7/6/11

Entre hortas e portas

O profesor do noso centro Xosé Manuel González Pérez presentou o venres pasado o seu libro "Entre hortas e portas", no que lembra como era a cidade de Lugo no espazo de tempo que vai desde os anos 60 ata os 80.
O autor lembra o Lugo dos barrios, el vivía no de San Roque, que está como di o título entre as hortas que había nos espazos sen urbanizar e as portas da muralla. No libro aparecen persoeiros e lugares da cidade que dalgunha maneira foron importantes na vida do escritor.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Moita sorte coa su edición=)

Xosé M. González dijo...

Moitas grazas. Sobrará dicir que estou aberto ao diálogo; pero que non quede sen dicir: estou.