foi perecer.
Calquer lugar é bom para morrer.

Eis umha flor para o lume e o mar,
a praça, o paço ou calquer lugar
onde a mulher tenha o seu passamento.
Erga-se a rosa sobre o moimento.
Nesta matéria nom é discriminada.
Inês ferida, Mariana agarrotada,
Mary Jo sulagada, Jeanne a arder.
Calquer lugar é bom para morrer.

Centenario de Miguel Hernández e Ricardo Carvalho Calero



Proximamente terá lugar unha exposición adicada aos dous escritores dos que conmemoramos hoxe o centenario do seu nacemento.

26/10/10

Concurso esdelibro.es

Se es orixinal es de libro é un concurso de traballos orixinais de investigación, desenvolvidos por estudantes, sobre un tema do seu interese: música, ciencia, literatura, arte, natureza, historia, cine, deportes, filosofía e pensamento, tecnoloxías, matemáticas... Os traballos poderanse presentar a concurso en todas as linguas oficiais de España. Está dirixido a estudantes e docentes de ESO, bacharelato e ciclos formativos de Grao Medio de todas as comunidades autónomas. Deben ser realizados en grupo (un mínimo de dous e un máximo de catro estudantes) e sempre deberán ser coordinados por un profesor.
Haberá premios para estudantes, docentes e centros educativos, establécense para estudantes nove premios: tres para os mellores traballos de primeiro ciclo de ESO, tres para os mellores traballos de segundo ciclo de ESO e tres para os mellores traballos de bacharelato e ciclos formativos de Grao Medio.
Prazo de inscrición: 15 de setembro do 2010 a 1 de febreiro do 2011.
Prazo de envío de traballos: 30 de marzo do 2011.
Decisión do xurado: maio do 2011.
Se logras que a túa creación sexa orixinal e respecte todas as normas de propiedade intelectual (Pensa en ©!), poderás gañar un premio, incluso so por presentalo.
Mira as bases e concursa! (pincha na imaxe)