22/4/11

22 de abril, Día da Terra


Pódese vivir unha longa vida sen aprender nada.

Pódese durar sobre a terra sen agregar nin cambiar unha pincelada de paisaxe. Pódese simplemente non estar morto sen estar tampouco vivo.
Basta con non amar, nunca, a nada, a ninguén.
É a única receita infalible para non
sufrir.
Pero un día descubrín que aínda podía facer algo
para estar completamente viva antes de estar definitivamente morta.
Entón, púxenme en movemento.

----Hoxe celébrase en todo o mundo o Día da Terra. Desde 1970 estableceuse o 22 de abril co obxectivo de crear unha conciencia común fronte aos problemas de contaminación, a conservación da biodiversidade e demais temas relacionados coa protección do medio ambiente.

----Dous anos máis tarde celebrouse a Primeira Conferencia Internacional sobre o Medio Ambiente. Aproveitáronse tamén as celebracións para o lanzamento da película de Disney, 'Océanos', un documental sobre a vida nas profundidades do planeta.



----En tanto, a NASA (a Axencia Espacial Norteamericana) tamén presentou un especial fotográfico, ao cal é posible acceder facendo clic aquí.

----E nós... Que facemos hoxe pola Terra? A quen imos culpar despois? Onde imos ir cando non haxa onde ir?

----Imos, érguete, fai algo máis que ollar, aceptar e resignarte. O tempo de durmir pasou.


1 comentario:

Marta dijo...

"Só despois de que a última árbore sexa talada.
Só despoies de que o último río sexa envelenado.
Só despois de que o último peixe sexa apresado.
Só entón saberás que os cartos non se poden comer."

Gran post Pilar, grazas.
Un bico