28/12/09

5ª Edición do Implícate


É unha boa forma de comezar o ano, máis información en http://implicadas.blogspot.com/

22/12/09

Parabéns á nosa compañeira Ilda!



Non queremos deixar que remate o ano sen felicitar a unha profesora do instituto que participou nun Certame convocado pola Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, é o Certame Galego de Creadores Novos, Gzcrea 2009, na especialidade de relato breve. O 15 de decembro tivo lugar no Salón Teatro de Santiago a entrega de premios e Ilda Luaces Torre obtivo o 3º premio pola obra “Boca de pedra que lambes o mar”


E que estupenda ocasión a das vacacións de nadal para ler este relato, e se cadra tamén os outros premiados, pinchade AQUÍ para poder descargalos.

21/12/09

E no cotián... a poesía: Gioconda Belli


De Nicaragua chéganos a voz de Gioconda Belli. Perfecta candidata á nosa sección, pois toda a súa poesía nos fala do cotián, da vida diaria, do amor e da guerra, das relacións e do interior. Pero ademáis inserta a poesía na poesía, como no fragmento do poema que ofrecemos a continuación e que nos dá pé para tratar, quizá a semana que vén, a poesía de T.S. Eliot, poeta norteamericano que recibiu o premio Nobel de literatura o mesmo ano que naceu a autora que nos ocupa.

NIEVE Y FUEGO CON T.S. ELIOT

No sé cuántos años hace
que te leí a medianoche
a través de un walkie-talkie
los versos de los Cuatro Cuartetos de Eliot.
Estabas afuera
sentado sobre la nieve de la colina.
Mis ojos recorrían la página
deteniéndose en lo que revelaba algo
que vos o yo alguna vez hubiéramos pensado o querido pensar.
Algo que el poeta
pescando con su pluma en las aguas profundas del alma
sacara como un pez de colas y agallas blanquinegras
y blandiera sencillamente, sin aspavientos,
antes de volver a tirarlo a la noche,
al mar en silencio del libro cerrado.
[…]
La poesía continúa enunciando la absoluta verdad:
–El valor de la intención.
La lucha por recuperar lo que se ha perdido
lo que se perderá una y otra vez,
sin que, tal vez, se pierda o se gane.
La voluntad es lo que cuenta.
Lo demás no es asunto nuestro–.


16/12/09

Aínda podes inscribirte na Carreira Solidaria


Como é tradicional celebrarase o domingo anterior ao Nadal, o próximo 20, e arrincará por categorías a partir das 11:00 horas, abrindo a carreira os máis pequenos. A carreira absoluta comezará ás 12:00 horas. Aproveitando o tramo peonil da Ronda da Muralla, a saída instalarase neste punto en sentido a rúa Vilalba ata percorrer os 10 quilómetros que compoñen a carreira para os adultos e os percorridos de 300, 600, 1.000 e 1.500 metros para as categorías dos rapaces e rapazas.
Este ano vai a haber unha cuota de inscrición simbólica para os adultos co que se fará un donativo a UNICEF que destinará ao programa Gotas para Nixeria

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata as 20:00 horas de hoxe, 16 de decembro, e pode formalizarse a través das páxinas web http://www.lugo.es/, http://www.elprogreso.es/, e http://www.championchipnorte.com/ ou ben persoalmente nas oficinas da Concellería de Deportes ou no diario El Progreso.

Busca do Tesouro en Lugo no Nadal



Trátase dunha actividade de ocio alternativo para a mocidade lucense que se celebra dende hai 7 edicións, organizada polo Concello de Lugo, desenvolverase os próximos 28 e 29 de decembro. O obxectivo é que os rapaces e rapazas se divirtan ao tempo que coñecen mellor a cidade e afondan na súa historia.
Nesta edición da Busca do Tesouro haberá dúas categorías de participantes: a Categoría A, que vai dende os 14 ata os 17 anos, e a Categoría B de 18 a 30 anos.
Os participantes estarán divididos en equipos integrados por 3 persoas, que teñen que superar o reto de descifrar diferentes pistas ata descubrir un tesouro agochado nalgún lugar da cidade.
As preguntas ás que deben respostar os equipos, poden ser consultadas nas bibliotecas públicas, empregando tanto libros coma internet. O rastrexo deberá realizarse camiñando, e todas as persoas integrantes do equipo terán que acudir xuntas ás pistas para que se lles facilite a seguinte.
Os gañadores do concurso recibirán os seguintes premios:
- Categoría A: de 14 a 17 anos
Primeiro premio: Ordenador portátil. Segundo premio: Cámara dixital. Terceiro premio: Mp4.
- Categoría B: de 18 a 30 anos
Primeiro premio: Viaxe a Tenerife. Segundo premio: Cámara dixital. Terceiro premio: Mp4.

