Do luns 25 ao venres 29, desenvolveranse os actos de homenaxe a Xoán Montes.
O luns, ás 19:30 no Museo inaugurarase unha pequena exposición dedicada a Xoán Montes. Nela vanse expoñer uns paneis informativos para acceder á información sobre o músico, e unhas vitrinas que conterán obras manuscritas súas, entre elas a Negra sombra. Tamén se exporán moitas outras obras, obxectos e documentos de interese. Despois dunha breve presentación formal pasarase a escoitar o que promete ser un delicioso concerto, a cargo da soprano Carmen Subrido acompañada por Xoán Elías Castiñeira (brillante exalumno deste centro). Van interpretar as Baladas galegas de Xoán Montes, que tan poucas veces soan (Doce sono ou Lonxe da terriña)
Acompañando á exposición haberá todos os días concertos e conferencias de distinto tipo, onde se poderá escoitar moitísima música de Xoán Montes.
Á saída de cada concerto farase un modesto agasallo ao público. O último día repartirase o CD de Dous séculos de música lucense que por fin saíu á luz.
O programa de actos promete, e é unha gran oportunidade de achegarse a este gran músico, en cuxo honor leva o nome o noso instituto.
Xoán Montes... fai que che soe!
No hay comentarios:
Publicar un comentario