Todos posuímos un talento, todos temos a capacidade de ser creativos; e a maioría vivimos sen sabelo, convencidos moitas veces de que o creativo é aquel que sabe compor melodías, ou escribir unha poesía. Ken Robinson, experto en desenvolvemento da creatividade, e entrevistado no segundo destes vídeos, correspondente a un dos dous capítulos que o programa Redes dedica á creatividade, nos di "a creatividade apréndese igual que se aprende a ler" e "cando nos apaixona o que facemos e ademais temos a preparación adecuada para facelo ben, estamos no noso elemento, un estado marabilloso no que traballamos sen cansazo e con gran creatividade".
Así que a clave tamén está en querer aprender a ser creativos e saber que nos apaixona, ti xa o sabes?
Así que a clave tamén está en querer aprender a ser creativos e saber que nos apaixona, ti xa o sabes?
1 comentario:
Tes razón. Todas as cousas teñen a capacidade de se acender, estoupar e cambiar a cara da vida. Só é preciso prenderlles lume coa nosa imaxinación.
Publicar un comentario