O prazo de inscrición para participar remata o 18 de decembro ás 19:00 horas.
Para máis información pinchade AQUí

15/12/09

Publicamos o número 1 do noso boletín

Comeza hoxe a andar o boletín de información bibliográfica da biblioteca do IES Xoán Montes. Nel podedes atopar as últimas novidades recibidas, que recomendamos como lectura para estas vacacións. Ademáis podedes aproveitar o tempo para ir resolvendo os enigmas que propoñemos.



8/12/09

Xornadas de redes sociais e blogs en Lugo


A I Xornada de Redes Sociais e Blogs do Concello de Lugo terá lugar o vindeiro venres 11 de decembro no Centro de Empresas e Innovación.

A través de conferencias, unha mesa redonda, un obradoiro práctico e un acto de ocio perséguense fundamentalmente os seguintes obxectivos:

- Dar a coñecer o fenómeno blog e as webs participativas ao conxunto da sociedade.
- Fomentar a súa utilización en empresas, organizacións e institucións.
- Facilitar o primeiro encontro lucense entre autores de blogs coñecidos e redes sociais dando a coñecer esta forma de socialización.
- Reflexionar sobre os modelos de negocio en torno á Web 2.0 e dar a coñecer a capacidade emprendedora que se desenvolve na blogosfera.
Para inscribirte (é gratuito) e obter máis información pincha na imaxe.

4/12/09

Rematando o bicentenario de Poe


O 19 de xaneiro de 1809 nacía en Boston, Estados Unidos, Edgar Allan Poe. Daí que durante todo o presente ano 2009 se viñese celebrando o bicentenario do seu nacemento. Celebrouse asimesmo, o 7 de outubro, o 160 cabodano da súa morte.
É certo que este blog comezou a súa andadura dixital un pouco tarde para o bicentenario, máis non podiamos deixar rematar o ano sen unha mención especial deste influínte autor romántico. Da súa obra beben o simbolismo francés, a novela de detectives ou mesmo a subcultura gótica.
Na nosa biblioteca atopamos varios exemplares das súas obras narrativas máis coñecidas: o escarabello de ouro e o gato negro, tanto en inglés como en traducións ao galego e o castelán. Por outra banda, tamén é doado acceder á sua obra na rede, grazas, entre outros ao proxecto Gutenberg.
Mais para os que teñan menos tempo, e queiran só disfrutar dun bocadiño da obra de Poe, deixamos este poema composto para súa sogra en 1849:

To My Mother


Because I feel that, in the Heavens above,
The angels, whispering to one another,
Can find, among their burning terms of love,
None so devotional as that of "Mother,"
Therefore by that dear name I long have called you—
You who are more than mother unto me,
And fill my heart of hearts, where Death installed you,
In setting my Virginia's spirit free.
My mother—my own mother, who died early,
Was but the mother of myself; but you
Are mother to the one I loved so dearly,
And thus are dearer than the mother I knew
By that infinity with which my wife
Was dearer to my soul than its soul-life.


2/12/09

3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade


A Concelleira de Benestar Social e Igualdade presentou, xunto a representantes das 21 asociacións de persoas con discapacidade que colaboraron na organización, o programa deseñado polo Concello de Lugo para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra hoxe en todo o mundo.

Esta serie de actividades están destinadas a chamar a atención sobre a necesidade de garantir a consecución dos dereitos cidadáns en igualdade superando as barreiras mentais, ademais de concienciar dos obstáculos que atopan as persoas con discapacidade no mercado laboral, e difundir os esforzos destinados a superalas que levan a cabo os gobernos e as asociacións. Nesta ocasión fase especial fincapé na situación de desamparo que poden sufrir as persoas con discapacidade nunha situación económica como a que se está vivindo.
O programa de actividades Diversiarte desenvólvese entre os días 2 e 4 de decembro. Os actos arrincaron hoxe, coa inauguración do Mercadillo Solidario que se instalou no fondo da Praza Maior, que permanecerá aberto tamén os días 3 e 4 de decembro, entre as 11:30 e as 14:00 horas pola mañá, e de 17:00 a 20:30 horas pola tarde. No mercadillo venderanse obxectos que realizan os membros destas asociacións, que representan a colectivos con distintas discapacidades, e que están normalmente á venda. Poderanse comprar postais e todo tipo de obxectos solidarios, que se converten nunha boa opción como agasallos de Nadal. Cada asociación terá ademais o seu propio posto, no que ofrecerá información sobre o seu traballo.

