7/4/11

E no cotián... a poesía: J. Luís Calvo

Presentamos hoxe a obra dun poeta ben coñecido por nós. Hai pouco visitou o noso centro para compartir unha tarde cos participantes no obradoiro literario organizado pola biblioteca durante o mes de febreiro. José Luís Calvo Vidal entretece vida e poesía, por iso afirma: TI ES A MIÑA ESCRITURA/O MEU POEMA É A TÚA REALIDADE. Estes versos, como o poema que ofrecemos a continuación, forman parte da súa última obra Cantos de docedume, recentemente presentada en Lugo.

(mar das Catedrais)

É o teu corpo tamén este mar.
Brúe e medra e abísmase
coa noite e repousa no día
sobre o frío do abrente.
Latexa en min como latexa o meu sangue

e asolaga ditoso a miña dor.

No hay comentarios: