O 1 de abril é, desde 1996, o Día Internacional da Diversión no Traballo (Fun at Work Day). Aínda que non ten a categoría doutras conmemoracións e non está respalda por organismos oficiais (parece ser), é igualmente unha ocasión especial para recordar que o traballo non ten por que ser gris, que a seriedade non require solemnidade, e que o humor ofrece importantes beneficios para calquera organización e para o seu equipo humano.
Os sorrisos son moi saudables. Aos monxes da Idade Media estáballes prohibido rir. Con todo, hoxe en día un neno ri 300 veces ao día e ao chegar a adulto rirá soamente 15. É unha pena, porque un minuto de risa equivale a 45 minutos de relaxación, unha gargallada move máis de 400 músculos, rir libera endorfinas (un sedante natural do cerebro que logra efectos similares aos dun analxésico). A risa tamén estimula o bazo, elimina toxinas, lubrica e limpa os ollos, fai vibrar a cabeza, despexa nariz e oídos, axuda a facer a dixestión e reduce os ácidos graxos.
A que esperamos para obter tantos beneficios de balde?

Hai dous artigos moi interesantes que publicou La Voz de Galicia no suplemento de La voz de la escuela sobre a importancia do humor no ámbito persoal, escolar e laboral. Rescateinos hoxe pero valerían para calquera día, na escola tamén é moi importante divertirse, coa risa apréndese moito mellor.
la risa
4 comentarios:
aínda que non sexa un día respaldado por organismos oficiais, é marabilloso que alguén nos lembre a importancia da risa e o humor de cando en vez, grazas polos continuos sorrisos contidos neste blog ;)
É moi fermoso ir ao instituto e ver os vosos sorrisos!
Grazas.
Estupendo celebrar un día así. Eu teño a sorte de que todos os días rio no insti (bueno pode que un día ou dous non rira).
É unha marabilla que lle debo a toda a xente coa que me cruzo polos corredores
Grazas por esta entrada, que descobre como é posible atopar, nos pequenos detalles da vida, motivos para debuxar un sorriso.
Segue a traballar para que a risa sexa unha ferramenta na que se unan a emoción e a conciencia, a memoria e a esperanza...
Publicar un comentario