O cartel anunciador destas xornadas foi elaborado por Down Lugo. O autor gañador, elaborou a súa obra co obxectivo de sensibilizar e promover a idea de que na diversidade é posible a igualdade. Os traballos presentados a este concurso de deseño gráfico serán expostos ata o 4 de decembro no Centro de Convivencia Maruja Mallo.

Máis información das actividades na páxina do Concello de Lugo, preme AQUÍ
Información da ONU e da Organización Mudial das Persoas con Discapacidad premendo nos enlaces.
Tras unha charla que houbo recentemente no instituto dunha voluntaria de COGAMI, algúns alumn@s escribiron artigos moi interesantes que poden lerse na páxina web do instituto.

1/12/09

BASES DO CONCURSO MATEMÁTICAS NA MÚSICA

A Biblioteca do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para buscar cancións relacionadas coas Matemáticas de acordo ás seguintes bases:
1- Os participantes deben ser alumnos do IES Xoán Montes no ano escolar 2009/2010.
2- As cancións presentaranse da seguinte forma:
I)A canción grabada en CD, DVD ou indicando o enlace de internet a goear.com, youtube, etc.
II)Letra da canción en versión orixinal e traducida, se é o caso, a galego ou castelán.
III)O material que figura nos dous puntos anteriores introducirase nun sobre grande no que deberá figurar fóra o seudónimo do participante e o curso no que está (non o grupo). Dentro deste sobre grande ademáis introducirase outro sobre máis pequeno cos datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase en secretaría.
3- O prazo de admisión pecharase o 30 de xaneiro de 2010.
4- O xurado estará composto polos profesores: Mª Beatriz López Soto, Mª Teresa Vázquez Cadavide e Manuel Veiga Díaz. O fallo será inapelable e emitirase o 15 de febreiro. O xurado pode declarar o premio deserto.
5- A canción gañadora publicarase no blog da biblioteca e todas as participantes na páxina do Departamento de Matemáticas.

PREMIO: Pendrive de 16 GB

José Emilio Pacheco, premio Cervantes

O premio Cervantes que anualmente convoca o Ministerio de Cultura recaeu este ano en José Emilio Pacheco, escritor mexicano que ao parecer resultou completamente sorprendido de recibir o premio, ata o punto de dicir que se sentía "patidifuso" ante o anuncio.



A pesar da sorpresa do autor, é doado comprender a valía do escritor con ler só unha pequena antoloxía da súa obra. A continuación reproducimos só un poema.

Presencia

¿Qué va a quedar de mí cuando me muera

sino esta llave ilesa de agonía,

estas pocas palabras con que el día,

dejó cenizas de su sombra fiera?


¿Qué va a quedar de mí cuando me hiera

esa daga final? Acaso mía

será la noche fúnebre y vacía

que vuelva a ser de pronto primavera.


No quedará el trabajo, ni la pena

de creer y de amar. El tiempo abierto,

semejante a los mares y al desierto,


ha de borrar de la confusa arena

todo lo que me salva o encadena.

Más si alguien vive yo estaré despierto.



1 de decembro, Día Mundial da Sida


No XXI aniversario do Día Mundial da Sida, cidadáns/as, institucións, organizacións e empresas temos unha oportunidade para prestar especial atención á epidemia do VIH.
En España, estímase que hai entre 120.000 e 150.000 persoas infectadas polo VIH. Moitas delas ven vulnerados os seus dereitos humanos ao ser estigmatizadas e discriminadas pola súa condición de seropositivas. Isto ademais é un gran obstáculo na prevención e o tratamento da infección por VIH. O medo, o rexeitamento e a ignorancia favorecen a súa expansión e fomentan falsas crenzas.
Este ano a campaña contra a sida fai fincapé na necesidade de acabar co estigma e a discriminación relacionados co VIH.
Estigma e Discriminación, a peor epidemia.
Detrás da sida hai moita vida!